Moreira moreira Morus Morera Mulberry Mrier Amoreira Morus
Moreira
moreira (Morus. . . ) Morera Mulberry Mûrier Amoreira
Morus é un xénero de árbores caducifolias de entre 10 e 16 especies e numerosos híbridos. Son nativas das rexións cálidas e temperadas de Asia, África e Norteamérica. Medran rapidamente cando son novas, pero logo raramente pasan dos 15 m de altura. Teñen un froito múltiple (mora). CLASE Anxiospesmas ORDE Rosales FAMILIA Moráceas
MOREIRA BRANCA (Morus alba) Árbore de copa ampla e extendida que pode medir ata 15 m de altura, sendo xeralmente máis ancho que alto. Nativa das zonas temperadas de Asia Central e do Leste.
TALO: Toro cilíndrico, curto, frecuentemente retorcido e inclinado coas ponlas grandes e nudosas. A tona é de cor castaña-gris ou castañalaranxa, con fendas febrosas, moi áspera e con moitos nós.
FOLLAS: Simples, grandes (7 a 18 cm de lonxitude), co limbo de formas variadas de cor verde crara: que van dende a acorazonada ata a lobulada, e a beira dentada irregularmente. O peciolo é cilíndrico acanalado pola parte de arriba e de aprox. 2 cm de lonxitude.
FLORES MASCULINAS: amentos (3 cm, de lonxitude) de cor verde clara formados por grupos de estames. Nacen no extremo das ponlas do ano. FEMININAS: espigas globosas formadas por grupos de pistilos dos que sobresaen os estigmas plumosos de cor branca. Nacen no centro das ponlas do ano.
FROITOS Secos (aquenios), diminutos e envoltos nunha estrutura carnosa de varias pezas que se forma a partir das cubertas das flores femininas, que se desenvolven igualmente coa flor sen fecundar. As moras son unha agrupación de forma globosa (sorose) das envoltas das flores femininas que ao maduraren collen cor branca-crema, vermella, violeta ou negra. Teñen un pedúnculo que pode ser da mesma lonxitude que a mora.
CICLO ANUAL: moreira branca Folla Flor Froito xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembr o outubro novemb ro decemb ro
USOS Follas para alimentar as eirugas da seda. Adorno.
Moreira da variedade péndula
MOREIRA NEGRA (Morus nigra) Árbore robusta, co toro curto e a copa ampla, coas ponlas longas e extendidas. Pode acadar os 15 m de altura. Nativa do sudoeste de Asia.
FOLLAS: Caducas, simples, alternas, cun rabo curto e o limbo de forma acorazonada, coa beira dentada e rugosas por ambas caras. Mide de 6 ata 20 cm de lonxitude.
FLORES: As flores masculinas aparecen en amentos pedunculados e as femininas en amentos sen pedúnculo. JJ Harrison (jjharrison 89@facebook. com)
FROITOS Secos (aquenios), diminutos e envoltos nunha estrutura carnosa de varias pezas que se forma a partir das cubertas das flores femininas, que se desenvolven igualmente coa flor sen fecundar. As moras son unha agrupación de forma globosa (sorose) das envoltas das flores femininas que ao maduraren collen cor violeta ou negra.
USOS: Cultívase como especie ornamental e para aproveitar os froitos (alimento, xaropes, confituras) e as follas (como alimento para as eirugas da seda). A madeira emprégase en carretería, tonelería, ebanistería e mangos de ferramentas. Ten aplicacións medicinais: o xarope de moras para as inflamacións da gorxa e a boca; a tona da raíz como laxante e para compater os vermes intestinais.
Moreira negra de Cangas de Foz (Foz)- Mide arredor de 4 m de perímetro. Está incluída no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
Moreira negra de Abajas (Llano de Bureba, Burgos). Foi plantado en 1845.
“Moral de Safont" no parque municipal de Safont, na ribeira do Teixo en Toledo.
MONTAXE: Adela Leiro IMAXES: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet Xullo 2015
- Slides: 22