mimosa chorn Acacia dealbata mimosa silver wattle mimosa
mimosa chorín (Acacia dealbata) mimosa silver wattle mimosa des fleuristes mimosa
CLASE Anxiospermas ORDE Fabales FAMILIA Leguminosas
Árbore de copa esférica que pode acadar 20 m de altura. É orixinaria de Australia e foi introducida como especie ornamental chegando a converterse nunha praga xa que se propaga con moita facilidade.
TALO: Toro recto e a tona de cor gris-púrpura, escura nos exemplares adultos.
FOLLAS Persistentes, alternas, compostas, doblemente pinnadas de ata 12 cm de lonxitude, cos foliolos de forma lanceolada e moi finos (3 -4 mm de lonxitude), de cor verde-azulada e lixeiramente veludos.
FLORES Espidas e agrupadas en acios de cabezas esféricas de 1 a 2 cm de diámetro, de cor amarela intensa. Despiden un arume característico. Florece en xaneiro-febreiro.
FROITOS Legumes aplastadas, de 5 a 7 cm de lonxitude agrupados en acios. Ao secar abren e lanzan as sementes.
CICLO ANUAL-MIMOSA Folla Flor Froito xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembr o outubro novemb ro decemb ro
Santa Mariña (Tortoreos, As Neves, Pontevedra) -2, 5 m de perímetro.
Praia de Portomaior (As Neves, Pontevedra)
Vilamarín (Ourense)
A mimosa atópase silvestre por moitas zonas de Galicia, en especial no litoral e Ourense. Foi introducida como especie ornamental e nalgunhas zonas constitúe unha praga xa que se propaga facilmente por sementes e por brotes da propia raíz. Mimosas no Canón do Sil. A mimosas supoñen unha praga nos espazos naturais galegos.
USOS Ornamental. A madeira empregase en carpintería.
ACACIA NEGRA, MIMOSA (Acacia mearnsii) Semellante á mimosa, coas flores máis claras, e unhas gándulas no eixo principal das follas. Florece máis tarde e compórtase como especie invasora.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Xullo 2015
- Slides: 15