metrosidero Metrosidero rbore do lume pohutukawa Metrosideros excelsa
metrosidero
Metrosidero árbore do lume pohutukawa Metrosideros excelsa pohutukawa arbre de Noël de Nouvelle-Zélande árvore de fogo CLASE magnoliópsidas ORDE mirtales FAMILIA mirtácea
Árbore perennifolia, unha das doce especies de metrosideros endémicas de Nova Zelandia, coñecido como pohutukawa na súa lingua. Pode acadar uns 25 m de altura e ten unha copa ampla.
TALO Toro dereito coa tona de cor gris ou castaña avermellada. É frecuente que emita raíces aéreas mestas e febrosas.
FOLLAS Simples, de forma elíptica a oblonga de 5 -10 cm de lonxitude, enteiras, co peciolo curto. Son grosas, de cor verde polo dereito e claras e con peliños polo envés.
FLORES Agrupadas en acios terminais. Teñen cinco pétalos pequenos e numerosos estames duns 2, 5 cm de lonxitude. Son dunha chamativa cor vermella.
FROITOS Cápsulas coirentas con pequenas sementes alongadas.
USOS Especie ornamental moi valorada polas súas vistosas flores. A tona e o néctar das flores teñen aplicacións medicinais.
Patio da Policía Municipal (A Coruña) -20, 4 m de altura, 6, 38 m de perímetro na base. INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
Torre de Andrade. Pontedeume. -25 m de altura, 5, 45 m de perímetro. INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
Un pohutukawa senlleiro en Te Araroa (Nova Celandia) -20 m de altura e 38 m de diámetro de copa.
Árbore rata do norte Metrosideros robusta Nativa dos bosques de Nova Celandia. Funciona como unha especie hemihepífita que se desenvolve sobre o toro doutra árbore acadando un gran tamaño, ou como unha árbore independiente de toro curto. As follas son veludas e de cor verde escura, de 2, 5 a 5 cm de lonxitude.
Pazo de Besada (Poio) -2, 02 m de perímetro. INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
Bushy Park Reserve (Nova Celandia)
MONTAXE: Adela Leiro IMAXES: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet Agosto 2015
- Slides: 17