MAGMATISMO E METAMORFISMO A maiora das rochas que

  • Slides: 16
Download presentation
MAGMATISMO E METAMORFISMO

MAGMATISMO E METAMORFISMO

 • A maioría das rochas que atopamos na parte máis superficial da codia

• A maioría das rochas que atopamos na parte máis superficial da codia terrestre se orixinaron en ambientes magmático e metamórfico, e se formaron en zonas máis profundas • No ambiente magmático: as altas presións e Tª xeran fundidos de materiais denominados magmas que evolucionan a medida que chegan á superficie. Alí prodúcese arrefriamento e cristalización forman as rochas magmáticas • No ambiente metamórfico: as rochas de calquera tipo vense sometidas a presións e Tª máis moderadas pero durante longos períodos altera a súa estrutura e composición e orixina rochas metamórficas.

OS PROCESOS MAGMÁTICOS: Son os responsables da formación, evolución e consolidación dos magmas •

OS PROCESOS MAGMÁTICOS: Son os responsables da formación, evolución e consolidación dos magmas • Formación dos magmas: un magma é un fluído composto por minerais fundidos (principalmente silicatos) con algúns cristais e fragmentos de rocha aínda sólidos e cunha cantidade variable de gases disoltos. Fórmanse cando as rochas experimentan un de Tª, un da Presión ou un contacto con fluidos que fan que se acade o punto de fusión. • Evolución dos magmas: antes da súa consolidación definitiva, a maioría dos magmas alóxanse nunha cámara magmática, onde experimentan unha evolución que pode alterar a súa composición. • Consolidación dos magmas: unha vez formados nas rexións profundas da litosfera, o magma comeza a ascender cara á superficie, debido a que é menos denso que as rochas que o rodean. Os magmas poden: • Situarse baixo a superficie e arrefriar lentamente (actividade magmática plutónica) • Saír á superficie por medio de volcáns e arrefriar rápidamente (actividade volcánica)

AS ROCHAS MAGMÁTICAS As rochas magmáticas ou ígneas son as que se forman pola

AS ROCHAS MAGMÁTICAS As rochas magmáticas ou ígneas son as que se forman pola consolidación dun magma. Segundo o tipo de proceso que as formou, clasifícanse en: • Rochas plutónicas ou intrusivas: orixínanse cando o magma solidifica moi lentamente no interior da codia terrestre. Os minerais tamén cristalizan moi lentamente cristais ben formados e de tamaño máis ou menos uniforme. • Rochas volcánicas ou efusivas: orixínanse cando o magma se consolida na superficie terrestre. O magma solidifícase máis rápidamente que no caso anterior os cristais teñen pouco tempo para formarse, polo que son moi pequenos ou inexistentes.

CLASIFICACIÓN DAS ROCHAS MAGMÁTICAS: Plutónicas ou intrusivas • Granito: cor gris clara ou rosada.

CLASIFICACIÓN DAS ROCHAS MAGMÁTICAS: Plutónicas ou intrusivas • Granito: cor gris clara ou rosada. Formado por cuarzo, feldespato, mica e anfibois. • Diorita: cor escura e agrisada. Formada por plaxioclasas (grupo de feldespatos), anfíbois e piroxenos (grupo de silicatos) • Gabro: Cor escura. Formado por plaxioclasas e piroxenos • Peridotita: Cor moi escura. Formada por piroxenos, olivina e anfíbois Volcánicas ou efusivas • Riolita: composición similar á dos granitos pero ten unha textura porfírica (cristais grandes rodeados de cristais diminutos). Cor rosa ou gris. • Basalto: Composición equivalente á do gabro pero con cristais moito máis pequenos. cor escura e agrisada. • Andesita: Cor escura. Composición parecia á das dioritas, pero con textura porfírica.

Clasificación das rochas magmáticas: Granito Diorita Gabro Peridotita Plutónicas ou intrusivas Riolita Volcánicas ou

Clasificación das rochas magmáticas: Granito Diorita Gabro Peridotita Plutónicas ou intrusivas Riolita Volcánicas ou efusivas Andesita Basalto

OS PROCESOS DO METAMORFISMO: Nas zonas da litosfera nas que existe ambiente metamórfico, as

OS PROCESOS DO METAMORFISMO: Nas zonas da litosfera nas que existe ambiente metamórfico, as rochas de calquera tipo experimentan un conxunto de procesos denominado metamorfismo que as desestabiliza, cambia a súa composición, a súa textura e a súa estrutura, e transfórmaas en rochas diferentes (rochas metamórficas) Factores do metamorfismo: • O aumento da Tª: un aumento térmico pode romper os enlaces das redes cristalinas que forman os minerais se favorecen novas reaccións químicas e xeran estruturas cristalinas diferentes. • O aumento da Presión: un aumento da presión pode cambiar as estruturas cristalinas dos minerais dunha rocha por outras máis compactas (de novos minerais). Tamén pode provocar unha reorientación dos cristais. • A presenza de fluidos: en moitas rochas sometidas a Presión prodúcese circulación de auga polos espazos intergranulares Esta auga leva ións en disolución que poden reaccionar e cambiar a composición da rocha.

AS ROCHAS METAMÓRFICAS As rochas metamórficas poden clasificarse atendendo a varios criterios (tipo de

AS ROCHAS METAMÓRFICAS As rochas metamórficas poden clasificarse atendendo a varios criterios (tipo de metamorfismo, rocha da que proceden, textura e estrutura, etc. ). Segundo a súa estrutura, clasifícanse en: • Foliadas: formáronse en procesos de metamorfismo cuxo factor dominante é a P. Segundo a P que soportan presentan diferentes graos de foliación. Tipos: Lousas (pizarras), Filitas, Xistos, Gneises • Non foliadas: orixínanse en procesos de metamorfismo de contacto. Por iso os seus minerais teñen cristais grandes, regulares e sen orientacións. Tipos: Cuarcitas, Mármores, Corneanas, Anfibolitas

CLASIFICACIÓN DAS ROCHAS METAMÓRFICAS: Foliadas Non foliadas • Lousas (pizarras): teñen unha foliación en

CLASIFICACIÓN DAS ROCHAS METAMÓRFICAS: Foliadas Non foliadas • Lousas (pizarras): teñen unha foliación en láminas planas. Gran moi fino que non se aprecia a simple vista. • Filitas: teñen unha foliación en láminas planas. Gran fino pero maior que o anterior (obsérvase a simple vista). Presentan maior brillo. • Xistos: gran groso que permite recoñecer os minerais que a forman (cuarzo, feldespatos e mica) • Gneises: Cristais moi grandes distribuidos en bandas claras e escuras • Cuarcitas: formadas por cristais de cuarzo de tamaño grande ou medio. Son rochas moi duras, resistentes á erosión e moi abundantes na natureza. • Mármores: constituídos por cristais de calcita de tamaño grande ou medio. Orixínanse por metamorfismo rexional ou de contacto. Poden presentar diversas cores. • Corneanas: formadas por cristais de gran fino. Fórmanse por metamorfismo de contacto. • Anfibolita: cristais de gran groso. Formanse por metamorfismo de rochas volcánicas (basaltos)

Clasificación das rochas metamórficas: Lousa (pizarra) Filita Xisto Mármore Corneana Gneis Foliadas Cuarcita Non

Clasificación das rochas metamórficas: Lousa (pizarra) Filita Xisto Mármore Corneana Gneis Foliadas Cuarcita Non foliadas Anfibolita

EXEMPLOS…

EXEMPLOS…

Rochas magmáticas plutónicas: Granitos

Rochas magmáticas plutónicas: Granitos

Rochas magmáticas plutónicas: O Seixo Branco - Mera Rochas filonianas (rochas magmáticas plutónicas que

Rochas magmáticas plutónicas: O Seixo Branco - Mera Rochas filonianas (rochas magmáticas plutónicas que se orixinan cando o magma se abre paso hacia a superficie a través de filones)

Rochas magmáticas volcánicas en Lanzarote

Rochas magmáticas volcánicas en Lanzarote

Rochas magmáticas volcánicas en Lanzarote

Rochas magmáticas volcánicas en Lanzarote

Volcán

Volcán