LINGUA GALEGA CEIP DE QUIROGA LINGUA GALEGA A

  • Slides: 19
Download presentation
LINGUA GALEGA CEIP DE QUIROGA

LINGUA GALEGA CEIP DE QUIROGA

LINGUA GALEGA • • A sílaba tónica. O acento gráfico. As palabras agudas. As

LINGUA GALEGA • • A sílaba tónica. O acento gráfico. As palabras agudas. As palabras graves. As palabras esdrúxulas. Os ditongos. As maiúsculas. Regras ortográficas.

A SÍLABA TÓNICA • A sílaba que pronunciamos con máis intensidade chámase sílaba tónica.

A SÍLABA TÓNICA • A sílaba que pronunciamos con máis intensidade chámase sílaba tónica. As restantes son sílabas átonas: chícharo, legume, macarróns. ÍNDICE

O ACENTO GRÁFICO • O acento é a maior intensidade coa que pronunciamos a

O ACENTO GRÁFICO • O acento é a maior intensidade coa que pronunciamos a sílaba tónica nunha palabra. Nalgunhas palabras, esa intensidade márcase cun signo que se coloca sobre a vogal (´) e se chama acento gráfico: débil, fotógrafo, temón. ÍNDICE

AS PALABRAS AGUDAS • Son agudas as palabras cuxa sílaba tónica é a última.

AS PALABRAS AGUDAS • Son agudas as palabras cuxa sílaba tónica é a última. Levan acento gráfico as palabras agudas que rematan: - En vogal: sofá, bebé. - En -n: camión, tamén. - En -s: compás, avós. - En -ns: maletíns, avións. ÍNDICE

AS PALABRAS GRAVES • Son graves as palabras cuxa sílaba tónica é a penúltima.

AS PALABRAS GRAVES • Son graves as palabras cuxa sílaba tónica é a penúltima. Levan acento gráfico as palabras graves que rematan: - en consoante distinta de –n ou –s: fácil, cómic, réptil, cráter. ÍNDICE

AS PALABRAS ESDRÚXULAS • Son esdrúxulas as palabras cuxa sílaba tónica é a antepenúltima.

AS PALABRAS ESDRÚXULAS • Son esdrúxulas as palabras cuxa sílaba tónica é a antepenúltima. Levan acento gráfico todas as palabras esdrúxulas: brúxula, helicóptero, xílgaro. ÍNDICE

OS DITONGOS • Un ditongo está formado por dúas vogais que se pronuncian xuntas

OS DITONGOS • Un ditongo está formado por dúas vogais que se pronuncian xuntas na mesma sílaba. Unha delas debe ser sempre i ou u: reino, aire, cousas, fuxiu. ÍNDICE

AS MAIÚSCULAS • • Ao comezo dun escrito: Era unha vez… Nos nomes propios

AS MAIÚSCULAS • • Ao comezo dun escrito: Era unha vez… Nos nomes propios de persoa e animais: Luis. Nos nomes de lugar (vilas, países, ríos…): Sil. Nos nomes de rúas e prazas: Rúa Real. Nos nomes de institucións, comercios… Nos títulos de libros e películas Nos títulos dos xornais e revistas (en todas as palabras): O Val. ÍNDICE

REGRAS ORTOGRÁFICAS • • Palabras con b. Palabras con v. Palabras rematadas en –axe.

REGRAS ORTOGRÁFICAS • • Palabras con b. Palabras con v. Palabras rematadas en –axe. Palabras rematadas en –ite e –se. Verbos rematados en –ber e en –ver. Verbos rematados en –bir e en –vir. Verbos rematados en –aba. O seseo e a gheada. ÍNDICE

Palabras con b • Escríbese b nas palabras que comezan por bu-, bur- ou

Palabras con b • Escríbese b nas palabras que comezan por bu-, bur- ou bus-: buxaina, busto, burlarse. • Escríbese b diante doutra consoante, excepto en acivro: bravo, bloque, observar. • Escríbense con b as palabras rematadas en -bilidade: amabilidade. REGRAS ORTOGRÁFICAS ÍNDICE

Palabras con v • Escríbense con v os adxectivos rematados en -avo/-ava/-ave, -evo/-eva/-eve, -ivo/-iva,

Palabras con v • Escríbense con v os adxectivos rematados en -avo/-ava/-ave, -evo/-eva/-eve, -ivo/-iva, -ovo/-ova: escravo, leve, nova. • Escríbense con v as palabras rematadas en – ívoro/-ívora, excepto víbora: carnívoro. • Escríbense con v a maioría das palabras que comezan por pri-: primavera, privilexio. REGRAS ORTOGRÁFICAS ÍNDICE

Palabras rematadas en -axe • As palabras rematadas en –axe son de xénero feminino,

Palabras rematadas en -axe • As palabras rematadas en –axe son de xénero feminino, excepto paxe, traxe e garaxe, que son de xénero masculino. -OLLO!!: o personaxe / a personaxe. O personaxe foi ao garaxe polo traxe do paxe. (Frase para recordar as palabras rematadas en –axe de xénero masculino) Son de xénero feminino, por exemplo: a viaxe, a equipaxe, a paisaxe. REGRAS ORTOGRÁFICAS ÍNDICE

Palabras rematadas en –ite e -se • As palabras rematadas en –ite e –se

Palabras rematadas en –ite e -se • As palabras rematadas en –ite e –se son de orixe grega e teñen xénero feminino: a apendicite, a análise, a dose… REGRAS ORTOGRÁFICAS ÍNDICE

Verbos rematados en –ber e en –ver • Escríbense con b o verbos haber,

Verbos rematados en –ber e en –ver • Escríbense con b o verbos haber, caber, beber, deber e saber. • Escríbense con v os verbos ver, volver, mover e ferver e todas as palabras das súas familias. REGRAS ORTOGRÁFICAS ÍNDICE

Verbos rematados en –bir e en -vir • Escríbense con b case todos os

Verbos rematados en –bir e en -vir • Escríbense con b case todos os verbos rematados en –bir: concibir, recibir, escribir… e todas as palabras das súas familias. • Escríbense con v os verbos vir, servir e vivir, e todas as palabras das súas familias: vivenda, servizo, previr. REGRAS ORTOGRÁFICAS ÍNDICE

Verbos rematados en -aba • As terminacións –aba, -abas, -abamos, -abades e –aban do

Verbos rematados en -aba • As terminacións –aba, -abas, -abamos, -abades e –aban do pretérito imperfecto dos verbos da primeira conxugación escríbense con b: xogaba, xogabas, xogabamos, xogabades, xogaban. REGRAS ORTOGRÁFICAS ÍNDICE

O seseo e a gheada • O seseo consiste en substituír os sons (ce),

O seseo e a gheada • O seseo consiste en substituír os sons (ce), (ci) ou (z) por (se), (si) ou (s) respectivamente: seo (por ceo), corasón (por corazón). • A gheada consiste en substituír o son g (ga, go, gue, gui) por gh: ghaita (por gaita), ghrande (por grande). REGRAS ORTOGRÁFICAS ÍNDICE

ISTO FOI TODO … AMIGUIÑOS ESPERO QUE APRENDERADES MOITO FIN VICENTE RODRÍGUEZ DÍAZ MESTRE

ISTO FOI TODO … AMIGUIÑOS ESPERO QUE APRENDERADES MOITO FIN VICENTE RODRÍGUEZ DÍAZ MESTRE DO CEIP DE QUIROGA