Licenciatura en Psicopedagoxa Antropoloxa das Idades Docente Dr

  • Slides: 20
Download presentation
Licenciatura en Psicopedagoxía Antropoloxía das Idades Docente: Dr. Santiago Prado Conde

Licenciatura en Psicopedagoxía Antropoloxía das Idades Docente: Dr. Santiago Prado Conde

QUE É A ANTROPOLOXÍA? Podemos afirmar que a antropoloxía é hoxe: O estudo dos

QUE É A ANTROPOLOXÍA? Podemos afirmar que a antropoloxía é hoxe: O estudo dos seres humanos em tanto que seres biolóxicos, sociais e culturais. Unha forma de mirar a diversidade, unha actitude ética de sensibilidade e empatía cara os outros. Unha profesión na cal se aplican coñecementos, métodos, técnicas, sensibilidades e miradas para comprender mellor e lidar co mundo. Na profesión de antropólogo/a un dos seus exercicios fundamentais é a tradución intercultural e entre sistemas sociais.

QUE É A ANTROPOLOXÍA? En primeiro lugar, a antropoloxía é unha ciencia indutiva que

QUE É A ANTROPOLOXÍA? En primeiro lugar, a antropoloxía é unha ciencia indutiva que formula conclusións e abstraccións sobre a natureza humana, tendo como base un coñecemento derivado da observación sistemática da diversidade cultural humana. Este coñecemento serve, así, para a construción de teorías que interpretan os fenómenos socioculturais. Estes coñecementos, da mesma forma que os métodos e as teorías da antropoloxía, serven para ser aplicados na melloría das condicións de vida das poboacións estudadas.

QUE É A ANTROPOLOXÍA? En segundo lugar, a antropoloxía actual é unha forma de

QUE É A ANTROPOLOXÍA? En segundo lugar, a antropoloxía actual é unha forma de mirar/perspectivar o “outro”, estudar as distintas racionalidades (Gondar e outros, 1980) e respectar a diversidade sociocultural. Esa forma de mirar/perspectivar implica pensar a convivencia intercultural e loitar contra a exclusión, a desigualdade e a discriminación social. A antropoloxía desenmascara e deconstrúe a realidade para ollar desde o outro lado do espello. A antropoloxía é falar dos outros a outros despois de percorrer a distancia que nos separa deles, enténdelos, coñécelos, compréndelos, pórse no seu lugar e respéctalo. A antropoloxía é unha forma de coñecernos a nós mesmos a través dos outros (Bestard e Contreras, 1987: 5).

QUE É A ANTROPOLOXÍA? En terceiro lugar o antropólogo é un profesional “. .

QUE É A ANTROPOLOXÍA? En terceiro lugar o antropólogo é un profesional “. . . que estuda as culturas diversas poboacións en todas as súas manifestacións (tecnoloxía, sistemas de valores e crenzas, organización social) e as estruturas e modelos culturais en xeral, cun método interdisciplinar. . . ” (De la Fuente, 1998).

TIPO DE DEFINICIÓNS § § Estuda os seres humanos en xeral, e estabelece leis

TIPO DE DEFINICIÓNS § § Estuda os seres humanos en xeral, e estabelece leis válidas para o conxunto da humanidade. Estuda os produtos e as accións dos seres humanos: comportamento social, costumes, cultura, rituais, parentesco, vida cotiá, cultura material, tecnoloxía, etc. Estuda grupos humanos ou culturas de todas as épocas e partes do mundo. Estuda algúns tipos de sociedades: “primitivas”, pre-industriais, “simples”, “complexas”, “tradicionais”, industriais, pos-industriais, non occidentais, occidentais. . .

ANTROPOLOXÍA: DISCIPLINA QUE: Estuda a cultura inserida nun contexto social. Estuda a conduta humana

ANTROPOLOXÍA: DISCIPLINA QUE: Estuda a cultura inserida nun contexto social. Estuda a conduta humana e o seu pensamento, no seu contexto social e cultural. Estuda as semellanzas e as diferenzas entre as culturas: o que nos fai iguais e o que nos fai distintos, relativamente “ao(s) outro(s)”. Estuda as formas de pensar, entender e lidar cos múltiples “outros”.

QUE É O QUE FAN OS ANTROPÓLOGOS/AS? Traballo de campo: Recollen datos sobre a

QUE É O QUE FAN OS ANTROPÓLOGOS/AS? Traballo de campo: Recollen datos sobre a cultura e describen fenómenos socioculturais. O traballo de campo é unha metodoloxía, inventada por antropólogos, que ten como base a integración no grupo humano estudado e como obxectivo a comprensión das súas pautas culturais. Neste contexto, a observación participante emerxe como a técnica de investigación fundamental, mais tamén como a actitude a adoptar. A antropoloxía non é unha ciencia do exótico, practicada por académicos pechados nunha torre de marfil: o antropólogo comparte moito tempo coas persoas, a falar, ouvir, observar, gravar, participar, escribir, anotar, preguntar, etc. O antropólogo convive e partilla experiencias humanas coas persoas estudadas, co o obxectivo de traducir a súa experiencia.

QUE É O QUE FAN OS ANTROPÓLOGOS/AS? Comparan culturas: Comparan culturas con outras culturas,

QUE É O QUE FAN OS ANTROPÓLOGOS/AS? Comparan culturas: Comparan culturas con outras culturas, describindo as súas semellanzas e diferenzas. Interpretan as culturas: Interpretan a realidade humana, descobren os seus sentidos e significados e crean teorías socioculturais. Exemplos: a botella está medio chea ou medio baleira? ; o movemento do ollo, é un tic ou un chiscar de ollos a algunha persoa? . Severo Ochoa distinguiuse como un médico, chegando a ser “Premio Novel de Medicina”. Durante a súa vida académica, reprobou a algunhas disciplinas. Que pode isto significar? a) que un mal alumno chegou a ser premio Novel; b) que un bo alumno pode reprobar. . . Aplican a antropoloxía: Aplican teorías, métodos e coñecementos antropolóxicos, para mellorar as condicións de vida das poboacións (aplicación e aplicabilidade da antropoloxía).

A ANTROPOLOXÍA: CIENCIA OU ARTE? A antropoloxía é, para algúns, unha ciencia social que

A ANTROPOLOXÍA: CIENCIA OU ARTE? A antropoloxía é, para algúns, unha ciencia social que enfatiza a obxectividade, a observación sistemática e a explicación. De acordo con esta perspectiva, a ciencia é entendida como un modo de coñecer e de xerar afirmacións sobre o mundo, mais tamén como unha forma de contrastar as afirmacións sobre a verdade do mundo. A ciencia non é, porén, o único modo de producir coñecemento sobre o mundo. Coñecer é un modo de presenza e de representar o mundo, é unha modo de relación entre un suxeito e un obxecto a través dunha mediación (Hessen, 1961). Segundo Wallace (1980) os modos de produción de coñecemento poden ser clasificados da seguinte forma:

A ANTROPOLOXÍA: CIENCIA OU ARTE? A) Modo autoritario: Coñecemento por referencia aos produtores, socialmente

A ANTROPOLOXÍA: CIENCIA OU ARTE? A) Modo autoritario: Coñecemento por referencia aos produtores, socialmente cualificados. Exemplo: vellos, bispos, profesores… B) Modo místico: Coñecemento que se basea na referencia a un ser natural ou sobrenatural. Exemplo: profeta, deuses. . . Este tipo de coñecemento alcánzase a través de rituais como o transo. C) Modo lóxico - racional: Neste caso, a produción de coñecemento fundaméntase en regras da lóxica formal; i. e. : premisa A, premisa B, por tanto, conclusión C. É a aplicación do senso común. D) Modo científico: É un proceso que implica examinar os enunciados, a través da observación e dos datos producidos, para alcanzar xeneralizacións empíricas e formular teorías.

A ANTROPOLOXÍA E OS SEUS CAMPOS DE COÑECEMENTO A. Antropoloxía Filosófica. O seu obxecto

A ANTROPOLOXÍA E OS SEUS CAMPOS DE COÑECEMENTO A. Antropoloxía Filosófica. O seu obxecto de estudo é a persoa humana como ser xenérico; aquilo que as persoas teñen en común. Estuda xeneralidades e utiliza conceptos moi abstractos. O seu método é xeralmente introspectivo: dedícase ao interior da persoa humana e traballa sobre “o concepto do concepto”. B. Antropoloxía Física. Estuda a evolución biolóxica humana, isto é, a relación entre a evolución biolóxica e a cultural; utiliza métodos como a paleoantropoloxía (estudo dos antepasados humanos; é unha tentativa de desvelar a evolución biolóxica dos humanos, desde o primeiro momento da aparición dos primates até aos nosos días), a antropometría (medicións anatómicas), a anatomía comparativa (estudo comparativo de fósiles humanos) ou a racioloxía (clasificación das razas humanas). Actualmente, utilizan métodos propios da xenética molecular para distinguir aos primates dos humanos. Nos E. U. A. , e relativamente a este uso da xenética molecular, os antropólogos físicos prefiren ser chamados “antropólogos biolóxicos”.

A ANTROPOLOXÍA E OS SEUS CAMPOS DE COÑECEMENTO C. 1. Antropoloxía Cultural. É unha

A ANTROPOLOXÍA E OS SEUS CAMPOS DE COÑECEMENTO C. 1. Antropoloxía Cultural. É unha terminologia norteamericana. O seu fundador foi Franz Boas, un alemán emigrado aos E. U. A. que converteu a museística (etapa previa á antropoloxía cultural) norteamericana en ciencia. Boas formouse nunha escola neokantiana e o seu esquema teórico de referencia é o da Ilustración. A Ilustración da Alemaña reacciona, teoricamente, ao mundo medieval (teocentrismo: Deus centro de todo), e propón como alternativa o antropocentrismo (o humano como centro do mundo). O obxectivo era superar os esquemas das crenzas para chegar aos esquemas da razón. É preciso converter o ser humano nun ser científico. Para a Ilustración alemá o ser humano é dobre:

A ANTROPOLOXÍA E OS SEUS CAMPOS DE COÑECEMENTO a) Por un lado, comparte características

A ANTROPOLOXÍA E OS SEUS CAMPOS DE COÑECEMENTO a) Por un lado, comparte características biolóxicas co resto dos seres vivos. É necesario, por tanto, unha ciencia que estude os humanos como un animal, a antropoloxía física. b) Por outro lado, os humanos son capaces de elaborar cousas que os animais non poden crear: a linguaxe, a tecnoloxía, símbolos, etc. Este conxunto de cousas que os humanos producen e aprenden, como membros dunha sociedade, é aquilo que os alemáns chaman “KULTUR” (cultivar: algo que só poden facer os humanos). O estudo da “kultur” é a antropoloxía cultural. Cando Franz Boas chegou aos E. U. A. , empeñouse en divulgar estas ideas, definindo a antropoloxía cultural, no sentido de obras materiais e espirituais especificamente humanas.

A ANTROPOLOXÍA E OS SEUS CAMPOS DE COÑECEMENTO C. 2. Antropoloxía Social. É un

A ANTROPOLOXÍA E OS SEUS CAMPOS DE COÑECEMENTO C. 2. Antropoloxía Social. É un termo que nace no Reino Unido, despois de superar, igualmente, unha fase museolóxica. Para os británicos, a referencia non foi a Ilustración, senón o francés Emile DURKHEIM que elaborou un modelo de pensamento de reacción á Ilustración. Segundo Durkheim, se queremos estudar os seres humanos, non podemos basearmos, exclusivamente, nos seus produtos, porque os produtos son determinados pola sociedade en que eses produtos son creados. Nada garante que os produtos culturais continúan a ter a mesma significación que tiñan cando os elaboraron e utilizaron. Por tanto, non é posíbel estudar os produtos humanos sen estudar a sociedade que os xera. En caso contrario, non teríamos garantías de coñecer o sentido e significado deses obxectos ou produtos culturais. A antropoloxía social británica defendeu que era necesario estudar, primeiramente, a sociedade, para despois facer unha análise dos produtos humanos. Esta perspectiva subliña algúns conceptos como os de: estrutura social, institución familiar, formas de organización política e económica, control social, etc.

A ANTROPOLOXÍA E OS SEUS CAMPOS DE COÑECEMENTO Na actualidade, a diferenza entre Antropoloxía

A ANTROPOLOXÍA E OS SEUS CAMPOS DE COÑECEMENTO Na actualidade, a diferenza entre Antropoloxía Cultural e Antropoloxía Social non existe na práctica, pois os antropólogos estudan tanto as relacións sociais, como os produtos culturais. A única diferenza que pode xurdir relaciónase cunha cuestión de orde. Estamos perante o que denominamos por antropoloxía sociocultural.

A ANTROPOLOXÍA E OS SEUS CAMPOS DE COÑECEMENTO D. Antropoloxía Aplicada. A contribución da

A ANTROPOLOXÍA E OS SEUS CAMPOS DE COÑECEMENTO D. Antropoloxía Aplicada. A contribución da antropoloxía, para as culturas que estuda, ten sido moi importante. O recoñecemento do seu servizo público motivou a orixe dunha outra subdisciplina, a antropoloxía aplicada que trata da aplicación de datos, teorías, perspectivas e métodos antropolóxicos para identificar, avaliar e resolver problemas sociais contemporáneos. Algunhas das súas áreas son: a saúde e a enfermería; a planificación familiar; o desenvolvemento económico; a animación sociocultural; o turismo; os museos; a planificación urbana; a educación etc. . Neste sentido, a antropoloxía aplicada estuda a cultura, para despois elaborar proxectos de acción, intervención e mudanza cultural, dentro dun sistema de referencia concreto. Alén diso, a antropoloxía tamén practica a investigación-acción participativa.

ETNOGRAFÍA, ETNOLOXÍA, ANTROPOLOXÍA 1º. Etnografía: simple descrición e narración da cultura. -Etno: cultura, costumes,

ETNOGRAFÍA, ETNOLOXÍA, ANTROPOLOXÍA 1º. Etnografía: simple descrición e narración da cultura. -Etno: cultura, costumes, . . . -Grafía: escribir, describir, . . . Esixe investigación de terreo con observación directa. A etnografía é unha retórica que constrúe a realidade, a partir dunha reflexividade dialóxica entre o antropólogo e os humanos estudados.

ETNOGRAFÍA, ETNOLOXÍA, ANTROPOLOXÍA 2º. Etnoloxía: Busca razóns e comparacións de costumes e culturas. Non

ETNOGRAFÍA, ETNOLOXÍA, ANTROPOLOXÍA 2º. Etnoloxía: Busca razóns e comparacións de costumes e culturas. Non se relega á mera descrición dos feitos. -Etno: Costumes. . . -Logia: razón, tratado de. . . Clasifica pobos, de acordo coas súas características culturais, e explica a distribución de trazos culturais. Compara culturas, grupos humanos, trazos culturais, territorios, rexións, áreas culturais. Compara o pasado e o presente dun grupo humano, nunha perspectiva etnohistórica.

ETNOGRAFÍA, ETNOLOXÍA, ANTROPOLOXÍA 3º. Antropoloxía: Nivel de interpretación global e holística (a totalidade da

ETNOGRAFÍA, ETNOLOXÍA, ANTROPOLOXÍA 3º. Antropoloxía: Nivel de interpretación global e holística (a totalidade da experiencia humana: bioloxía, cultura, historia, economía. . . ) dos fenómenos culturais. Estuda o comportamento sociocultural (ex. : a través de institucións como a familia, os sistemas de parentesco, a organización política, os rituais relixiosos, etc. ) de grupos humanos pasados e presentes. Estuda as regularidades e regras culturais da vida en sociedade.