INTRODUCCIN CLASES DE PALABRAS QUE UN SUSTANTIVO CLASES
INTRODUCCIÓN CLASES DE PALABRAS QUE É UN SUSTANTIVO? CLASES DE SUBSTANTIVOS: CADRO SINOPTICO EXERCICIOS NA WEB
ÍNDICE CADRO Uns amigos van de excursión nas bicicletas Esta oración podémola dividir en unidades que, ao escribir, aparecen separadas por espazos en branco: “Uns amigos van de excursión nas bicicletas”. Cada unha destas unidades é unha palabra.
ÍNDICE CADRO As palabras pedómolas clasificar en grupos, chamados partes da oración ou clases de palabras. En vez de : "Uns amigos van de excursión nas bicicletas", podemos dicir : “Uns nenos van de excursión. . . " ou “Uns rapaces van. . . ". "Amigos", "nenos", e "rapaces" pertencen á mesma clase de palabras, son substantivos ou nomes. En galego hai as seguintes clases de palabras: determinantes, nomes, verbos, adxectivos, pronomes, adverbios, preposicións, conxuncións.
ATRÁS ÍNDICE Destas partes da oración ou clases de palabras, hainas que son variables e outras que son invariables: As partes variables experimentan cambios por mor de expresar o número e a persoa. Nome: alumno/ alumna /alumnos/ alumnas. Adxectivo: alto/ alta/ altos/ altas. Pronome: el / ela / eles/ elas. Determinante: o / a / os/ as. Verbo: expresa tempo, modo, número, e persoa: atendemos/ atendedes/ atenderán. . . As partes invariables, que non experimentan cambios, son: Adverbios: onde /cando / non. . . Preposicións: de / con / en. . . Conxuncións: e / nin / ou. . .
CADRO OS NOMES OU SUBSTANTIVOS Son palabras que teñen unhas características en común: --son variables, en xénero (labrego/ labrega) e número (labregos / labregas) --poden ser o suxeito da oración: o Pobo galego segue en pé. --Con elas designamos as cousas que percibimos cos sentidos (ceo, barullo, perfume, rugosidade. . . ) e co pensamento ( amor, bondade. . . ) --Nomeamos ás persoas, animais, plantas, obxectos, sentimentos, ideas…
CLASES ÍNDICE SUBSTANTIVO CONCRETO ABSTRTATO PRIMITIVOS PROPIO COMÚN ANIMADOS DISCONTINUO OU CONTABLE INDIVIDUAL DERIVADOS INANIMADOS CONTINUO OU INCONTABLE COLECTIVO COMPOSTOS SIMPLES
ÍNDICE CADRO Nomes concretos son nomes de cousas que poden percibirse cos sentidos do corpo. árbore, rosa, vento, fútbol, cadeira.
CADRO ÍNDICE Nomes abstractos son os que se refieren a conceptos, sentimintos ou ideas que so podemos pensar ou imaxinar e non os percibimos polos sentidos: amor, amabilidade, prudencia, nación, engano Os substantivos abstractos podémolos clasificar en: Abstractos de calidade: Están relacionados con adxectivos e designan calidades ou propiedades dos obxectos ou dos seres, por exemplo beleza, maldade. Abstractos de fenómeno: Están relacionados con substantivos que designan accións, estados ou os seus efectos, por exemplo lectura, camiñada. Abstractos de número ou cuantitativos: Cuantifican tanto de forma precisa como de forma imprecisa, por exemplo cantidade, chea, ducia.
CADRO ÍNDICE Os nomes comúns permiten nomear a tódalas persoas, animais ou cousas da mesma clase ou especie, sen particularizar o seu significado como home, cabalo, casa.
CADRO ÍNDICE Os nomes propios distinguen ou particularizan a cada individuo dos demais da mesma clase, especie ou xénero. Aplícanse a un só ser, persoa, animal ou cousa. Por iso, considéranse substantivos individuais. Son nomes propios os das persoas e países. Escríbense sempre con letra inicial maiúscula. Esteban, Douro, Lanzarote, Tarzán.
CADRO ÍNDICE Os substantivos discontinuos tamén chamados contables, sinalan entes que se poden contar, por exemplo seis nenos, tres rochas, trece euros. Estes substantivos combínanse con cuantificadores plurais sen alterarse semánticamente.
CADRO ÍNDICE Os substantivos continuos tamén chamados incontables, sinalan realidades que non se poden contar salvo ao referirse a clases ou variedades distintas, por exemplo leite, humor, aire, fume, lixo. Os subatantivos incontables soamente poden combinarse con cuantificadores en singular sen modificar o seu significado. Só admiten numerais cardinais ou cuantificadores plurais cando indican unha clase ou modalidade. por exemplo: tres vasos de leite, moito leite, os fumes emitidos polos ácidos adoitan ser moi nocivos. Existen casos nos cales substantivos incontables teñen distintos significados ou matices en plural, por exemplo: aires de grandeza, aires de cambio, malos fumes, augas cálidas, aigas internacionais.
CADRO ÍNDICE Nomes individuais son substantivos que na súa forma singular, nomean a un só ser. Designan a un único ser, pero admiten o morfema do plural para designar a máis de un. pescador, guepardo, alcornoque, mochila.
CADRO ÍNDICE Nomes colectivos son substantivos que posuíndo unha estructura de singular nomean a un conxunto de número indeterminado de seres ou cousas: rabaño, plumaxe, bosque, rosaleda, xentío, bandada, coro, alameda. . . Teñen inherente a idea de pluralidade sen necesidade do morfema que o exprese.
CADRO Nomes animados Nomean seres considerados vivientes, por exemplo : can, gato, home, persoa, pícaro, Anastasio. . . ÍNDICE Nomes inanimados Nomean seres inertes, por exemplo: papel, cristal, pedra, cigarro, carta. . .
CADRO Substantivos simples son substantivos que están formados por unha soa palabra. ÍNDICE Substantivos compostos están formados por dúas ou máis palabras simples, exemplo: anteollos, pararraios, crebanoces, augardente
CADRO ÍNDICE Substantivos primitivos son os que serven de cabeza de serie a unha familia de palabras, funcionando como raiz das palabras derivadas deles, Só están formados por un lexema básico e optativamente por morfemas de xénero e número. Po exemplo: pan, neto. . .
CADRO ÍNDICE Substantivos derivados nacen dos primitivos, cando se lles engaden un sufixo ou prefixos. Exemplo: de pan, panadeiría, panadeiro. . . Hai distintos tipos: Aumentativos son substantivos que designan a persoas, animais, cousas ou fenómenos de gran tamaño ou alto grado de intensidade, . Exemplo: nenazo, ruidazo. . . Diminutivos son substantivos que designan a persoas, animais, cousas ou fenómenos que se caracterizanpola súa pequeneza, pouquidade ou menos grao de intensidade. Exemplo: neniña, gatiño, mazanciña. . . Despectivos son substantivos que designan a persoas, animais, cousas ou fenómenos que son tratados con dsprezo ou desdén, ou vistos como inferiores. Exemplo: plantucha, libraco. . . Continuación…
Xentilicios son substantivos que derivan do lugar de nacemento ( país, rexión ou estado) de persoas animais ou cousas. exemplo: peruano, sueco, suizo, arxentina, danésa. . . CADRO ÍNDICE Patronímicos son substantivos que derivan de algún nome propio. Exemplo: os apelidos de orixe española formáronse orixinariamente a opartir de nomes de pila, Gonzalo - gonzález, Fernado. Fernández. . . Outros son substantivos que derivan dos primitivos e non pertecen a ningún grupo. Exemplo: de sol, solano, soleado, insolación. . .
ÍNDICE CADRO http: //centros. edu. xunta. es/cuntiscpi/nome. html http: //www. ogalego. eu/exercicios_de_lingua/exercicios/lexico 1. htm#12 http: //gl. wikibooks. org/wiki/Exercicios_de_morfosintaxe_en_lingua_galega/substantivo/Concretos_e_abstractos http: //gl. wikibooks. org/wiki/Exercicios_de_morfosintaxe_en_lingua_galega/substantivo/Individuais_e_colectivos http: //centros. edu. xunta. es/iesoteropedrayo. ourense/dptos/gal/exerciciosjclic/lexico. htm
ÍNDICE FIN CADRO
- Slides: 22