Hora de LER O DEREITO A APRENDER ABRE
Hora de LER O DEREITO A APRENDER
ABRE UN LIBRO!¡¡¡ Se o queres é que non decidan por ti, Se prefires escoller o que máis che apetece. . .
Colle un LIBRO e ponte cómodo. Esquécete dos demáis e LE sen necesidade de papel, nen bolígrafo. Non haberá que rendir contas.
Os luns, martes e venres despois do recreo. . . Tes un TEMPO PARA TI.
¿Quén dixo que ler resulta fácil? ¿Quén dixo que LER é contentura sempre e non risco e esforzo? Precisamente porque non é doado, converterse en lector resulta unha conquista!
Non se fai un lector dun día para outro Os lectores vanse construindo pouco a pouco e medran. Medrar significa tamén desenvolver novas maneiras de ler.
¿POR QUE LER?
Se todos lemos aínda os que non len nin xornais nin novelas, len.
LER é algo mecánico que facemos sen darnos conta LEMOS pola rúa os rótulos das tendas; na parada do autobús o nome da liña que temos que tomar; as etiquetas dos productos no supermercado; as instruccións para o uso dun medicamento ou dun electrodoméstico. . .
Pero a vontade de ler un libro é outra cousa. Para elo precisamos sentir a necesidade de facelo. Porque buscamos algo: Satisfacción Curiosidade Estímulo. .
Eliot di que existen tres tipos de lector: 1º. O lector que só busca divertirse, pasar o rato, sin a menor trascendencia. 2º. O lector que busca identificarse co que le: o aventureiro, o tímido ou a romántica buscan personaxes que se lles parezan. 3º. O lector que é capaz de valorar as súas lecturas dende un punto de vista máis racional, máis crítico; que sabe poñer a distancia para poder valorar o que le.
A lectura é a mellor muleta. Todos necesitamos muletas para movernos pola vida , a idade que sexa LER É A MELLOR muleta.
Ler, ler… pero ¿de ónde sacar o tempo para ler?
O tempo para ler, coma o tempo para amar, sempre é tempo roubado. Roubado ó deber de vivir, pero, dichosamente, o tempo para ler, igual que o tempo para amar, dilata o tempo de vivir.
Tal vez, polo de agora aínda non atopaches ese libro que andas buscando.
Debes saber que para cada lector hai un libro que nos está agardando.
Sal o seu encontro. Entra nas BIBLIOTECAS. . . Son o maior salón de xogos gratuitos do mundo.
As bibliotecas, os profesores, tamén os compañeiros nos ofrecen boas suxerencias para poder atopar ese título que buscamos. con eles podemos formar un club de lectura e intercambiar opinións.
VIVE MIRA LE SENTE. . .
Porque LER é como facer o amor. Estás ti e o libro, sós, compartíndoo todo. Jordi Sierra i Fabra
Vivín, mirei, lin, sentín. Que fai aí o ler. Lendo acábase sabendo case todo. Eu tamén leo. Xa que logo algo saberás. Agora xa non estou tan seguro. Entón terás que ler doutro xeito. Como. Non serve a mesma forma para todos, cada un inventa a súa propia. Hai quen se pasa a vida enteira lendo sen conseguir ir nunca máis aló da lectura, quedan pegados á páxina, non entenden que as palabras son só pedras postas atravesando a corrente dun río. Se están alí, é para que podamos chegar á outra marxe, a outra marxe é o que importa, a non ser? A non ser que eses ríos non teñan dúas beiras, senón moitas, que cada persoa que lea sexa ela, a súa propia beira. A Caverna, de Saramago
- Slides: 23