Grupo de Traballo en Igualdade Retallo n 5
Grupo de Traballo en Igualdade Retallo nº 5: A INTERVENCIÓN SOCIAL CON PERSPECTIVA FEMINISTA
Grupo de Traballo en Igualdade XÉNERO NA INTERVENCIÓN SOCIAL Código Deontolóxico – Normas Xerais En relación cos suxeitos da acción socioeducativa… Art. 1: Na súa relación coa persoa, gardará un trato igualitario sen discriminación por razón de sexo, idade, relixión, ideoloxía, etnia, idioma ou calquera outra diferenza. Art. 2: Nas súas accións socioeducativas evitará o uso de métodos e técnicas que atenten contra a dignidade das persoas e o uso de nocións e termos que doadamente poidan xerar etiquetas devaluadoras e discriminatorias. En relación coa sociedade en xeral… Art. 27: Contribuirá a xerar unha conciencia crítica sobre os problemas sociais e as súa causas.
Grupo de Traballo en Igualdade XÉNERO NA INTERVENCIÓN SOCIAL A perspectiva de xénero supón ter en conta de forma sistemática as diferenzas entre os roles e as condicións, situacións e necesidades de mulleres e homes, nas fases de planificación, execución e avaliación de tódalas políticas, de tódolos proxectos, de tódalas actuacións postas en marcha desde calquera institución e entidade pública ou privada. Deste xeito homes e mulleres benefícianse por igual, impedindo que se perpetúen as discriminacións. Para chegar á equidade de xénero, hai que recoñecer que diferentes grupos teñen diferentes necesidades e estas deben ser identificadas para poder darlles unha resposta axeitada. Identificar estas necesidades supón a realización de análises axeitados. Estas análises poden evitar o fracaso dun proxecto, como tamén poden minimizar os efectos negativos que moitas veces aparecen involuntariamente debido a supostos estereotipados.
Grupo de Traballo en Igualdade INTERVENCIÓN SOCIAL CON PERSPECTIVA FEMINISTA Como? TRANSVERSALIZAR A PERSPECTIVA DE XÉNERO. MAINSTREAMING NON REPRODUCIR ESTEREOTIPOS DE XÉNERO LINGUAXE (MICRO)MACHISMOS
Grupo de Traballo en Igualdade INTERVENCIÓN SOCIAL CON PERSPECTIVA FEMINISTA TRANSVERSALIZAR A PERSPECTIVA DE XÉNERO. MAINSTREAMING Na diagnose Na planificación Na implementación Na avaliación
Grupo de Traballo en Igualdade INTERVENCIÓN SOCIAL CON PERSPECTIVA FEMINISTA TRANSVERSALIZAR A PERSPECTIVA DE XÉNERO. MAINSTREAMING O mainstreaming consiste na aplicación da dimensión de xénero a todas as políticas e accións como medida básica coa que poder producir cambios estruturais nos papeis de xénero na sociedade. Na diagnose A diagnose con perspectiva de xénero implica estudar, valorar e comparar sistematicamente unha situación concreta, coñecendo a realidade das mulleres e os homes, así como as diferenzas nas relacións de xénero que se establecen. “Categorización”: non somos un colectivo Diversidade: muller > mullere. S
Grupo de Traballo en Igualdade INTERVENCIÓN SOCIAL CON PERSPECTIVA FEMINISTA Na diagnose • Facer visible e valorar a realidade de mulleres e homes. • Comprender as situacións desde o significado das mulleres e homes implicados. • Identificar as situacións, definilas e priorizalas. • Establecer a situación desexable. • Analizar o potencial en termos de posibilidades e recursos. • Identificar as causas discrepancias entre a situación actual e a desexable. • Tomar decisións en termos de propostas de intervención. • Dotar dunha base metodolóxica a intervención.
Grupo de Traballo en Igualdade INTERVENCIÓN SOCIAL CON PERSPECTIVA FEMINISTA TRANSVERSALIZAR A PERSPECTIVA DE XÉNERO. MAINSTREAMING Na planificación (I) Ø NA DEFINICIÓN DAS/OS DESTINATARIAS/OS DAS ACCIÓNS A composición por sexo do grupo destinatario é axeitada en termos de equidade de xénero? Ø NAS INTERVENCIÓNS As actividades previstas contemplan a participación de mulleres e homes de forma equilibrada? Téñense previsto actividades que contribúan a modificar os roles tradicionais e as relacións de xénero? Téñense previsto actividades para traballar a temática de xénero con mulleres e homes do grupo destinatario? ØNA METODOLOXÍA Téñense en conta as características e as condicións das mulleres e homes destinatarios na determinación da metodoloxía a seguir no proxecto? (linguaxe, flexibilidade de horarios, adaptación dos curriculum formativos…) O proxecto promove a participación activa das mulleres e homes en tódalas fases?
Grupo de Traballo en Igualdade INTERVENCIÓN SOCIAL CON PERSPECTIVA FEMINISTA TRANSVERSALIZAR A PERSPECTIVA DE XÉNERO. MAINSTREAMING Na planificación (I) ØNOS RECURSOS FINANCEIROS E MATERIAIS Destináronse recursos materiais para traballar a igualdade de xénero? Os recursos do proxecto son de fácil acceso para as mulleres e os homes destinatarios? Está previsto algunha acción positiva para contrarrestar as dificultades que por razóns de xénero poidan existir para acceder aos recursos? Empréganse materiais que non reproducen roles de xénero e que recollan as experiencias e saberes das mulleres? Ø NOS RECURSOS HUMÁNS A composición por sexo do equipo de traballo correspóndese coa equidade de xénero? A responsabilidade e toma de decisións están repartidos equitativamente entre ambos sexos? Está previsto que o equipo teña a sensibilidade e a formación necesarias para aplicar a perspectiva de Xénero?
Grupo de Traballo en Igualdade 4. INTERVENCIÓN SOCIAL CON PERSPECTIVA FEMINISTA TRANSVERSALIZAR A PERSPECTIVA DE XÉNERO. MAINSTREAMING Na implementación § Non reproducir discriminacións, estereotipos, nin prexuicios por razón de sexo dende os servizos e diferentes actividades § Facer uso non sexista das imaxes e da linguaxe § Manifestar o noso compromiso coa igualdade § Valoración de coñecementos de xénero nos currículos das persoas encargadas da realización de actividades. § En actuacións formativas: revisión e seguimento de programas formativos, materiais e prácticas docentes. § Ferramentas de sensibilización: materiais, módulos, charlas, foros e seminarios, campañas de comunicación con imaxes que rompan estereotipos sexistas. . . § Ofertar servizos de acompañamento ou de apoio
Grupo de Traballo en Igualdade INTERVENCIÓN SOCIAL CON PERSPECTIVA FEMINISTA TRANSVERSALIZAR A PERSPECTIVA DE XÉNERO. MAINSTREAMING Na avaliación A avaliación é un proceso continuo e sistemático que mide o progreso e os cambios causados pola execucións dunha serie de intervencións nun período de tempo. En definitiva, permítenos coñecer de cerca, que pasou? E por que pasou? E como medir o progreso e os cambios? INDICADORES= Instrumentos medibles que proporcionan información cuantitativa e cualitativa sobre os criterios de valor que plantexamos cuantificar, seguir e avaliar. INDICADORES DE XÉNERO= Un indicador de Xénero é unha medida, un número, que sinala unha situación ou condición específica e que mide cambios, en termos de xénero, nesa situación a través do tempo
Grupo de Traballo en Igualdade INTERVENCIÓN SOCIAL CON PERSPECTIVA FEMINISTA TRANSVERSALIZAR A PERSPECTIVA DE XÉNERO. MAINSTREAMING Na avaliación §Todos os indicadores deben ser desagregados por sexo §É necesario elixir indicadores con enfoque de xénero, cuantitativos e cualitativos §Os indicadores deben ser elaborados, coa participación das persoas involucradas no proxecto PERMITEN: üVer en que medida homes e mulleres participan en proxectos e as causas das súas ausencias. üVer en que medida se tiveron en conta as necesidades e intereses de homes e mulleres e se as accións responden aos mesmos. üObservar de que forma se traballa ou non a discriminación de xénero. üVer en que medida un proxecto afecta ao rol de xénero e si este varía no tempo.
Grupo de Traballo en Igualdade INTERVENCIÓN SOCIAL CON PERSPECTIVA FEMINISTA NON REPRODUCIR ESTEREOTIPOS DE XÉNERO LINGUAXE (MICRO)MACHISMOS
Grupo de Traballo en Igualdade 4. INTERVENCIÓN SOCIAL CON PERSPECTIVA FEMINISTA NON REPRODUCIR ESTEREOTIPOS DE XÉNERO LINGUAXE Ter en conta a linguaxe verbal, escrita e audiovisual que empregamos. A linguaxe non é neutral. ALGÚNS MECANISMOS: üEmpregar sustantivos xenéricos (adolescencia, xuventude, cidadanía…) üUso de ambos xéneros gramaticais e barras üEmpregar idéntico tratamento (evitar referencias ao estado civil ou dependencia da muller) üAlterar a orde das palabras üOmitir sempre o determinante (profesionais) üUtilizar determinantes sen marca de xénero. (Todos os particulares >Cada particular) Debe evitarse a @
Grupo de Traballo en Igualdade INTERVENCIÓN SOCIAL CON PERSPECTIVA FEMINISTA NON REPRODUCIR ESTEREOTIPOS DE XÉNERO (MICRO)MACHISMOS Os (micro)machismos son actitudes de dominación “suave” ou de “baixísima intensidade”, formas e modos larvados e negados de abuso e imposición na vida cotiá. Son especificamente hábiles artes de dominio, comportamentos sutís ou insidiosos, reiterativos e case invisibles que os varóns executan permanentemente. L. Bonino (1990)
Grupo de Traballo en Igualdade INTERVENCIÓN SOCIAL CON PERSPECTIVA FEMINISTA NON REPRODUCIR ESTEREOTIPOS DE XÉNERO (MICRO)MACHISMOS §Utilitarios: forzan a dispoñibilidade feminina aproveitándose de diversos aspectos “domésticos e coidadores” do comportamento tradicional feminino. Danse especialmente no ámbito das responsabilidades domésticas. (Por exemplo, “axudar”). §Encubertos: abusan da confianza e credibilidade feminina. (Por exemplo, usar unha comunicación paternalista ou ignorar a unha muller polo feito de selo. Tamén o humor denigrante co feminino). §De crise: forzan a permanencia do “statu quo” desigual cando este se desequilibra, ben sexa polo aumento persoal da muller ou a diminución da do home. (Por exemplo, incorporación da muller ao mercado laboral). §Coercitivos: serven para reter poder a través da forza psicolóxica ou moral masculina. (Por exemplo, ocupación do espazo público). • https: //feministailustrada. com/2016/01/28/25 -micromachismos/ • https: //www. youtube. com/watch? time_continue=5&v=WVRKdak. H 6 fw (No te ha pasado que…) • https: //www. youtube. com/watch? v=p. Qish. Da. KLd. M (Corre como niña)
Grupo de Traballo en Igualdade NÓS COMO PROFESIONAIS • Revisar os nosos propios roles de xénero. Actitude crítica Desprendernos da culpa e da atribución de responsabilidades! • Formarnos • Solidariedade entre mulleres (sororidade) • Non é unha guerra de sexos! Non é un ataque individual • Actitude crítica. Ser conscientes da posición que ocupamos • Formarnos
«Si la vida que te diseñan no es habitable, cámbiala» Amelia Valcárcel
- Slides: 18