Falamos galego O idioma a chave coa que


























- Slides: 26
Falamos galego O idioma é a chave coa que abrimos o mundo. Por que, ao falar do noso idioma, Manuel María o identifica cunha chave?
Os mozos e as mozas falan o galego? No ano 2002 publicouse nos medios de comunicación un artigo que recollía os datos do proxecto Galbreus, un proxecto que estudaba o uso da lingua entre os escolares galegos, vascos e bretóns. Alí recollíase que: ØEntre 1990 e 2000 un 6, 6 por cento dos mozos, ou sexa, máis de seis de cada cen mozos, deixaron de falar galego ØSó a décima parte dos rapaces e rapazas son monolingües en galego, e menos da décima parte se desenvolve por igual en galego e en castelán. ØNa escola, só a quinta parte dos rapaces recibía en galego a clase de galego, e a metade recibía menos de 6 horas de clase en galego. Este estudo tamén recollía que o galego se usa máis cós avós e menos cos pais ou irmáns, ou que lugares como cibers, discotecas, tendas. . . están totalmente castelanizados:
Por que nos preocupa a situación do idioma? Porque segundo os datos do censo de poboación de 2001 o número de persoas que nunca falan en galego duplicouse en 10 anos, entre o 1991 e 2001, persoas que hoxe teñen entre 46 e 22 anos e que tiveron unha parte do seu ensino en galego. Nese período, o número de persoas que falan sempre en galego, a penas variou, e o número de persoas que o falan ás veces diminuíu. En conclusión, aínda que o número de persoas que falan sempre en galego aumentou do ano 1991 ao 2001, aumentou moito máis o número de persoas que non o falan e por tanto, incrementouse a perda de falantes.
E vós que pensades? ØEn que lingua falades habitualmente na casa? ØEn que lingua falades no colexio? ØEn que lingua falades cos amigos e as amigas? Con quen falades en galego? Por que con esas persoas si e con outras non?
Miremos ao redor ØCantos rapaces e rapazas da aula falan galego? Completade o cadro cos datos: Falan sempre en galego Rapaces Rapazas Falan máis galego ca castelán Falan máis castelán ca galego Nunca falan en galego
E vós que pensades? Á vista dos datos anteriores, cal é a vosa opinión? ØNa vosa aula fálase máis en galego ca noutras aulas do colexio? ØPensades que cando saiades do cole seguiredes falando na mesma lingua que agora? Por que? Credes que isto lle afecta ao futuro da lingua? Cantos anos tedes en 2030? Un estudoso di que nesa data pode ter desaparecido o galego como lingua viva Que credes que ten que pasar para que unha lingua desapareza como lingua viva? Pensades que iso podería suceder? E se sucedese. . . ?
Imaxinade por un momento que. . . Que un accidente xeográfico tan importante como as rías desaparecese. As nosas rías están sometidas a constantes agresións, sendo unha das máis importantes os recheos que modifican a súa extensión, pois reducen espazo ao mar e modifican as súas correntes, o que acaba repercutindo no desprazamento dos fondos areosos e na desaparición de determinadas especies mariñas. Por outro lado, a colmatación das áreas interiores das rías, debido ao exceso de lama e terra arrastradas polos ríos, ou ao efecto da vexetación, vai reducindo a súa profundidade e é outro elemento de destrución deste hábitat. A suma destes feitos e outras cuestións podería, ao longo de milleiros de anos, facer desaparecer este elemento xeográfico tan característico e xerador de riqueza. Pensas que Galicia sería o mesmo se desaparecesen as súas rías? Farías algo para deter esta transformación? Pois coa nosa lingua sería algo semellante, non?
Porque é a nosa lingua, a que di quen somos, a que nos sitúa no mundo
Daquela. . . Será bo que pensemos en facer algo. . . Para que cada día o galego estea máis vivo entre todos e todas. Desde o Correlingua propoñémosche reflexionar sobre a situación do idioma, e expresar a túa opinión, non só na escola e entre os teus amigos e amigas, tamén na rúa, aos teus veciños e veciñas, a través dun acto lúdico e festivo, para reclamar o noso dereito a vivir e medrar en galego
Comezamos cada edición convocando o concurso de manifesto e banda deseñada. Os traballos gañadores serán publicados na revista do Correlingua: Gañadores da Banda deseñada na edición de 2008 Gañadores do manifesto na edición de 2008
O alumnado gañador dos concursos reciben como premio unha estancia no Albergue de Gandarío: dunha fin de semana para o alumando de Primaria, e de cinco días para o alumnado de Secundaria, estancias nas que estarán acompañados/as de monitores/as cos que realizarán diversas actividades sociolinguísticas. Os traballos premiados publícanse na revista do correlingua, onde estamos desexando recoller outros artigos queirades enviarnos sobre o noso idioma, ou mesmo as vosas creacións literarias. . . A revista é vosa, usádea! Ah! No número 1 trae o xogo da oca do correlingua
Logo, coa axuda dos vosos profes, preparamos un itinerario para saírmos á rúa para reivindicar o nosos dereito a vivir en galego. Non ten que ser un itinerario moi longo, nin hai que competir. . . Trátase de facer visíbel o noso idioma.
Organizaremos un acto final, unha festa, para sermos exactos. . . E nela lerase o manifesto gañador
E esta carreira e esta festa celébranse en todo o país, durante dez días imos pasando o testemuño dun lugar a outro A Mariña Ferrolterra A Coruña Lugo Santiago de Compostela A Barbanza Ribeira Sacra O Salnés Pontevedra Vigo Ourense Baixo Miño e o Condado Monterrei
O Corelingua é máis divertido se imos todos e todas de festa. Que podemos facer para que a festa sexa máis grande? Pancartas. Escollede un lema e un deseño entre todas as propostas que vaian saíndo. Só precisades dunha tea, pintura e uns paus. Tedes que ter moi claro queredes facer antes de traballar directamente sobre a tea. Disfraces. Como son moi poucos os que poden coller a pancarta, podédesvos disfrazar. Escollede un tema co que poidades convencer ao resto dos vosos compañeiros de que utilicen o galego, facede o deseño dos disfraces e ao Correlingua! Cancións e berros: Ademais do anterior podedes inventar cancións e berros que animen o percurso do correlingua, se non se vos ocorre nada podedes acudirá páxina web.
E temos unha páxina web: www. correlingua. org Nela atoparás: o a : s a e d u. o g. . p Manifesto: aquí están os manifestos gañadoresde todas as edicións. n i e i l t t s e e r u r g Banda deseñada: e aquí as bandas deseñadas gañadoras. a o t e s C h e f c o Himno: unha canción Bravú dos Diplomáticos de Montealto que é o d e s i d t i áa música e a letra. himno oficial do Correlingua. Descarga s h m o G e m i u o Taboleiro: nel podes deixar a túa pegada. Escríbenos e colgaremos l q a o u o P a túa mensaxe. g p n u A reli r g. e actividades para pasar o tempo e r Ferramentas: xogos o a o t r C olleaprender. vo e c s e e mat Bases: as dos concursos está toda a información para í participares nos concursos. n A Calendario: onde atoparás as datas de celebración do Correlingua en cada comarca, ademais do programa de actividades.
Comprobamos Imos comprobar a vitalidade da nosa lingua: En galego Na tele, cantos canais falan en. . . ? Nas tendas, en que nos atenden. . . ? No comercio, cantos teñen a publicidade en. . . ? Xogos de ordenador, de play. . . cantos temos en. . . ? Cine: cantas películas podemos ver en. . . ? Actividades de ocio programadas polo concello, son en. . . ? Máis en galego ca castelán Máis en castelán ca galego En castelán
Concluímos Unha vez que recollimos todos os datos, que conclusións podemos tirar deles? Cal é a presenza da nosa lingua ao noso redor? moito Nos medios de comunicación No comercio No ocio algo pouco nada
En clave de humor O bilingüismo harmónico visto por Tokio O galego na xustiza, segundo o Carrabouxo
Propoñemos Á vista dos datos que manexastes, a nosa lingua está presente ao noso redor? Si. Pensas que é así en todas partes? Non. Que podemos facer para mellorar a súa presenza? : Ø Ø Ø
Lemos e comentamos: ¡Mamá, un gallego! “Cando o meu amigo Euxenio me contou o que lle pasara había uns meses, a verdade é que me deu a risa. Entrou el nunha tenda de electrodomésticos das Travesas e estaba a falar cun dependente cando un neno que ía coa nai sinalouno co dedo e exclamou: "¡mira mamá, un gallego!" Xa me tiña esquecido da anécdota, se non fose porque o outro día estaba eu coa miña filla no parque infantil da Miñoca e un neno de cinco anos, co que acababa de intercambiar algunhas palabras, me fitou dende o alto do tobogán. Cando me tivo ben observado preguntou: "oye, ¿tu eres gallego? ", eu, algo sorprendido, resposteille: "eu si, e ti? ", el, moi seguro de si e seguindo a miña mirada perplexa, foi remarcando: "pues yo soy español. . . de España, ¿sabes? ". Artigo de Xoán Comesaña Pedreira
Manter vivo o noso idioma, especialmente entre as xeracións máis novas, debe ser un dos traballos que, todas e todos, asumamos de cara ao futuro, seguindo a tradición do traballo colectivo. O correlingua quere ser unha ferramenta para ese traballo.
Para escoitar e. . . Bailar!