Falamos galego O idioma a chave coa que

  • Slides: 36
Download presentation

Falamos galego O idioma é a chave coa que abrimos o mundo. ØPor que,

Falamos galego O idioma é a chave coa que abrimos o mundo. ØPor que, ao falar do noso idioma, Manuel María empregou esta metáfora?

Os mozos e as mozas falan o galego? Artigo publicado en Vieiros o 31

Os mozos e as mozas falan o galego? Artigo publicado en Vieiros o 31 de xullo de 2002 e que recolle as principais conclusións do proxecto Galbreus, financiado pola Dirección Xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea, que estuda o nivel de uso de galego, bretón e vasco entre os escolares. O lingüista Xosé Ramón Freixeiro Mato, responsable para Galicia do proxecto, concluíu que o galego podería desaparecer como lingua viva ao redor de 2030 porque os datos recollidos no informe dan lugar á conclusión de que os mozos e as mozas non falan galego. ØNos últimos dez anos un 6, 6 por cento dos mozos deixaron de falar o galego ØNa actualidade só o 19, 2 % dos rapaces e rapazas do ESO empregan habitualmente o galego (fronte ao 72% do castelán). ØSó un 10, 1 % son monolingües en galego ØSó un 8, 8 % de rapaces desenvolven por igual nos dous idiomas

O proxecto Galbreus tamén revela as máis preocupantes porcentaxes de emprego do galego no

O proxecto Galbreus tamén revela as máis preocupantes porcentaxes de emprego do galego no sistema escolar recollidas até agora: Øun 19 % só recibe en galego a clase de galego; Øo 49 % menos de 6 horas de clase e o 65 % menos de 12 horas. O estudo tamén examina o ámbito familiar, onde se comproba que: Øhai un evidente maior uso do galego cos avós e o menor con pais ou irmáns, Ødeterminados espacios de relación social están totalmente castelanizados: cibers, discotecas, tendas. . .

Por que nos preocupa a situación do idioma? Estes son os datos: Segundo estes

Por que nos preocupa a situación do idioma? Estes son os datos: Segundo estes datos o número de persoas que nunca falan en galego duplicouse en 10 anos, entre o 1991 e 2001, persoas que hoxe teñen entre 46 e 22 anos e que son, maioritariamente, persoas que tiveron unha parte do seu ensino en galego.

Os mesmos datos, analizados doutro xeito, sen facer distinción de idade dinos que: Que

Os mesmos datos, analizados doutro xeito, sen facer distinción de idade dinos que: Que conclusións tirades deste cadro?

E vós que pensades? ØEn que lingua falades habitualmente na casa? ØEn que lingua

E vós que pensades? ØEn que lingua falades habitualmente na casa? ØEn que lingua falades no instituto? ØEn que lingua falades cos amigos? ØE coas amigas? Por que facedes diferencias? Con quen falades en galego? Por que con esas persoas si e con outras non?

Miremos ao redor ØCantos rapaces e rapazas da aula falan galego? Calculade a porcentaxe

Miremos ao redor ØCantos rapaces e rapazas da aula falan galego? Calculade a porcentaxe e completade o cadro: Falan sempre en galego Falan máis galego ca castelán Falan máis castelán ca galego Rapaces Rapazas Atopades diferencias? Como as analizades? Nunca falan en galego

E vós que pensades? Á vista dos datos anteriores, cal é a vosa opinión?

E vós que pensades? Á vista dos datos anteriores, cal é a vosa opinión? ØNa vosa aula fálase máis en galego ca noutras aulas do centro? ØEn que aulas se fala máis en galego, entre o alumnado de menor idade ou entre o de maior idade? Por que? ØPensas que cando saiades do insitituto seguiredes falando na mesma lingua que agora? Por que? Credes que isto lle afecta ao futuro da lingua? Cantos anos tedes en 2030? Pensades que como se dicía nese artigo de 2002, nese ano o galego pode desaparecer como lingua viva? E se sucedese. . . ?

Imaxinade por un momento que. . . Que un accidente xeográfico tan importante como

Imaxinade por un momento que. . . Que un accidente xeográfico tan importante como as rías desaparecese. As nosas rías están sometidas a constantes agresións, sendo unha das máis importantes os recheos que modifican a súa extensión, pois reducen espazo ao mar e modifican as súas correntes, o que acaba repercutindo no desprazamento dos fondos areosos e na desaparición de determinadas especies mariñas. Por outro lado, a colmatación das áreas interiores das rías, debido ao exceso de lama e terra arrastradas polos ríos, ou ao efecto da vexetación, vai reducindo a súa profundidade e é outro elemento de destrución deste hábitat. A suma destes feitos e outras cuestións podería, ao longo de milleiros de anos, facer desaparecer este elemento xeográfico tan característico e xerador de riqueza. Pensas que Galicia sería o mesmo se desaparecesen as súas rías? Farías algo para deter esta transformación? Pois coa nosa lingua sería algo semellante, non?

Porque é a nosa lingua, a que di quen somos, a que nos sitúa

Porque é a nosa lingua, a que di quen somos, a que nos sitúa no mundo

Daquela. . . Será bo que pensemos en facer algo. . . Para que

Daquela. . . Será bo que pensemos en facer algo. . . Para que cada día o galego estea máis vivo entre todos e todas. Desde o Correlingua propoñémosche reflexionar sobre a situación do idioma e expresar a túa opinión, non só na escola e entre os teus amigos e amigas, tamén na rúa, aos teus veciños e veciñas, a través dun acto lúdico e festivo, para reclamar o teu dereito a vivir e medrar en galego

Comezamos cada edición convocando o concurso de manifesto e banda deseñada. Os traballos gañadores

Comezamos cada edición convocando o concurso de manifesto e banda deseñada. Os traballos gañadores serán publicados na revista do Correlingua: Gañadores da Banda deseñada na edición de 2008 Gañadores do manifesto na edición de 2008

Elaboración do manifesto. A partir do Lema que atoparedes na páxina web, tedes que

Elaboración do manifesto. A partir do Lema que atoparedes na páxina web, tedes que elaborar un manifesto, podedes usar como orientación os manifestos doutros anos. Descargádeos, lédeos e respondede ás seguintes preguntas: ØQue teñen en común os manifestos? ØEstamos de acordo co que din? Por que? ØQue pretenden facer os manifesto? ØQue fariamos para convencer aos demais de que falen a súa lingua? ØComo llelo podemos transmitir a través do manifesto? Podemos debater entre nós o resultado destas preguntas, tirarmos conclusións e, a partir de aí, organizármonos para elaborar o manifesto. Como participar? ØLede con atención as bases, e escollede un representante que vos inscriba no concurso.

O alumnado gañador dos concursos reciben como premio unha estancia no Albergue de Gandarío:

O alumnado gañador dos concursos reciben como premio unha estancia no Albergue de Gandarío: dunha fin de semana para o alumando de Primaria, e de cinco días para o alumnado de Secundaria, estancias nas que estarán acompañados/as de monitores/as cos que realizarán diversas actividades sociolinguísticas. Os traballos premiados publícanse na revista do correlingua, onde estamos desexando recoller outros artigos queirades enviarnos sobre o noso idioma, ou mesmo as vosas creacións literarias. . . A revista é vosa, usádea! Ah! No número 1 trae o xogo da oca do correlingua

Logo, coa axuda dos vosos profes, preparamos un itinerario para saírmos á rúa para

Logo, coa axuda dos vosos profes, preparamos un itinerario para saírmos á rúa para reivindicar o nosos dereito a vivir en galego. Non ten que ser un itinerario moi longo, nin hai que competir. . . Trátase de facer visíbel o noso idioma.

Organizaremos un acto final, unha festa, para sermos exactos. . . E nela lerase

Organizaremos un acto final, unha festa, para sermos exactos. . . E nela lerase o manifesto gañador

E esta carreira e esta festa celébranse en todo o país, durante dez días

E esta carreira e esta festa celébranse en todo o país, durante dez días imos pasando o testemuño dun lugar a outro, ás veces estamos de festa en dous lugares ao mesmo tempo. A Mariña Ferrolterra A Coruña Lugo Santiago de Compostela A Barbanza Ribeira Sacra O Salnés Pontevedra Vigo Ourense Baixo Miño e o Condado Monterrei

O Corelingua é máis divertido se imos todos e todas de festa. Que podemos

O Corelingua é máis divertido se imos todos e todas de festa. Que podemos facer para que a festa sexa máis grande? Pancartas. Escollede un lema e un deseño entre todas as propostas que vaian saíndo. Só precisades dunha tea, pintura e uns paus. Tedes que ter moi claro queredes facer antes de traballar directamente sobre a tea. Disfraces. Como son moi poucos os que poden coller a pancarta, podédesvos disfrazar. Escollede un tema co que poidades convencer ao resto dos vosos compañeiros de que utilicen o galego, facede o deseño dos disfraces e ao Correlingua! Cancións e berros: Ademais do anterior podedes inventar cancións e berros que animen o percurso do correlingua, se non se vos ocorre nada podedes acudirá páxina web.

E temos unha páxina web: www. correlingua. org Nela atoparás: o a : s

E temos unha páxina web: www. correlingua. org Nela atoparás: o a : s a e d u. o g. . p Manifesto: aquí están os manifestos gañadoresde todas as edicións. n i e i l t t s e e r u r g Banda deseñada: e aquí as bandas deseñadas gañadoras. a o t e s C h e f c o Himno: unha canción Bravú dos Diplomáticos de Montealto que é o d e s i d t i áa música e a letra. himno oficial do Correlingua. Descarga s h m o G e m i u o Taboleiro: nel podes deixar a túa pegada. Escríbenos e colgaremos l q a o u o P a túa mensaxe. g p n u A reli r g. e actividades para pasar o tempo e r Ferramentas: xogos o a o t r C olleaprender. vo e c s e e mat Bases: as dos concursos está toda a información para í participares nos concursos. n A Calendario: onde atoparás as datas de celebración do Correlingua en cada comarca, ademais do programa de actividades.

Comprobamos Imos comprobar a vitalidade da nosa lingua. Podemos formar grupos. O grupo A

Comprobamos Imos comprobar a vitalidade da nosa lingua. Podemos formar grupos. O grupo A pode pescudar a presenza do noso idioma nos medios de comunicación: En galego Xornais impresos Xornais dixitais Radios con sede en Galicia Televisións con sede en Galicia Máis en galego ca castelán Máis en castelán ca galego En castelán

Comprobamos O grupo B pescuda a presenza do noso idioma no comercio: En galego

Comprobamos O grupo B pescuda a presenza do noso idioma no comercio: En galego Nome do establecemento Publicidade Atenden en Se lles falas en galego atenden en En castelán

Comprobamos O grupo C pescuda a presenza do noso idioma nos ámbitos de ocio:

Comprobamos O grupo C pescuda a presenza do noso idioma nos ámbitos de ocio: En galego Cine: cantas películas podemos ver Xogos de ordenador, de play. . . cantos temos en Fotolog, blog. . . cantos están en Actividades de ocio programadas polo concello En castelán

Concluímos Unha vez que recollimos todos os datos, que conclusións podemos tirar deles? Cal

Concluímos Unha vez que recollimos todos os datos, que conclusións podemos tirar deles? Cal é a presenza da nosa lingua ao noso redor? moito Nos medios de comunicación No comercio No ocio algo pouco nada

En clave de humor O bilingüismo harmónico visto por Tokio O galego na xustiza,

En clave de humor O bilingüismo harmónico visto por Tokio O galego na xustiza, segundo o Carrabouxo

Propoñemos Á vista dos datos que manexastes, a nosa lingua está presente ao noso

Propoñemos Á vista dos datos que manexastes, a nosa lingua está presente ao noso redor? Si. Pensas que é así en todas partes? Non. Que podemos facer para mellorar a súa presenza? : Ø Ø Ø

Datos efectivos: Vitalidade da nosa lingua nas distintas comarcas

Datos efectivos: Vitalidade da nosa lingua nas distintas comarcas

Lemos e comentamos: ¡Mamá, un gallego! “Cando o meu amigo Euxenio me contou o

Lemos e comentamos: ¡Mamá, un gallego! “Cando o meu amigo Euxenio me contou o que lle pasara había uns meses, a verdade é que me deu a risa. Entrou el nunha tenda de electrodomésticos das Travesas e estaba a falar cun dependente cando un neno que ía coa nai sinalouno co dedo e exclamou: "¡mira mamá, un gallego!" Xa me tiña esquecido da anécdota, se non fose porque o outro día estaba eu coa miña filla no parque infantil da Miñoca e un neno de cinco anos, co que acababa de intercambiar algunhas palabras, me fitou dende o alto do tobogán. Cando me tivo ben observado preguntou: "oye, ¿tu eres gallego? ", eu, algo sorprendido, resposteille: "eu si, e ti? ", el, moi seguro de si e seguindo a miña mirada perplexa, foi remarcando: "pues yo soy español. . . de España, ¿sabes? ". Artigo de Xoán Comesaña Pedreira

Noticia publicada en Atlántico Diario o 3 de setembro de 2008. “El Club Financiero

Noticia publicada en Atlántico Diario o 3 de setembro de 2008. “El Club Financiero de Vigo advierte del riesgo empresarial de imponer el idioma gallego Los empresarios dicen tener dificultades para retener o contratar técnicos de otras regiones y países. . . El estudio elaborado por el Club Financiero hace hincapié en los riesgos empresariales del endurecimiento en la exigencia del gallego en la enseñanza, ’sin prácticamente posibilidad de opción de aprender en español’. Así, el informe asegura que ’muchas empresas se están enfrentando a la dificultad de retener o contratar personal cualificado procedente de otras regiones españolas o de otros países, cuya edad se sitúe en la franja de 30 a 50 años y que tengan hijos en edad escolar. De igual forma, se recoge que se están dando casos de profesionales que abandonan Galicia ante la tesitura de tener que formar a sus hijos en una lengua que no es la suya y debido a la imposibilidad de hacerlo en español. . .

E vós que pensades? ØPensades que é certo que non hai practicametne posibilidade de

E vós que pensades? ØPensades que é certo que non hai practicametne posibilidade de estudar en español? ØDáse ese caso de persoas que abandonan o noso país porque non poden educar aos seus fillos en español? ØOu o caso de persoas que abandonan Galicia porque os seus fillos teñen que aprender galego? ØQue pensades destas afirmacións recollidas nese informe?

Datos tirados do último censo elaborado en 2001: ØUn 72, 15 % dos nenos

Datos tirados do último censo elaborado en 2001: ØUn 72, 15 % dos nenos e nenas aos que os seus pais lles falan en galego, ou máis en galego ca castelán, cambiaron a súa lingua para o castelán. ØDo alumnado entre 5 e 16 anos só un 38, 60% falan galego ou máis galego ca castelán cos seus compañeiros de clase. Do alumnado de máis de 17 anos faino o 29, 93 %. ØEntre os 5 e os 16 anos falan galego ou máis galego ca castelán co seu profesorado o 40, 84% e ao pasar de 17 anos soamente o fai o 26, 92%. ØAs persoas de entre 5 e 29 anos só falan galego coas súas amizades o 28, 98%, e fala máis galego ca castelán o 13, 54%.

O informe do Comité de Expertos de Europa sobre o cumprimento da Carta europea

O informe do Comité de Expertos de Europa sobre o cumprimento da Carta europea das Linguas, recolle os seguintes puntos: ØA situación na Educación Infantil é insatisfactoria, “O número de nenos de educación preescolar cubertos por este sistema educativo segue sendo moi baixo (31%)” ØQue se modifique o marco xurídico e que se tomen medidas para incrementar o uso do noso idioma no ámbito da xustiza. Neste caso sinalan que unha deficiente formación universitaria na nosa lingua entre os estudantes de dereito é negativa para que haxa un maior uso do noso idioma no ámbito da xustiza. ØO Comité de Expertos entende tamén que segue sen cumprirse a carta europea das linguas na administración e empraza a que se incremente o número de formularios e textos administrativos na nosa lingua.

Manter vivo o noso idioma, especialmente entre as xeracións máis novas, debe ser un

Manter vivo o noso idioma, especialmente entre as xeracións máis novas, debe ser un dos traballos que, todas e todos, asumamos de cara ao futuro, seguindo a tradición do traballo colectivo. O correlingua quere ser unha ferramenta para ese traballo.

Para escoitar e. . . Bailar!

Para escoitar e. . . Bailar!