Estes dous tipos de oracins tamn son obxecto
Estes dous tipos de oracións tamén son obxecto de debate entre os lingüistas. En latín son bastante doadas de identificar, xa que as conxuncións que as introducen son poucas e non teñen apenas outros usos Nas seguintes diapositivas, coma sempre, aparecen exemplos de cada unha das dúas clases: as concesivas en primeiro lugar e, para rematar, as condicionais
EXEMPLO I Vita Graeca Romānos cepit, quam Roma Graecos vicit
Igual que as causais, as oracións concesivas constan de dous membros necesariamente: nun deles (o que chamamos oración principal) declárase algo que se cumpre a pesar dun obstáculo exposto no outro (que é o introducido polo nexo concesivo). Os dous membros no exemplo proposto son os seguintes: Vita Graeca Romānos cepit quam Roma Graecos vicit oración principal oración concesiva
O esquema da relación sintáctica é o seguinte, idéntico ó das causais: oración PRINCIPAL CONCESIVA SUXEITO PREDICADO NEXO Vita Graeca Romanos cepit quam SUXEITO PREDICADO Roma Graecos vicit
EXEMPLO I Gallaici aliam linguam loquerentur, si in Gallaeciam Romāni non venīrent
Nas condicionais, o membro introducido pola conxunción introduce unha condición para que se cumpra o declarado no outro membro, ou oración principal Gallaici aliam linguam loquerentur si in Gallaeciam Romani non venirent oración principal oración condicional
De novo, o esquema xeral non varía con respecto a outros tipos xa comentados, como as causais ou as concesivas: oración PRINCIPAL SUXEITO Gallaici PREDICADO aliam linguam loquerentur CONDICIONAL NEXO si SUXEITO PREDICADO Romani in Gallaeciam venirent
A pesar de que causais, concesivas e condicionais son tipos de oracións nos que se produce unha relación moi forte entre o membro principal e o introducido pola conxunción, nos textos latinos a situación adoita complicarse, xa que, intercaladas, poden aparecer máis oracións subordinadas (relativas ou sustantivas, por exemplo). De aí a importancia de dividir o texto en unidades máis pequenas: unha vez delimitada cada oración, cada unha delas pode ser analizada, tendo sempre en conta que o senso fundamental do fragmento reside na oración principal
- Slides: 11