ESPAZOS NATURAIS MN Fraga de Catass Chamada tamn

  • Slides: 25
Download presentation
ESPAZOS NATURAIS MN Fraga de Catasós

ESPAZOS NATURAIS MN Fraga de Catasós

Chamada tamén Carballeira ou Souto de Quiroga ou de Quintela. É unha pequena superficie

Chamada tamén Carballeira ou Souto de Quiroga ou de Quintela. É unha pequena superficie de bosque autóctono asentado sobre micacitas metamórficas prehercínicas básicas, que dan lugar a solos pardos ácidos, de alta produtividade forestal. Sitúase a unha altitude aproximada de 550 m sobre o nivel do mar O maior interese deste espazo reside no grande valor biolóxico dos castiñeiros que teñen o fuste máis alto de Europa (algúns sobrepasan os 31 m de altura con case 5 m de perímetro na base). A área pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlánticaeuropea e subprovincia cántabroatlántica, e adscríbese ao sector galaico-portugués.

SITUACIÓN: Ao nordeste da provincia de Pontevedra, en Santiago de Catasós, no concello de

SITUACIÓN: Ao nordeste da provincia de Pontevedra, en Santiago de Catasós, no concello de Lalín (comarca do Deza). SUPERFICIE: 4, 52 ha CONCELLOS: Lalín VALORES NATURAIS: castiñeiros e crballos de grande porte.

PROTECCIÓN -Monumento Natural (12 de abril de 2000) -Formación senlleira "Fraga de Catasós", do

PROTECCIÓN -Monumento Natural (12 de abril de 2000) -Formación senlleira "Fraga de Catasós", do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras (22 de xaneiro de 2015). Fraga de Catasós (imaxe de 1979)

CLIMA De transición entre o dominio climático oceánico de montaña e oceánico húmido con

CLIMA De transición entre o dominio climático oceánico de montaña e oceánico húmido con tendencia á aridez estival, cunha precipitación media anual de 1. 290 mm, unha temperatura media de 12, 7 ºC.

FLORA A fraga está formado maioritariamente por castiñeiros (Castanea sativa) e e carballos (Quercus

FLORA A fraga está formado maioritariamente por castiñeiros (Castanea sativa) e e carballos (Quercus robur) cun rico sotobosque de arbustos (os máis abundantes son as silvas) e diversas herbáceas (anxélicas, estaloques, narcisos. . . )

Castiñeiros de Catasós no verán Altura: 31, 70 e 28, 20 m Perímetro: 3,

Castiñeiros de Catasós no verán Altura: 31, 70 e 28, 20 m Perímetro: 3, 80 e 4, 70 m Diámetro de copa: 13, 50 e 15, 25 m Idade estimada: 100 -150 anos

Castiñeiros de Catasós no inverno (imaxe de 1979)

Castiñeiros de Catasós no inverno (imaxe de 1979)

Castiñeiros de Catasós no inverno

Castiñeiros de Catasós no inverno

Neste corte de toro podemos apreciar o tamaño e a idade das árbores do

Neste corte de toro podemos apreciar o tamaño e a idade das árbores do souto.

O castiñeiro (Castanea sativa) é unha árbore de orixe mediterránea, probablemente do sur de

O castiñeiro (Castanea sativa) é unha árbore de orixe mediterránea, probablemente do sur de Europa. En Galiza atopáronse restos de hai 3. 000 anos, aínda que o seu cultivo foi extendido na época romana. Pode acadar máis de 30 m de altura. O toro é robusto, coas ponlas fortes e case horizontais. A tona é gris, lisa e con algunhas fendas pequenas e verticais de cor máis escura. O castiñeiro precisa de solos frescos e profundos, acedos e ben drenados.

As follas son simples, en forma de lanza (15 x 5 cm), coa beira

As follas son simples, en forma de lanza (15 x 5 cm), coa beira dentada, de cor verde brillante polo dereito e cubertas dun pelo moi fino polo revés, cos nervos moi marcados. O peciolo é cilíndrico e curto (1 -2 cm de lonxitude). No outoo adquiren fermosas cores douradas e pardas.

Durante a floración os castiñeiros presentan un fermoso aspecto ao cubrírense de longas inflorescencias

Durante a floración os castiñeiros presentan un fermoso aspecto ao cubrírense de longas inflorescencias amarelas nas que pasan desapercibidas as pequenas flores femininas agochadas no xerme dos ourizos.

Os froitos (castañas) desenvólvense no interior dunha cúpula espiñenta (ourizo) que abre ao madurar

Os froitos (castañas) desenvólvense no interior dunha cúpula espiñenta (ourizo) que abre ao madurar para deixalas libres.

Carballos (Quercus robur)

Carballos (Quercus robur)

Sotobosque: silvas, fentos. . .

Sotobosque: silvas, fentos. . .

Narciso, amarelle (Narcissus cyclamineus), endémico de Galiza e norte de Portugal

Narciso, amarelle (Narcissus cyclamineus), endémico de Galiza e norte de Portugal

Estalotes (Digitalis purpurea), unha planta velenosa moi común.

Estalotes (Digitalis purpurea), unha planta velenosa moi común.

Amorias, polidrupas da silveira (Rubus…)

Amorias, polidrupas da silveira (Rubus…)

FAUNA É a típica dos bosques mixtos caducifolios: esquíos, ratiños, gato bravo, raposo, ferreiros,

FAUNA É a típica dos bosques mixtos caducifolios: esquíos, ratiños, gato bravo, raposo, ferreiros, petos, gabeadores, picafollas e unha grande variedade de insectos, arañas. . . Gabeador (Certhia brachydactyla)

Parella de bacalouras (Lucanus cervus). Unha especie en perigo de extinción. O escaravello máis

Parella de bacalouras (Lucanus cervus). Unha especie en perigo de extinción. O escaravello máis grande de Europa. Vive nas carballeiras. As larvas pasan de 3 a 5 anos dentro dos toros alimentándose de madeira podre antes de converterse en adultos. A limpeza dos bosques e os incendios estanna a por en perigo.

USO Científico, lecer

USO Científico, lecer

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL -O souto era propiedade da Casa de Quiroga e pasou a propiedade

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL -O souto era propiedade da Casa de Quiroga e pasou a propiedade da Xunta de Galiza en 1998. -Os castiñeiros foron considerados pola FAO como os de mellor porte forestal de Europa na década de 1970.

PROBLEMAS Algúnhas árbores de grande porte están morrendo

PROBLEMAS Algúnhas árbores de grande porte están morrendo

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta Maio 2017

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta Maio 2017