ESPAZOS NATURAIS LIC Monte Faro Incle unha grande

  • Slides: 52
Download presentation
ESPAZOS NATURAIS LIC Monte Faro

ESPAZOS NATURAIS LIC Monte Faro

Inclúe unha grande parte da Serra do Faro, desde as nacentes do rego de

Inclúe unha grande parte da Serra do Faro, desde as nacentes do rego de Enviande (O Monte, Chantada) ata as nacentes do río Comezo, un afluente do Asma (Furco, Carballedo); unha área que destaca polas formacións de monte baixo, as turbeiras e as carballeiras cunha rica flora e fauna asociadas. Terras de Chantada e a Serra do Faro

SITUACIÓN: Na zona centromeridional galega, no linde entre Pontevedra e Lugo (comarcas de Chantada

SITUACIÓN: Na zona centromeridional galega, no linde entre Pontevedra e Lugo (comarcas de Chantada e Deza). Localidades de referencia: Santa Eulalia de Camba, Senra, Asperelo e Couso (Rodeiro); Requeixo e Esmeriz (Chantada); Furco (Carballedo). SUPERFICIE: 2. 988 ha CONCELLOS: Carballedo, Chantada e Rodeiro. VALORES NATURAIS: paisaxe, fragas, monte baixo, flora e fauna. . .

PROTECCIÓN • Lugar de importancia comunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004 • Zona

PROTECCIÓN • Lugar de importancia comunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004 • Zona especial de conservación (ZEC), 31 de marzo de 2014 Aba oeste do Faro

CLIMA Oceánico húmido, con invernos fríos.

CLIMA Oceánico húmido, con invernos fríos.

XEOLOXÍA/RELEVO O espazo forma parte da Dorsal Galega e forma parte por completo da

XEOLOXÍA/RELEVO O espazo forma parte da Dorsal Galega e forma parte por completo da serra do Faro. O relevo é de formas suaves e achairadas nos cumes, con abas redondeadas e abundantes fallas que están ocupadas por ríos pouco encaixados. Serra do Faro desde Asperelo (Rodeiro)

As rochas máis comúns son os xistos, os granitos de dúas micas e as

As rochas máis comúns son os xistos, os granitos de dúas micas e as granodioritas.

SERRA DO FARO Esténdese con dirección norte-sur entre as serras do Farelo (ao norte)

SERRA DO FARO Esténdese con dirección norte-sur entre as serras do Farelo (ao norte) e a Martiñá (ao sur). Os cumes máis destacados neste espazo son O Faro (1. 187 m), o Coto Salgueiro (1. 071 m) e o Preguntoiro (1. 063 m).

Panorámica da vertente leste da serra do Faro desde Cartelos (Carballedo)

Panorámica da vertente leste da serra do Faro desde Cartelos (Carballedo)

O Monte Faro de Chantada, é o cume máis alto da Dorsal Galega e

O Monte Faro de Chantada, é o cume máis alto da Dorsal Galega e da provincia de Pontevedra

O Preguntoiro e o monte Faro

O Preguntoiro e o monte Faro

Cume do Faro

Cume do Faro

Cume do Faro

Cume do Faro

A serra do Faro desde Rodeiro

A serra do Faro desde Rodeiro

Vista desde o Faro cara ao sur. A serra é un espléndido miradoiro sobre

Vista desde o Faro cara ao sur. A serra é un espléndido miradoiro sobre as terras da contorna.

Vista desde o Faro cara ao leste (Chantada)

Vista desde o Faro cara ao leste (Chantada)

Vista desde o Faro cara ás terras de Chantada.

Vista desde o Faro cara ás terras de Chantada.

Primavera na serra do Faro

Primavera na serra do Faro

Monte da Chaira desde Asperelo (Rodeiro)

Monte da Chaira desde Asperelo (Rodeiro)

REDE FLUVIAL A serra do Faro fai de divisoria de dúas concas galegas importantes,

REDE FLUVIAL A serra do Faro fai de divisoria de dúas concas galegas importantes, a do Miño e a do Ulla. Na aba oriental fórmanse as cabeceiras de varios afluentes do Miño: Enviande, A Lama e Asma. Na aba occidental nacen numerosos afluentes do Asma (Ulla): Albodrón (Rodeiro), As Leiras, Porto Seara, Fontao, Valbón. . .

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE -Ríos dos pisos basal a

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE -Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho. Batrachion -Queirogais secos europeos -Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea -Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae) -Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino -Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis) -Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos -Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica -Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi. Veronicion dillenii -Covas non explotadas polo turismo -Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae) -Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica

Repoboación mixta con piñeiros e bidueiros

Repoboación mixta con piñeiros e bidueiros

FLORA A maior parte do terreo está ocupado por toxos, xestas, breixos, uces e

FLORA A maior parte do terreo está ocupado por toxos, xestas, breixos, uces e carqueixas. Nos cumes chans e húmidos hai pasteiros e turbeiras. Conserva bosques de bidueiros mesturados con carballos nas partes máis altas e de carballos, rebolos, pereiras bravas, estripos e algún acivro nos vales. Nas beiras dos ríos e regatos mantén pequenos bosques de ribeira. Unha parte está ocupada por especies de repoboación.

Carballeiras

Carballeiras

Bosques no inverno

Bosques no inverno

Follas de carballo no outono. Nas abas da serra abondan as carballeiras onde se

Follas de carballo no outono. Nas abas da serra abondan as carballeiras onde se atopan exemplares de grande porte.

Pereira brava (Pyrus cordata). Abonda en forma de arbusto e pequena árbore en todos

Pereira brava (Pyrus cordata). Abonda en forma de arbusto e pequena árbore en todos os espazos arborados da serra.

Os toxos ocupan grandes espazos que na floración cobren os montes coa cor amarela

Os toxos ocupan grandes espazos que na floración cobren os montes coa cor amarela das súas flores

Breixo (Erica cinerea). É o breixo máis común en Galiza. Florece de maio a

Breixo (Erica cinerea). É o breixo máis común en Galiza. Florece de maio a setembro.

Breixo de turbeira (Erica tetralix), típico das zonas húmidas dos cumes. Breixo (Calluna vulgaris)

Breixo de turbeira (Erica tetralix), típico das zonas húmidas dos cumes. Breixo (Calluna vulgaris) Queiruga ou breixo (Daboecia cantabrica). Endemismo do oeste de Europa. É o breixo de flores máis grandes.

Xesta branca (Cytisus multiflorus)

Xesta branca (Cytisus multiflorus)

Arenaria montana

Arenaria montana

ESPECIES DE INTERESE Cladonia subgenus Cladina Narcissus bulbocodium Narcissus triandrus Sphagnum spp. Narcissus bulbocodium

ESPECIES DE INTERESE Cladonia subgenus Cladina Narcissus bulbocodium Narcissus triandrus Sphagnum spp. Narcissus bulbocodium

Repoboación con bidueiros e piñeiros rubios

Repoboación con bidueiros e piñeiros rubios

Repoboación con piceas

Repoboación con piceas

FAUNA As especies máis comúns na serra do Faro son as de espazos abertos

FAUNA As especies máis comúns na serra do Faro son as de espazos abertos (prados, matogueiras), turbeiras e bosques. Destaca a variedade de aves, anfibios e insectos.

ESPECIES DE INTERESE MAMÍFEROS Barbastella barbastellus Canis lupus Eptesicus serotinus Genetta genetta Mustela erminea

ESPECIES DE INTERESE MAMÍFEROS Barbastella barbastellus Canis lupus Eptesicus serotinus Genetta genetta Mustela erminea Mustela putorius Myotis myotis Pipistrellus pipistrellus Pipistrellus pygmaeus Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros Lobo (Canis lupus signatus). Un mamífero habitual na serra do Faro.

AVES Accipiter gentilis Accipiter nisus Aegithalos caudatus Alauda arvensis Alectoris rufa Anthus spinoletta Anthus

AVES Accipiter gentilis Accipiter nisus Aegithalos caudatus Alauda arvensis Alectoris rufa Anthus spinoletta Anthus trivialis Apus apus Athene noctua Buteo buteo Caprimulgus europaeus Certhia brachydactyla Circus cyaneus Circus pygargus Columba livia Columba palumbus Corvus corone Coturnix coturnix Cuculus canorus Delichon urbica Dendrocopos major Emberiza cia. . . Polos de dous días de avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus). Ave pouco común e menos coñecida polos seus hábitos nocturnos. Peto real (Dedrocopos major). En Galiza é bastante común e sedentario.

. . . Emberiza cirlus Erithacus rubecula Falco subbuteo Falco tinnunculus Garrulus glandarius Hippolais

. . . Emberiza cirlus Erithacus rubecula Falco subbuteo Falco tinnunculus Garrulus glandarius Hippolais polyglotta Hirundo rustica Lanius collurio Lanius meridionalis Lullula arborea Milvus migrans Monticola saxatilis Motacilla alba Motacilla cinerea Oriolus oriolus Parus ater Parus caeruleus Parus cristatus Parus major Pernis apivorus Phoenicurus ochruros Phylloscopus ibericus. . . Paporrubio (Erithacus rubecula)

. . . Pica pica Picus viridis Prunella modularis Ptyonoprogne rupestris Pyrrhula pyrrhula Regulus

. . . Pica pica Picus viridis Prunella modularis Ptyonoprogne rupestris Pyrrhula pyrrhula Regulus ignicapilla Saxicola torquata Sitta europaea Streptopelia turtur Strix aluco Sylvia atricapilla Sylvia borin Sylvia communis Sylvia melanocephala Sylvia undata Troglodytes troglodytes Turdus merula Turdus philomelos Turdus viscivorus Tyto alba Upupa epops Papuxa montesa (Sylvia undata) Papuxa cabecinegra (Sylvia melanocephala)

RÉPTILES Anguis fragilis Chalcides striatus Lacerta lepida Natrix maura Natrix natrix Podarcis hispanica Psammodromus

RÉPTILES Anguis fragilis Chalcides striatus Lacerta lepida Natrix maura Natrix natrix Podarcis hispanica Psammodromus algirus Rhinechis scalaris Femia de lagarta dos penedos (Podarcis hispanica)

ANFIBIOS Alytes obstetricans Bufo calamita Chioglossa lusitanica Discoglossus galganoi Hyla arborea Rana iberica Rana

ANFIBIOS Alytes obstetricans Bufo calamita Chioglossa lusitanica Discoglossus galganoi Hyla arborea Rana iberica Rana perezi Triturus helveticus Triturus marmoratus Parella de sapos comúns (Bufo bufo)

INVERTEBRADOS Lucanus cervus Araña cangrexo nuns estalotes. Os pequenos animais, que pasan habitualmente desapercibidos,

INVERTEBRADOS Lucanus cervus Araña cangrexo nuns estalotes. Os pequenos animais, que pasan habitualmente desapercibidos, son un dos atractivos dos espazos naturais, onde podemos contemplalos de preto. Bacaloura (Lucanus cervus). É o insecto galego máis grande. As mandíbulas do macho, grandes e fortes, son a arma coa que loitan para conseguir as femias. A súa eiruga vive durante varios anos no interior do toro dos carballos, e outras árbores, alimentándose de madeira. É un animal en perigo de extinción.

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE MAMÍFEROS Barbastella barbastellus Eptesicus serotinus Myotis myotis

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE MAMÍFEROS Barbastella barbastellus Eptesicus serotinus Myotis myotis Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros RÉPTILES Lacerta schreiberi ANFIBIOS Chioglossa lusitanica Discoglossus galganoi Hyla molleri Triturus marmoratus INVERTEBRADOS Lucanus cervus Estroza ou rela (Hyla molleri)

CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS MAMÍFEROS Myotis myotis Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros AVES Circus

CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS MAMÍFEROS Myotis myotis Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros AVES Circus cyaneus Circus pygargus ANFIBIOS Chioglossa lusitanica Hyla molleri Rana iberica Morcego grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum)

ACTIVIDADES Agricultura, gandaría, forestal, enerxía eólica

ACTIVIDADES Agricultura, gandaría, forestal, enerxía eólica

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL A zona estivo habitada desde tempos moi antigos e na serra atopáronse

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL A zona estivo habitada desde tempos moi antigos e na serra atopáronse mámoas prehistóricas. A Ermida do Faro foi construída no século XVII sobre restos doustras anteriores das que se descoñece a orixe. A Virxe do Faro é de moita devoción na comarca con romerías o 15 de agosto e o 8 de setembro. Os últimos osos exclusivamente galegos viviron ata comezos de século na serra do Faro e no veciño val de Oseira. Ermida do Faro

O xoglar medieval Xoán de Requeixo dedicoulle varias cantigas á romería do Faro. Fui

O xoglar medieval Xoán de Requeixo dedicoulle varias cantigas á romería do Faro. Fui eu, madr', em romaria a Faro com meu amigo e venho del namorada por quanto falou comigo, ca mi jurou que morria por mi, tal bem mi queria. Leda venho da ermida e desta vez leda serei, ca falei com meu amigo que sempre [muito] desejei, ca mi jurou que morria por mi, tal bem mi queria.

PROBLEMAS • Incendios forestais • Repoboación con especies alóctonas • Parques eólicos

PROBLEMAS • Incendios forestais • Repoboación con especies alóctonas • Parques eólicos

PUNTOS DE INTERESE CARBALLEDO Nacentes do río Comezo (Asma) CHANTADA Ermida da Nosa Señora

PUNTOS DE INTERESE CARBALLEDO Nacentes do río Comezo (Asma) CHANTADA Ermida da Nosa Señora do Faro Igrexa de San Miguel do Monte Carballeiras de Requeixo, Gordón, Freán. . . RODEIRO Carballeiras do rego de Vilaxuste Carballeiras nas abas do Faro en Chantada

Igrexa de Dan Miguel (O Monte, Chantada)

Igrexa de Dan Miguel (O Monte, Chantada)

Montaxe: Adela Leiro, Mon Daporta maio 2017

Montaxe: Adela Leiro, Mon Daporta maio 2017