ESPAZOS NATURAIS LIC A Ramallosa Situado na desembocadura
ESPAZOS NATURAIS LIC A Ramallosa
Situado na desembocadura dos ríos Miñor e da Groba, entre as puntas Lourido e Santa Marta. Inclúe as marismas da parte final do esteiro e a frecha da praia de Ladeira ou Sabarís. Este pequeno espazo, ben abrigado e de augas tranquilas e mornas, está condicionado pola dinámica das mareas que o anegan e o deixan ao descuberto periodicamente.
SITUACIÓN: desembocadura do río Miñor, na parte más interna da ría ou enseada de Baiona, situada no extremo suroeste da ría de Vigo. Localidades de referencia: A Ramallosa, Baiona. SUPERFICIE: 92 ha CONCELLOS: Baiona e Nigrán VALORES NATURAIS: dunas, esteiros e marismas, aves acuáticas. . .
Hai un proxecto de ampliación pendente de aprobar que inclúe a parte interior do esteiro, na zona coñecida como As Ínsuas.
PROTECCIÓN -Lugar de importancia comunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004 -Zona especial de conservación (ZEC), 31 de marzo de 2014
CLIMA Atlántico con invernos suaves e verán cálidos.
XEOLOXÍA O territorio do espazo protexido está formado na súa maior parte por sedimentos limosos ou areosos e unha pequena área por costa rochosa de baixa altura de granitos e xistos.
MARISMAS DA RAMALLOSA Formado pola conxunción dos esteiros dos ríos Miñor e Groba e protexida do mar aberto pola barra areosa da praia Ladeira. Vista desde o monte Lourido: de fronte o Miñor e á dereita o Groba
RÍO MIÑOR Fórmase pola conxunción dos ríos de Zamáns e Morgadáns, que recollen as augas da serra do Galiñeiro. Ten un percorrido sinuoso por terreos dos concellos de Nigrán e Baiona formando o Val Miñor. Despois de 16 km desauga en Sabarís (esteiro da Ramallosa). Unha barra de area (praia de Ladeira) pecha parcialmente a desembocadura. Desembocadura do Miñor, entre a punta da praia Ladeira e o monte Lourido
Ponte da Ramallosa, ou ponte da Xunqueira do século XIII, compartida entre Nigrán e Baiona.
Desembocadura do Miñor
RÍO DA GROBA Nace na serra da Groba e despois dun percorrido moi encaixado desemboca no esteiro da Ramallosa, en Sabarís, moi preto do Miñor. A maior parte do seu percorrido está ocupado por construcións e muros e circula practicamente por unha canle artificial que acusa moito as enchentes en épocas de chuvias abundantes.
PRAIA LADEIRA ou de SABARÍS Asentada sobre unha frecha que tapa parcialmente a desembocadura do Miñor. Conserva un sistema dunar moi alterado pola presión humana. Enseada de Baiona e praia Ladeira, asentada na frecha que pecha o esteiro da Ramallosa
TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE -Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda -Esteiros -Chairas lamacentas ou areentas que non están cubertos de auga na baixamar -Grandes calas e baías pouco profundas -Arrecifes -Vexetación anual sobre argazos -Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas -Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areentas -Pasteiros de Spartina (Spartinion maritimi) -Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae) -Matogueiras halófilas mediterráneas e termoatlánticas (Sarcocornetea fructicosae) -Dunas móbiles embrionarias -Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas) -Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises)
-Depresións intradunales húmidas -Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho. Batrachion -Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae) -Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino -Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis) -Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica -Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi. Veronicion dillenii -Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae).
As marismas son ecosistemas húmidos costeiros dun grande valor ecolóxico. Nelas conflúen a auga doce dos ríos coa salgada do mar e están variando periodicamente co abalar e debalar das mareas o que determina un ambiente onde varía a salinidade e a temperatura da auga ao longo do día e amplas zonas quedan en seco.
Vista coa marea chea
Areais da Ramallosa coa marea baixa
FLORA A vexetación que se asenta nos fondos das marismas resiste ben a inmersión e as augas salobres. Aquí atópanse plantas moi especializadas como as sebas, a espartinas, a herba coral, os xuncos ou a estreliña das xunqueiras. Nas dunas podemos atopar feo da praia, cardo mariño, rabo de lebre, correola. . . ESPECIES DE INTERESE Nanozostera noltii Rumex rupestris CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS Rumex rupestris Seba (Nanozostera noltii)
Xunco mariño. Forma grandes pradeiras nas marismas que so cobre ocasionalmente a marea. A Spartina maritima soporta as inmersións periódicas das mareas, aínda que case nunca queda cuberta totalmente pola auga.
Estreliña das xunqueiras (Aster tripolium). Atópase na beira das xunqueiras e nas marismas.
Cardo mariño (Eryngium maritimum). Vive nas dunas e praias.
Rabo de lebre (Lagurus ovatus). Atópase nas dunas.
Os bochos e os verdellos son algas que viven en lugares tranquilos e pouco fondos. Soportan a exposición solar directa e a desecación no intermareal.
Pirixel do mar (Crithmun maritimum) As rochas da zona supralitoral atópanse cubertas por varias clases de liques.
FAUNA As especies mariñas viven enterradas nos substratos lamacentos (miñocas, berberechos, ameixas) ou agochadas nas pequenas pozas e nas algas (cangrexos, caramuxos, caracolas). Son habituais cando sobe a marea os peixes planos, os muxes, as xibas. . . e no tempo de desove son moitos os peixes e moluscos que se achegan aquí para facelo. Todo este rico ecosistema serve de soporte a unha grande variedade de aves acuáticas, en especial limícolas, anátidas e ardeidas.
Coa marea baixa queda ao descuberto unha ampla área de zonas lamacentas e areosas onde viven unha grande diversidade de invertebrados que serven de alimento a numerosas aves mariñas, especialmente limícolas, que teñen nesta zona unha importante área de descanso, sobre todo no inverno. Coa subida da marea convértese nun lugar recollido ideal para o descanso da aves acuáticas. A zona é tamén un importante criadeiro de moluscos. Limícolas alimentándose de pequenos animais entre as algas da praia Ladeira
Os vermes atopan nas zonas areosas lamacentas ricas o lugar ideal para o seu desenvolvemento. Nos lugares areoso fangosos como as marismas da Ramallosa son habituais estas formacións, produto da a expulsión de resíduos dos cagóns (Arenicola marina) que se alimentan filtrando os sedimentos, co que contribúen a sanear o terreo e eliminar materia orgánica.
Cangrexo (Carcinus maenas)
ESPECIES DE INTERESE MAMÍFEROS Globicephala melas Lutra lutra Myotis myotis Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros Lontra (Lutra lutra)
AVES Accipiter gentilis Accipiter nisus Acrocephalus paludicola Actitis hypoleucos Aegithalos caudatus Alauda arvensis Alcedo atthis Anas platyrhynchos Anthus trivialis Apus apus Ardea cinerea Athene noctua Buteo buteo Calidris alba Calidris alpina Calidris maritima Caprimulgus europaeus Certhia brachydactyla Cettia cetti Charadrius hiaticula Cisticola juncidis Columba palumbus Corvus corone Delichon urbica Garza real (Ardea cinerea)
Dendrocopos major Egretta garzetta Emberiza cirlus Erithacus rubecula Falco subbuteo Falco tinnunculus Garrulus glandarius Haematopus ostralegus Hippolais polyglotta Hirundo rustica Larus argentatus Larus cachinnans Larus canus Larus fuscus Larus marinus Larus melanocephalus Larus ridibundus Limosa lapponica Lullula arborea Motacilla alba Motacilla cinerea Motacilla flava Otus scops Parus ater Parus caeruleus Gabitas (Haematopus ostralegus)
Parus major Phoenicurus ochruros Phylloscopus ibericus Pica pica Picus viridis Pluvialis squatarola Prunella modularis Pyrrhula pyrrhula Rallus aquaticus Saxicola torquata Sterna hirundo Sterna sandvicensis Streptopelia decaocto Streptopelia turtur Strix aluco Sylvia atricapilla Sylvia communis Sylvia melanocephala Tachybaptus ruficollis Tachymarptis melba Turdus merula Turdus philomelos Tyto alba Rascón (Rallus aquaticus)
RÉPTILES Anguis fragilis Chalcides striatus Coronella girondica Timon lepidus Lacerta schreiberi Natrix maura Natrix natrix Podarcis hispanica Rhinechis scalaris Lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica)
ANFIBIOS Alytes obstetricans Bufo calamita Discoglossus galganoi Hyla molleri Lissotriton boscai Pelophyllax perezi Triturus marmoratus Sapiño pinto (Discoglossus galganoi)
INVERTEBRADOS Nucella lapillus Patella ulyssiponensis Corniño (Nucella lapillus)
CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS MAMÍFEROS Myotis myotis Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros ANFIBIOS Hyla arborea Estroza ou rela (Hyla arborea)
ACTIVIDADES -Marisqueo -Lecer Praia Ladeira (Sabarís, Baiona)
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL -A zona estivo densamente poboada desde tempos moi antigos. PONTE DA RAMALLOSA Situada sobre o río Miñor entre A Ramallosa (Nigrán) e Santa Cristina da Ramallosa (Baiona). Datada no s XV, de estilo de transición do románico ao gótico. Na metade da ponte consérvase un cruceiro, cunha imaxe de san Telmo, patrón dos navegantes e un peto de ánimas. -Arredor da ponte da Ramallosa consérvanse varias lendas e tradicións. Ata hai poucas décadas, xunto desta ponte celebrábanse ritos relacionados coa fertilidade. Segundo a tradición, a muller encinta que non lograba ter fillos tiña que botar sobre o seu ventre auga do río, ás 12 da noite, debendo apadriñar a criatura a primeira persoa que atravesase a ponte despois do conxuro.
PROBLEMAS -Vertidos urbáns e industriais -Presión humana e urbanística -Especies invasoras
PUNTOS DE INTERESE BAIONA -Praia Ladeira -Esteiro Praia Ladeira con Baiona ao fondo
NIGRÁN -Paseo pola beira do esteiro Ponte da Ramallosa, no linde do espazo protexido
Montaxe: Adela Leiro, Mon Daporta Actualizado en setembro de 2017
- Slides: 44