ESPAZOS NATURAIS Lagoa de Sobrado A lagoa de
ESPAZOS NATURAIS Lagoa de Sobrado
A lagoa de Sobrado é unha masa de auga de orixe artificial de pouca fondura (1, 5 m de media) froito da construción dun dique para a contención, almacenamento e aproveitamento de augas de varios regatos (Rodelo, Fontevirtú…) que forman parte das fontes do río Tambre. Ten poucas variacións estacionais. Despois de cinco séculos aparece perfectamente naturalizada e forma un ecosistema acuático de grande importancia a nivel botánico e faunístico. Constitúe o arranque do corredor ecolóxico que forma o río Tambre e serve de conexión coa bacía do río Mandeo, que nace a pouca distancia.
Superficie: 111. 2000 m 2 Volume de auga: 128. 633 m 3 Profundidade máxima: 5, 5 m Dimensións máximas: 502 x 309 m
SITUACIÓN: No concello de Sobrado (Comarca de Terras de Melide) SUPERFICIE: 10 ha CONCELLOS: Sobrado dos Monxes VALORES NATURAIS: Ecosistemas acuáticos, especies vexetais e aves
PROTECCIÓN -Zona Húmida de Interese Europeo -En 2003 fora incluída no inventario de humidais de Galiza realizado pola Consellería de Medio Ambiente e máis tarde contemplada na Proposta de Ampliación da Rede Natura. -No Plan Hidrolóxico de Galiza proponse a súa designación como “zona húmida de especial interese para a súa conservación”.
CLIMA Oceánico húmido
Lagos de Os Millares, nas proximidades da de Sobrado
FLORA A lagoa está rodeada de prados e dun bosque caducifolio de bidueiros, ameneiros, freixos, carballos e sabugueiros. Desde o punto de vista botánico está considerada como enclave de especial interese no que se localizan plantas acuáticas que foron catalogadas como taxóns singulares. Trevos de auga e ambroíños
Salgueiros e amieiras
Salgueiros, espadanas, trevos de auga e ambroíños
Salgueiros
ESPECIES DE INTERESE -herbas lameiriñas (Callitriche palustre e C. stagnalis) -herba do maná (Glyceria fluitans) -Ceratophyllum demersum -lentella de auga (Lemna minor) -Myriophyllum alterniflorum -xunco (Juncus bulbosus) -ambroíño de río (Nymphaea alba) -espigas de auga (Potamogeton natans e P. polygonifolium) -herbas da prata (Ranunculus omiophyllus e R. peltatus supsp. fucoides) -Ricia fluitans -Utricularia australis, U. Minor, U. vulgaris - Baldellia ranunculoides (moi rara en Galiza) -Carum verticillatum -Eleocharis multicaulis e E. palustris -platanaria (Sparganium erectum susp. neglectum) -trevo de auga (Menyanthes trifoliata) -Destaca a presenza de dúas especies de interese europeo: o fento Isoetes velatum e a alga Nitella flexilis.
Os ambroíños de río (Nynphaea alba) cobren coas súas follas extensas zonas partes menos fondas da lagoa e salpícana de branco no verán coas súas flores de ata 15 cm de diámetro.
Ambroíño de río (Nynphaea alba)
Trevo de auga (Menyantes trifoliata), planta pouco común en Galiza, abundante na lagoa de Sobrado
Trevo de auga (Menyantes trifoliata)
Utricularia australis, unha planta que captura pequenos animais acuáticos.
Herba do maná (Glyceria fluitans)
Carex paniculata
A lagoa é un dos primeiros enclaves nos que foi localizada dentro da Península Ibérica a alga carófita Nitella flexilis, que serve de indicador da boa calidade da auga. Actualmente coñécese a presenza desta especie cosmopolita en numerosos puntos da Península. Utilízase nos laboratorios como organismo modelo polo grande tamaño da súas células e polo seu doado cultivo. A Nitella flexilis foi atopada en Sobrado por Montserrat Comelles en 1980 e forma praderías somerxidas que conforman o hábitat de interese comunitario 3140 Augas oligomesotróficas calcáreas con vexetación béntica de Chara spp.
Caltha palustris
Cardamine pratensis
FAUNA A Lagoa de Sobrado acolle unha importante poboación de aves acuáticas invernantes, sobre todo anátidas, asimesmo destaca a presenza dun bo número de especies de anfibios e insectos. É un dos importantes enclaves galegos para a cerceta real e a galiñola negra común.
ESPECIES DE INTERESE MAMÍFEROS -Lontra (Lutra lutra) -Tourón (Mustela putoris) -Teixugo (Meles meles) -Algaria (Genetta genetta) -Denociña (Mustela nivalis) -Esquío (Sciurus vulgaris) -Rata de auga (Arvicola sapidus) -Leirón careto (Elyomis quercinus) -Raposo (Vulpes vulpes) -Xabarín (Sus scrofa) Lontra (Lutra lutra)
AVES (*sedentarias) -Mergullón cristado (Podiceps cristatus)* -Mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis)* -Corvo mariño real (Phalacrocorax carbo) -Garza real (Ardea cinerea) -Cerceta real (Anas crecca) -Lavanco real (Anas platyrhynchos)* -Pato cullerete (Anas clypeata) -Parrulo chupón (Aythya ferina) -Parrulo cristado común (Aythya fuligula) -Galiña de río (Gallinula chloropus)* -Galiñola negra común (Fulica atra)* -Rascón de auga (Rallus aquaticus)* -Bilurico bailón (Actitis hypoleucos) -Martiño peixeiro (Alcedo atthis) Lavanco femia cos seus parruliños
Lavancos (Anas platyrhynchos), machos.
Parella de mergullóns (Podiceps cristatus)
Galiñola negra (Fulica atra). Constrúe un niño que aboia entre a vexetación da lagoa.
Nos prados arredores pódense ver: -Píllara dourada europea (Pluvialis apricaria) -Avefría europea (Vanellus vanellus) -Becacina cabra (Gallinago gallinago) Avefría europea (Vanellus vanellus)
Rapinas: -miñato común (Buteo buteo) -falcón pequeno (Falco subbuteo) -miñato queimado (Milvus migrans) -aguia caudal (Hieraaetus pennatus) -aguia peixeira (Pandion haliaetus) Miñato común (Buteo buteo)
Paxaros: -Carriza (Troglodytes troglodytes) -Ferreiriño subeliño (Aegithalos caudatus) -Ferreiriño común (Parus ater) Ferreiriño subeliño (Aegithalos caudatus)
RÉPTILES -Cobra lagarteira común (Coronella austriaca) -Cobra de colar (Natrix natrix) -Víbora de Seoane (Vipera seoanei) -Escáncer (Anguis fragilis) Cobra de colar (Natrix natrix)
ANFIBIOS -Pintafontes verde (Triturus marmoratus) -Pintafontes palmado (Lissotriton helveticus) -Sapo común (Bufo bufo) -Estroza ou rela (Hyla molleri) -Ra verde (Pelophylax perezi) -Ra patilonga (Rana iberica) -Ra vermella (Rana temporaria) As lagoas ofrecen excelentes condicións para o desenvolvemento dos anfibios, por eso é habitual atopar nelas, ou nas súas proximidades, unha grande cantidade de rás, sapos e pintafontes. Ra verde (Pelophylax perezzi)
PEIXES -Troita (Salmo trutta)
INVERTEBRADOS Hai unha gran variedade de especies entre as que destacan os odonatos (libeliñas e cabaliños do demo): -Enallagma cyathigerum -Libellula quadrimaculata -Pyrrhosoma nymphula -Coenagrion puella -Anax imperator -Lestes viridis -Erythromma lindenii -Erythromma viridulum -Cordulegaster boltonii -Sympecma fusca -Sympetrum fonscolombii -Crocothemis erythraea -Ischnura graellsii Cabalo do demo (Libellula quadrimaculata)
ACTIVIDADES -Subministro de auga -Observatorio natural
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL A lagoa de Sobrado foi construída polos monxes do mosteiro entre os anos 1500 e 1530, represando as augas de varios regatos que forman as fontes do río Tambre para levar auga ao mosteiro, regar os prados, mover os muíños e abastecerse de troitas. O dique foi ampliado e reforzado en 1950 ao construíse a estrada.
En 1992 a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) asinou un acordo de custodia da lagoa co seu titular, o Convento de Sobrado dos Monxes, por un período de 10 anos, co obxectivo de realizar actividades de conservación, científicas e de divulgación ambiental e máis tarde mercou dúas fincas na ribeira da lagoa. Nunha delas instalou un observatorio ornitolóxico, e a outra foi reforestada con especies autóctonas. O proxecto incluía tamén un centro de interpretación que non se chegou a construír. No ano 2010 cedeu estas propiedades á Fundación Fragas do Mandeo que se ocupa do mantemento.
-O Camiño de Santiago pasa á beira da lagoa
PROBLEMAS Especies invasoras: -visón americano (Neovison) -galápago americano (Trachemys scripta). Galápago americano (Trachemys scripta)
PUNTOS DE INTERESE -Observatorio de aves e pasarela na beira norte da lagoa
-Lagoa de Millares (0, 4 hectáreas). Tamén artificial, construída para encorar auga para un muíño. -Mosteiro de Sobrado dos Monxes. Fundado no ano 952, no século XII foi refundado por monxes cistercienses procedentes de Francia, que desenvolveron unha grande actividade espiritual e económica ata o seu declive no século XIX. As edificacións actuais son o resultado das reformas realizadas entre os séculos XVI e XVIII. Actualmente está ocupado por monxes beneditinos. -Carballeira da casa do Gado, con varias árbores senlleiras: freixos, carballos, eucaliptos. . . Mosteiro de Sobrado
Muíño do mosteiro de Sobrado
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta Abril 2017
- Slides: 60