ESPAZOS NATURAIS A Marronda Incle parte dos vales

  • Slides: 30
Download presentation
ESPAZOS NATURAIS A Marronda

ESPAZOS NATURAIS A Marronda

Inclúe parte dos vales do curso alto do río Eo, a marxe dereita do

Inclúe parte dos vales do curso alto do río Eo, a marxe dereita do río Martín e o seu afluente Souto e as fragas que os rodean. É unha área con fragas autóctonas de tipo montañoso de grande valor ecolóxico situadas na cunca alta do río Eo, no comezo das serras Orientais en alturas de ata 900 m. O relevo é accidentado con fortes desniveis. EXTENSIÓN: 1. 211, 97 ha CONCELLOS: Baleira, A Fonsagrada PROTECCCIÓN: LIC, ZEPVN VALORES NATURAIS: fragas, río, bosque de ribeira. . .

Prados na parte alta do espazo protexido.

Prados na parte alta do espazo protexido.

A fraga cobre a ladeira norte do Monte da Marronda (864 m) e os

A fraga cobre a ladeira norte do Monte da Marronda (864 m) e os vales do río Martín e Souto.

Fraga da Marronda na primavera

Fraga da Marronda na primavera

Interior da fraga da Marronda

Interior da fraga da Marronda

O río Eo nace na aba oriental da Serra do Mirador a partir de

O río Eo nace na aba oriental da Serra do Mirador a partir de varios regos que se xuntan en Fonteo a 680 m de altitude, discorre en dirección leste por profundos vales cubertos de frondosos bosques e ao topar cos montes da Lastra cambia a dirección cara ao norte.

Fervenza de San Paio No lugar de San Paio, na parroquia de Cubilledo (Baleira),

Fervenza de San Paio No lugar de San Paio, na parroquia de Cubilledo (Baleira), no río Eo. Ten unha altura de 8 a 10 m en lousas e está un pouco modificada pola presa do muíño.

O Eo en San Paio (Cubilledo-Baleira)

O Eo en San Paio (Cubilledo-Baleira)

O Eo na Pena da Volta. Na Cortevella o Eo vese abrigado a rodear

O Eo na Pena da Volta. Na Cortevella o Eo vese abrigado a rodear con varias voltas sucesivas de case 360º uns saíntes de cuarcita. Na área hai un mirador, un muíño, ouriceiras e un sendeiro acondicionado que permite percorrela.

Fervenza no rego de Cubilledo, ao pé da súa desembocadura no Eo, nas proximidades

Fervenza no rego de Cubilledo, ao pé da súa desembocadura no Eo, nas proximidades do espazo protexido.

O río Martín nace na Serra do Mirador (Monte Salgueiriño) e xúntase co Eo

O río Martín nace na Serra do Mirador (Monte Salgueiriño) e xúntase co Eo na zona de Santalla. Baixa por un val estreito e profundo no que se asenta parte da fraga da Marronda. Val do Martín. Á esquerda a fraga da Marronda.

Fervenza no rego do Souto, afluente do Martín que corre polo fondo da fraga

Fervenza no rego do Souto, afluente do Martín que corre polo fondo da fraga da Marronda.

As árbores máis comúns na fraga son: carballos, capudres, abelairas, bidueiros, carbas, acivros, maceiras

As árbores máis comúns na fraga son: carballos, capudres, abelairas, bidueiros, carbas, acivros, maceiras bravas, pereiras bravas, faias. . . Nas zonas máis baixas e próximas ás poboacións hai castiñeiros e pradairos. No sotobosque hai uz branca, arandeira, estripo, sanguiño, hedra, piorno, xesta, herba salgueira, silvas, fentos. . . Nas beiras dos ríos: ameneiros, salgueiros, freixos, bidueiros, pradairos, hedras, fento macho e femia, dentabrú, blechno. . .

A fraga a comezos do outono

A fraga a comezos do outono

Capudre ou cancereiro (Sorbus aucuparia)

Capudre ou cancereiro (Sorbus aucuparia)

Faia (Fagus sylvatica)

Faia (Fagus sylvatica)

Arandeiras, brións, hedras. . . rodean os vellos toros

Arandeiras, brións, hedras. . . rodean os vellos toros

Brións, fentos, luzullas, allium… nas beiras do rego do Souto.

Brións, fentos, luzullas, allium… nas beiras do rego do Souto.

Liques. As boas condicións ambientais maniféstanse no desenvolvemento que acadan os liques.

Liques. As boas condicións ambientais maniféstanse no desenvolvemento que acadan os liques.

Fentos (Osmunda regalis), molinias e eupatorio.

Fentos (Osmunda regalis), molinias e eupatorio.

Fontinalis. Un brión que vive mergullado nas augas limpas das nacentes.

Fontinalis. Un brión que vive mergullado nas augas limpas das nacentes.

Hypericum androsemum

Hypericum androsemum

Chrysosplenium oppositifolium, medra en paredes húmidas e beiras de regatos.

Chrysosplenium oppositifolium, medra en paredes húmidas e beiras de regatos.

Herba canuda (Equisetum sp. ) nas beiras do Eo. Os equisetos son plantas sen

Herba canuda (Equisetum sp. ) nas beiras do Eo. Os equisetos son plantas sen flores con estruturas semellantes aos de épocas prehistóricas que viven en lugares húmidos.

O espazo da Marronda acolle unha moi variada fauna, típica de bosques e ribeiras

O espazo da Marronda acolle unha moi variada fauna, típica de bosques e ribeiras entre os que se atopan algunhas especies pouco comúns. MAMÍFEROS: furafollas, murgaño, furaño, esquío, leirón careto, rato de campo, donicela, martaraña, tourón, garduña, algaria, raposo, gato bravo. . . AVES: azor, gabián, gatafornela, rapina cincenta, aguia caudal, lagarteiro peneireiro, falcón pequeño, falcón peregrino, avelaiona, gabeador común. . . ANFIBIOS: píntega común, pintafontes (común, palmado e verde), saramaganta, sapo común, sapiño comadrón, ra (verde, patilonga e vermella). REPTIS: lagartixa galega, lagartixa da serra, cobra lagarteira común, cobra de colar. . . Corzo

Picafollas. As aves insectívoras son habitantes habituais das fragas.

Picafollas. As aves insectívoras son habitantes habituais das fragas.

Ra patilonga (Rana iberica). Vive preto dos regatos limpos con correntes e abundante cobertura

Ra patilonga (Rana iberica). Vive preto dos regatos limpos con correntes e abundante cobertura vexetal.

Caracol (Elona quimperana), unha especie en perigo de extinción en Europa.

Caracol (Elona quimperana), unha especie en perigo de extinción en Europa.

Montaxe: Adela Leiro Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta

Montaxe: Adela Leiro Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta