Enerxa nuclear a enerxa que liberan os ncleos
Enerxía nuclear
É a enerxía que liberan os núcleos dos átomos. Pódese aproveitar de forma industrial para producir enerxía eléctrica nas centrais nucleares, ou para impulsar barcos e submariños. Tamén existen proxectos para empregar a enerxía nuclear para lanzar foguetes ao espazo en viaxes de longa duración. En medicina emprégase a radioactividade para facer probas diagnósticas e tratar o cancro Na agricultura emprégase para irradiar plantas e producir mutacións xenéticas controladas e para ampliar os seus períodos de conservación.
ENERXÍA NUCLEAR FUSIÓN FISIÓN estrelas reactores de fisión bombas, reactores, centrais nucleares (submariños, enerxía eléctrica)
FUSIÓN NUCLEAR É a enerxía liberada na unión de núcleos atómicos para formar outros elementos. Nun reactor de fisión prodúcense microexplosións termonucleares que se orixinan cando a luz de laser ou raios X inciden nunha bola de deuterio e tritio para comprimila e facela chegar a 100 millóns de graos centígrados. A enerxía producida por fusión sería moi útil e limpa. Non tería efectos secundarios porque a xeración de enerxía detense cando baixa a temperatura. Polo de agora non se conseguiu que a produción de enerxía sexa rentable.
reactor de fusión
FISIÓN NUCLEAR Á enerxía libérase ao romper os núcleo dos átomos. Durante a fisión os núcleos liberan neutróns que poden volver producir novos choques dando lugar a reaccións en cadea. Estas reaccións controladas aprovéitanse como fontes de enerxía calorífica nos reactores nucleares. Se non se controlan prodúcese o efecto da bomba atómica. 1 gramo de uranio produce unha enerxía equivalente a 1 tonelada de carbón.
A fisión foi descuberta no 1938 polos físicos alemáns Otto Hahn e Friz Strassmann. No 1942 Enrico Fermi puxo en marcha a primeira “pila atómica” e conseguiu a primeira reacción en cadea. No 1945 un equipo dirixido por Oppenheimer construiu a primeira bomba atómica que se probou no deserto de Novo México. Os Estados Unidos utilizaron por primeira vez a bomba atómica en accións de guerra para bombardear as cidades de Hirosima e Nagashaki no Xapón. 80. 000 persoas morreron nun instante, 60. 000 ao ano seguinte como consecuencia da radiación, e moitas máis en anos posteriores. Primeiro reactor nuclear de fisión-Fermi. Estados Unidos-1942
CENTRAL NUCLEAR Instalación deseñada para producir, nun reactor, unha fisión nuclear controlada e aproveitar a enerxía resultante para quecer un fluído que move xeradores de enerxía eléctrica.
Como combustible emprégase o uranio natural ou enriquecido. A reacción nuclear contrólase introducindo no reactor unhas barras de boro ou de grafito que absorben o exceso de neutróns desprendidos e reducen a súa velocidade. Como refrixerante xeralmente úsase auga lixeira ou pesada. núcleo dun reactor nuclear
submariño e barcos nucleares
Usos médicos
EFECTOS DA ENERXÍA NUCLEAR -Contaminación térmica: augas e gases quentes -Contaminación química: no aire e na auga -Contaminación radioactiva: as radiacións ionizantes acumúlanse nos seres vivos e actúan a moita distancia do punto de emisión. -Os resíduos permanecen activos durante miles de anos.
MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Internet, Adela Leiro. DEBUXOS: Mon Daporta
- Slides: 14