EDUCACIN SECUNDARIA OBRIGATORIA E S O EDUCACIN SECUNDARIA
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (E. S. O. )
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA • É unha etapa educativa que ten carácter obrigatorio e gratuíto. • Xunto coa educación primaria constitúe a educación básica. • comprende 4 cursos académicos, que se realizarán ordinariamente entre os 12 e os 16 anos de idade. • INCORPORACIÓN: unha vez cursada a E. P. , con carácter xeral, no ano natural en que se cumpren os 12 anos de idade.
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA EXCEPCIÓNS NA INCORPORACIÓN: a) Por permanecer 1 ano máis na E. P. b) Por contar con altas capacidades e adiantar o comenzo desta etapa (pódese reducir a permanencia en E. S. O. se non se aplicou esta medida na etapa de E. P. ) c) Alumnado con nee que prolongou a súa escolarización na E. P. un ano máis do previsto no punto a). d) Alumnado de incorporación tardia ao sistema educativo español.
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA Poderase repetir, como máximo, 2 veces ao longo de toda a etapa. A repetición nun mesmo curso só poderá realizarse 1 vez. Excepcionalmente, 2 en 4º curso, se non se repetiu nos cursos anteriores e se se prevé a obtención de título de G. en E. S. O. O alumnado terá dereito a permanecer escolarizado no réxime ordinario cursando esta etapa educativa ata os 18 anos cumpridos no ano en que remate o curso académico
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA A E. S. O. organízase en materias e de acordo cos principios de educación común e de atención á diversidade do alumnado. A segunda Lingua estranxeira será materia común para todo o alumnado nos dous primeiros cursos. EXCEPCIÓN: cando o alumno/a presente claras dificultades continuadas no proceso de ensinoaprendizaxe. Neste caso recibirá RE
ORGANIZACIÓN DO 1º CURSO O alumnado cursará as seguintes materias: Ciencias da natureza. Ciencias sociais, xeografía e historia. Educación física. Lingua galega e literatura. Lingua castelá e literatura. Primeira lingua estranxeira (francés ou inglés). Matemáticas. + Educación plástica e visual. segunda lingua estranxeira (alemán, francés, inglés, italiano ou portugués). proxecto interdisciplinar con, polo menos, dúas materias, aparte das Linguas e as TIC.
ORGANIZACIÓN DO 2º CURSO O alumnado cursará as seguintes materias: Ciencias da natureza. Ciencias sociais, xeografía e historia. Educación física. Lingua galega e literatura. Lingua castelá e literatura. Primeira lingua estranxeira (francés ou inglés). Matemáticas. + Música. Educación para a cidadanía e os dereitos humanos. Tecnoloxías. 2ª lingua estranxeira (alemán, francés, inglés, italiano ou portugués).
ORGANIZACIÓN DO 3º CURSO O alumnado cursará as seguintes materias: Bioloxía e xeoloxía. Ciencias sociais, xeografía e historia. Educación física. Educación ético-cívica. Lingua galega e literatura. Lingua castelá e literatura. Primeira lingua estranxeira (francés ou inglés). Matemáticas. Física e química + Tecnoloxías. Educación plástica visual. Música. 1 materia optativa
OPTATIVAS DO 3º CURSO Oferta obrigada dos centros ü Segunda lingua estranxeira (pódese cursar en 3º e 4º) Obradoiro de iniciativas emprendedoras (cursar en 3º ou 4º) Cultura clásica (cursar en 3º ou 4º) Oferta non obrigada Optativa ofertada polo centro
ORGANIZACIÓN DO 4º CURSO Todo o alumnado cursará as seguintes materias: Ciencias sociais, xeografía e historia. Educación física. Educación ético-cívica. Lingua galega e literatura. Lingua castelá e literatura. Primeira lingua estranxeira (francés ou inglés). Matemáticas.
ORGANIZACIÓN DO 4º CURSO MAIS 3 materias de entre as seguintes: Bioloxía e xeoloxía. Educación plástica visual. Física e química. Informática. Latín. Música. Segunda lingua estranxeira. Tecnoloxía.
OPTATIVAS DO 4º CURSO MAIS 1 optativa de entre as seguintes ou denre as 8 anteriores que non foron elexidas. Oferta obrigada dos Oferta non obrigatoria centros • Optativa ofertada polo • Segunda lingua estranxeira centro (pódese cursar en 3º e 4º) • Obradoiro de iniciativas emprendedoras (se non foi cursada en 3º) • Cultura clásica (se non foi cursada en 3º)
Competencias básicas. I Inclúense por 1ª vez nos currículos. “ Capacidade de poñer en práctica, de forma integrada e en contextos e situacións variadas, os coñecementos e as actitudes persoais adquiridas”. Permiten poñer o acento sobre as aprendizaxes que se consideran imprescindibles dende unha formulación integradora. Son un elemento organizador que inflúe non só nos contidos e a avaliación senón tamén na metodoloxía.
Competencias básicas. II Dentro do marco asumido pola U. Europea, son 8: 1 - C. en comunicación lingüística. 2 - C. matemática. 3 - C. no coñecemento e interacción co mundo físico. 4 - Tratamento da información e competencia dixital. 5 - C. social e cidadá. 6 - C. cultural e artística. 7 - C. para aprender. 8 - Autonomía e iniciativa persoal.
AVALIACIÓN NA ESO I Trimestralmente por materias e ao final de cada curso. Exames en setembro para as pendentes. Repetirase con 3 ou máis suspensas. O alumnado que promocione con pendentes seguirá un programa de reforzo. Cada curso soamente se repite unha vez.
AVALIACIÓN NA ESO II O alumnado poderá repetir o mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo dentro da etapa. Excepcionalmente, unha alumna ou alumno poderá repetir unha segunda vez en 4º curso se non repetiu en cursos anteriores desta etapa. O proxecto interdisciplinar será obxecto de avaliación cualitativa, non computa para efectos de promoción.
AVALIACIÓN NA ESO III A materia de C. da natureza de 3º, desdobrada en bioloxía-xeoloxía e física-química, mantén carácter unitario para efectos de promoción. O alumnado dos cursos de 1º e 2º que por presentar dificultades continuadas no seu proceso de aprendizaxe non curse a 2ª L. estranxeira, será valorado, de xeito cualitativo, nas actividades de reforzo que estea desenvolvendo.
PROMOCIÓN NA ESO I Promoción ao curso seguinte cando se teñan superados os obxectivos das materias cursadas ou se teña avaliación negativa en dúas materias como máximo. O alumnado repetirá curso cando sexa avaliado negativamente en tres ou máis materias. Excepcionalmente, o equipo docente poderá autorizar a promoción con avaliación negativa en tres materias, se considera que a natureza das mesmas non impide ao alumnado seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que dita promoción beneficiará a súa evolución académica.
PROMOCIÓN NA ESO II As decisións sobre a promoción dun curso a outro e sobre a obtención do título ao final da etapa, será adoptada por maioría simple dos membros que integran o equipo docente do alumno ou alumna. Para os efectos de promoción e de titulación, computaranse como materias con avaliación negativa tanto as suspensas do propio curso como as de cursos anteriores. Se non se cumpren os requisitos de promoción logo de repetir, existe a posibilidade de facer PDCs ou Programas de cualificación profesional inicial.
TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA Concédese unha vez superadas todas as materias da etapa. Poderá obter o devandito título o alumnado que finalice a etapa con avaliación negativa nunha ou dúas materias, e excepcionalmente en tres, sempre que o equipo docente o considere adecuado.
TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA O título de Graduado en ESO permite acceder a estudios de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio. O alumnado que non obtén o título de graduado en secundaria obrigatoria recibirá un certificado de escolarización.
Avaliación de diagnóstico Ao finalizar o 2º curso da educación secundaria obrigatoria realizarase unha avaliación de diagnóstico das competencias básicas acadadas polo alumnado. Terá carácter formativo e orientador para os centros e informativo para as familias e para o conxunto da comunidade educativa.
TITORÍA PRESENCIAL Cada grupo ten un/unha profesor/a titor/a, que se encarga de coordinar ao grupo e traballar: Técnicas de traballo intelectual. Temas transversais. Habilidades sociais. Orientación académica e profesional…
HORARIO E. S. O. MATERIAS Bioloxía e xeoloxía Ciencias da natureza CURSOS 1º 4 2º 3 3º 2 - 4º 3* - Ciencias sociais, xeografía e historia Educación física 3 2 3 2 Educación para a cidadanía e dereitos humanos Educación Ético- cívica Educación plástica e visual 2 Física e Química Informática - 2 - - 1 - 2 2 - 3* 3* 3* Latín Lingua galega e literatura 4 3 3 3* 3 Lingua castelá e literatura Primeira Lingua estranxeira 4 3 3 3 3 Segunda lingua estranxeira 2 2 2* 3* Matemáticas Música 4 - 4 2 3 3* Tecnoloxías - 3 2 3* - Relixión Proxecto interdisciplinar 2 1 1 - 1 - Titoría Optativa 1 - 1 2* 1 3* TOTAL 32 32
MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE NA E. S. O. ORGANIZATIVAS CURRICULARES • Agrupamentos flexibles. • Adaptacións do currículo. • Apoio en grupos ordinarios. • PDC • Apoio ocasional fóra do grupo ordinario. • Programas de Ciclo Adaptado. • Desdobramento de grupos. • PCPI • RE • Integración de materias en ámbitos (en 1º e 2º). • Programas de tratamento personalizado para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo
PROGRAMAS DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR I Programas de un ou dous anos. Presentación dos contidos en ámbitos: - Un ámbito Lingüístico-social (Ciencias sociais, xeografía e historia, L. galega e literatura e L. castelá e literatura). - Un ámbito científico-tecnolóxico (Matemáticas, Ciencias da natureza e tecnloxías). - Tres materias do curso correspondente, entre as que estará a L. estranxeira Liñas metodolóxicas diferentes ás ordinarias. O referente: Competencias Básicas e Obxectivos xerais da Etapa.
PROGRAMAS DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR II Acceso dende 3º curso ou 2º , con repeticións previas, sen condicións para a promoción. Grupos reducidos: 10 alumnas ou alumnos. O alumnado de PDCs obten o título de graduado en ESO se supera todos os ámbitos e materias do programa. Tamén o alumnado que, tendo superados os 2 ámbitos, teña avaliación negativa nunha ou 2 materias e, excepcionalmente, en 3 se o equipo docante considera acadadas as competencias básicas e os obxectivos xerais da etapa. O alumnado que ao finalizar o PDC non acada o título de graduado en ESO e cumpra os requisitos de idade establecidos poderá permanecer 1 ano máis no PDC.
Programas de cualificación profesional inicial (PCPI) Son: Unha medida compensadora de desigualdades e promotora de oportunidades para a inserción sociolaboral. Teñen unha marcada vocación profesional. Permiten o acceso ao mercado de traballo de xeito cualificado. Finalidade: Previr o abandono escolar. Abrir novas expectativas de formación e de titulación. Desenvolver as competencias necesarias para permitir a inserción socioprofesional do alumnado.
Obxectivos dos PCPI Conseguir competencias profesionais propias dunha cualificación profesional de nivel 1 do CNCP. Posibilitar unha inserción sociolaboral satisfactoria. Ampliar as competencias básicas para proseguir estudos noutras ensinanzas. Proba de acceso a ciclos de grao medio. ESO, bacharelato … Título de graduado en ESO. Superación da totalidade dos módulos (obrigatorios e voluntarios) do PCPI.
Destinatarios dos PCPI Alumnado escolarizado: Con dificultades de aprendizaxe que acepte o marco escolar. Alumnado en grave risco de abandono escolar. Alumnado desescolarizado Alumnado con necesidades educativas especiais. As discapacidades deberanlle permitir cursar con aproveitamento o programa.
Requisitos de acceso Non ter o título de graduado en ESO. Non ter cursado con anterioridade outro PCPI. Idade: Con carácter xeral: alumnado entre 16 e 19 anos cumpridos no ano de inicio do programa. Excepcionalmente: alumnado de 15 anos, cumprindo unha serie de requisitos.
Requisitos de acceso do alumnado de 15 anos Ter cursado 2º de ESO. Non estar en situación de promocionar a 3º. Ter repetido unha vez na etapa. Ademais, é obrigatorio: Acordo dos pais e do menor. Compromiso de aproveitamento do programa. Compromiso de cursar os módulos voluntarios conducentes á obtención do graduado en ESO.
Outros compoñentes currículares Ensinanzas de relixión: ao inicio de cada curso manifestarase a vontade de recibir ou non estas ensinanzas. De optar por recibir estas ensinanzas pódese elexir entre: relixión católica, outras confesións relixiosas ou historia e cultura das relixións. Os centros disporán das medidas organizativas para que o alumnado que non curse as ensinanzas de relixión reciba a debida atención educativa.
Outros compoñentes currículares Proxecto lector de centro Plan TIC Plan de Convivencia
- Slides: 34