DEPARTAMENTO DE ORIENTACIN 1 2 3 4 5

  • Slides: 10
Download presentation
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 1. 2. 3. 4. 5. 6. Que é ? Funcións Compoñentes

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 1. 2. 3. 4. 5. 6. Que é ? Funcións Compoñentes Plan anual de actividades do departamento Programas de intervención psicopedagóxica Plan de convivencia 1

Que é o Departamento de Orientación? l O decreto 120/98 polo que se regula

Que é o Departamento de Orientación? l O decreto 120/98 polo que se regula a orientación educativa e profesional en Galicia e a Orde do 4 de xullo de 1998 pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional en Galicia, establecen que o departamento de orientación ha de constituir o garante de que a orientación forme parte esencial da actividade educativa. Debe ademais promover que se estableza unha vía de asesoramento permanente ó alumnado, ó profesorado e ás familias. l Enténdese a orientación como un proceso que inclúe a toda a comunidade educativa, que debe garantirse dende as primeiras idades do alumnado permitindo así a prevención e a detección temperá das dificultades, tanto no desenvolvemento persoal e de aprendizaxe como no futuro profesional. 2

CARACTERÍSTICAS MÁIS DESTACADAS DO NOSO DEPARTAMENTO ABERTO Á SOCIEDADE AXUDA INTEGRA CION PARA TODOS

CARACTERÍSTICAS MÁIS DESTACADAS DO NOSO DEPARTAMENTO ABERTO Á SOCIEDADE AXUDA INTEGRA CION PARA TODOS DESENVOLVEMENT O INDIVIDUAL ÓN I C A R E P O O C 3

Funcións do Departamento de Orientación Son competencia do departamento de orientación dos colexios de

Funcións do Departamento de Orientación Son competencia do departamento de orientación dos colexios de educación infantil e primaria e de educación primaria as funcións seguintes: l a) Valora-las necesidades educativas, no ámbito da orientación dos alumnos e alumnas do seu contorno e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención. l b) Elaborar las propostas do plan de orientación académica e de madurez vocacional e do plan de acción titorial, incidindo no desenvolvemento persoal, social e cognitivo do alumnado e ofrecerlle ó profesorado o soporte técnico para o desenvolvemento deste plan. l c) Participar na elaboración, seguimento e avaliación dos proxectos educativo e curricular do centro, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención á diversidade do alumnado e nos principios de avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción. l d) Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe derivadas tanto de condicións desfavorables como de sobredotación que presenten os alumnos e alumnas. l e) Participar na avaliación psicopedagóxica conforme á normativa ó respecto e participar no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade. l f) Facilitarlle á comunidade educativa os apoios e o asesoramento necesarios para que o alumnado poida enfrontar adecuadamente os momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade, como o ingreso no centro, o cambio de ciclo ou etapa ou a resolución de conflictos de relación interpersoal. l g) Impulsar a participación do profesorado en programas de investigación e innovación educativa nos ámbitos relativos a hábitos de traballo intelectual, programas de ensinar a pensar, habilidades sociais, técnicas de dinámica de grupos ou en calquera outros relacionados co seu ámbito de actuación. l h) Cooperar cos membros dos equipos de orientación específicos no deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de intervención. l i) Co obxecto de potenciar estratexias de actuación conxuntas, promover a cooperación entre o centro e as familias implicándoas no proceso educativo dos seus fillos: estimulación da motivación e intereses, adquisición de hábitos de hixiene e de autonomía; desenvolvemento motriz e da linguaxe; relacións interpersoais e aqueloutros aspectos que favorezan o desenvolvemento evolutivo do alumnado. l l) Establecer canles de comunicación cos diferentes servicios ou institucións no ámbito das súas competencias. l m) Aqueloutras que a Administración educativa lle puidese encomendar no ámbito das súas funcións. 4

Funcións da xefatura do departamento a) Dirixir e coordinar as actividades e actuacións propias

Funcións da xefatura do departamento a) Dirixir e coordinar as actividades e actuacións propias do departamento de orientación. b) Responsabilizarse da redacción do plan anual de actividades do departamento, velar polo seu cumprimento e elaborar a memoria final de curso. c) Representar o departamento na comisión de coordinación pedagóxica. d) Convocar e presidir as reunións ordinarias do departamento e as que con carácter extraordinario fose preciso celebrar, levantando a acta correspondente. e) Asistir ás reunións convocadas polo xefe ou xefa do departamento de orientación do instituto de educación secundaria ó que está adscrito. f) Velar pola confidencialidade dos documentos, se é o caso. g) Coordinar a organización de espacios e instalacións para a orientación, así como a adquisición de material e de equipamento específico, velando polo seu uso correcto e conservación. h) Realizar as avaliacións psicopedagóxicas, e asesorar no deseño, desenvolvemento e avaliación das medidas de atención á diversidade conforme o procedemento e os criterios establecidos no proxecto curricular do centro e responsabilizarse, se é o caso, da elaboración do informe psicopedagóxico. i) Coordinar, en colaboración cas profesores ou profesoras de apoio, a atención do alumnado con necesidades educativas especiais, elevando ó xefe de estudios, cando cumpra, a proposta de organización da docencia para este alumnado. l) Participar nas sesións de avaliación para o deseño, desenvolvemento e avaliación de actuacións conxuntas que permitan a coherencia das respostas educativas. m) Aqueloutras funcións que a Administración educativa lle poida asignar referidas á orientación. A participación do xefe do departamento de orientación nas sesións de avaliación responderá as súas competencias de asesoramento e apoio ó profesorado e asistirá ás mesmas con voz e sen voto. 5

Compoñentes do departamento l l l Coordinador Educación Infantil Coordinador 1º ciclo Coordinador 2º

Compoñentes do departamento l l l Coordinador Educación Infantil Coordinador 1º ciclo Coordinador 2º ciclo Coordinador 3º ciclo Mestre PT Orientador 6

Plan anual de actividades do Departamento de Orientación PLAN DE ACCIÓN TITORIAL l PROXECTO

Plan anual de actividades do Departamento de Orientación PLAN DE ACCIÓN TITORIAL l PROXECTO DE ORIENTACIÓN l 7

Ámbitos de actuación do departamento ALUMNOS • Detectar n. e. e. • Orientación académica

Ámbitos de actuación do departamento ALUMNOS • Detectar n. e. e. • Orientación académica e profesional • Exploración psicolóxica e pedagóxica, diagnóstico e seguemento PROFESORES • Atender demandas sobre necesidades dos alumnos • Atender necesidades de formación • Aportación de materiais específicos NAIS E PAIS • Entrevistas de asesoramento e seguemento dos seus fillos • Atender as demandas que soliciten • Celebración de charlas e reunións ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA, , OUTROS PROFESIONAIS Coordinación con: • Concello, • Servicios Sociais • Médico • Atención Temperá OUTROS CENTROS • IES • CEIP Nosa Sª da Piedade • CEIP de Merza 8

ACCIÓN TITORIAL l l A acción titorial é unha das pezas fundamentais do proceso

ACCIÓN TITORIAL l l A acción titorial é unha das pezas fundamentais do proceso de ensinoaprendizaxe. Compete ó titor de cada grupo de alumnos. O departamento de orientación colabora neste curso 2007 - 2008 coa elaboración de programas de intervención psicopedagóxica: Ø Ø Ø Aprender a pensar Lectura eficaz Técnicas de estudio Cine en valores Hixiene e autonomía persoal 9

PLAN DE CONVIVENCIA l l l Convivencia é a vida en común con unha

PLAN DE CONVIVENCIA l l l Convivencia é a vida en común con unha ou varias persoas. Implica rexeitar a agresividade, comprender os erros demais, colaborar e manter a calma, Aprender a convivir forma parte das finalidades básicas da educación e constitúe un dos principais desafíos dos sistemas educativos actuais na procura de sociedades máis modernas, xustas e democráticas; máis igualitarias, cohesionadas e pacíficas, nas que fenómenos como o acoso escolar, a violencia doméstica, a violencia de xénero, o maltrato. . . non teñan cabida. A educación para a convivencia responde á necesidade de formar unha cidadanía preparada para desenvolver a súa vida respectándose a si mesma, ás demais persoas e responsabilizándose dos seus actos. 10