Crear webquests con Eva Pousa Quelle Imos pxina
Crear webquests con Eva Pousa Quelle
Imos á páxina de inicio de Zunal: http: //www. zunal. com/ Facemos clic en REGISTER FREE.
Enchemos o formulario de rexistro cos seguintes datos: Xénero Nome Apelidos Nome de usuario Contrasinal (2 veces) Ao rematar facemos clic en CREATE ACCOUNT. País Dirección de correo electrónico Escribimos a resposta a esta pregunta
Despois de crear a conta, poderemos acceder á parte privada na que se nos mostrará unha venta cun botón para crear a nosa primeira webquest. Clicamos en CREATE A NEW WEBQUEST. Zunal ofreceranos a posibilidade de crear unha webquest nova con páxinas en branco para poñer a nosa información. Clicamos en CREATE A WEBQUEST FROM SCRATCH. Esta opción, de pago, permítenos adaptar calquera das webquests deste sitio.
Introducimos un título para a nosa webquest. Clicamos en CREATE NOW. Pasados uns segundos teremos a nosa webquest lista para comezar a traballar nos seus compoñentes.
Na marxe esquerda atoparemos unha lista de botóns que na parte superior refírense aos seguintes apartados: Introdución Benvida Tarefa Proceso Avaliación Conclusión Guía didáctica para o profesor
Dentro de cada un dos apartados teremos a opción de actualizar a imaxe principal (UPDATE IMAGE), editar/actualizar o seu contido (UPDATE CONTENT) e engadir algún dos recursos mostrados (ADD RESOURCES). Velaquí un exemplo no apartado WELCOME: Clicamos aquí para engadir ou modificar a imaxe principal da webquest. Clicando aquí podemos modificar os datos xerais da webquest (título, descrición, nivel, área, etiquetas e autores). A URL da webquest Clicando aquí podemos engadir calquera destes recursos.
Ao facer clic en UPDATE CONTENT, accederemos a unha nova ventá na que poderemos editar o texto que desexemos coma se dun procesador de textos se tratara. Escribimos o texto correspondente ao apartado. Ao rematar facemos clic en SAVE NOW.
Os recursos que podemos inserir na nosa webquest divídense en catro grupos: BÁSICOS: Inclúe engadir unha nova sección de contidos, unha ligazón a outra páxina web, adxuntar un arquivo, adxuntar unha imaxe ou fotografía. De GRUPO: Engadir unha lista de ligazóns ou un grupo de arquivos. VÍDEOS: Incluír un vídeo de You. Tube, de Teacher. Tube ou dalgún outro sitio especializado. WEB 2. 0: Para inserir unha presentación de Voki ou Glogster.
En cada un dos apartados da webquest, tamén se poden observar na parte superior dereita os seguintes botóns : Da acceso a un titorial en inglés. Borra todo o contido da páxina. Cambia o nome da páxina. Cambia a orde na que se amosa a páxina. Permite agochar a páxina.
Na parte inferior esquerda atoparemos outro conxunto de botóns que nos servirán para establecer os seguintes apartados: Datos dos autores Comprobar se a webquest ten algún erro, no que se refire aos seus compoñentes básicos (por exemplo, se lle falta algún título, se algún dos apartados está en branco, etc. ). Ver os comentarios feitos e calificacións postas polos usuarios á nosa webquest. Mostra gráficos con estatísticas referidas ao número de visitas feitas unha vez que a webquest foi publicada. Permite compartila e dala a coñecer a través de diversas aplicacións (Email, Facebook, etc. ). Permite exportala a formato PDF, MS WORD e MS EXCEL.
Por último, atoparémonos con outro grupo de botóns cos que poderemos levar a cabo diversas operacións de pago: Engadir outras páxinas. Engadir un cuestionario. Inserir galerías de imaxes. Inserir un mapa de Google. A través do CONTROL PANEL poderemos acceder aos axustes xerais da webquest (seleccionar a lingua, escoller entre todas as plantillas que inclúe e cambiar o color dos menús). Faremos clic en PUBLISH para publicala.
- Slides: 12