CORRE QUE CHOVE PALABRAS ENCHOUPADAS ORBALLO CHUVIA MIDA
CORRE QUE CHOVE!!!
PALABRAS ENCHOUPADAS ORBALLO. CHUVIA MIÚDA É unha palabra galega que se estendeu por toda a Península. Chamámoslle orballo á “chuvia miúda”, esa chuvia que “non molla pero empapa”, mais non quedamos aquí porque temos unha chea de maneiras de chamarlle a este tipo chuvia: babuña, babuxa, barbaña, barbuza, barrallo, barrufa, barruñeira, barruzo, breca, chuvisca, froallo, lapiñeira, mexadeira, mocalleira, morriña, morriñada, orballeira, orballada, parrumada, patiñeira, poalleira, zarzallo. E aínda poderíamos engadir: chuviñada, chuviscada “chuvia miúda e lenta que dura pouco tempo”. Fixémonos no matiz “que dura pouco tempo”. “Son as seis da tarde dun día de outono. A vila vai-se mollando dun orballoou babuxeira fina que, xunto co empardecer, axuda a anubiá-los recantos das prazas e rúas. A auga escorrega solermiña, queda, polas lousas da vila vella e polo asfalto da zona nova da vila. ” Antón Tovar, A grande ilusión e outros contos, Galaxia, Vigo, 1989 (TILGA)
PALABRAS ENCHOUPADAS MELURA Neste caso imos facer algo de mestura, imos mesturar a auga coa néboa e así temos esta palabra que ten como significado: “Chuvia moi fina que se desprende da néboa” Coma no caso anterior, aquí tamén temos outras maneiras de chamarlle a esta realidade: meleada, molura. Un exemplo do uso desta palabra na linguaxe literaria: “Casal do verme que no froito cava o agraz, a polpa de auga onde se enterra, e na melura, polas veigas, erra o can que morre e que aínda baba; ” Anos de viaxe (Poesía 1981 -1987) Rodríguez Baixeras, Xavier, Ed. Xerais, Vigo,
PALABRAS ENCHOUPADAS CHUVASCADA Imos aumentando a intensidade e a forza da chuvia, pero non a duración. O significado que esta palabra ten é “Chuvia forte que dura pouco tempo” e tamén pode ter outros sinónimos como: basto, bátega, bategada, chaparrada, chuvasco, chuvieira, treixada. Entre a chuvascada e o trebón temos tamén outras palabras que podemos considerar case sinónimos das anteriores son: ballón, balloada “Golpe de chuvia forte, abundante e de pouca duración. ” Velaquí varios exemplos: “Co medo de que caese outra, chuvascada, tangueron o gando axiña para a casa. ” Raíces rurais, Rodríguez Troncoso, Manuel, Ed. O Castro, Sada, 1996(TILGA) “Sen previo aviso caeu unha bategada de auga e refrescou o aire. ” Morning Star, Miranda, Xosé, Ed. Xerais, Vigo, 1998 (TILGA) “Cando escampou, navegaba a enchente desatada pola bátega nunha canoa. ” Ganga, Lopo, Antón, Edicións Xerais de Galicia, 2001 (CORGA)
PALABRAS ENCHOUPADAS TREBÓN Imos “in crescendo” e agora temos o trebón que é unha “Chuvia intensa e súbita que pode ir acompañada de vento e que adoita ter pouca duración. ”, ademais de chuvia, agora imos ter vento, pero non nos asustemos que é de “pouca duración”. Obviamente coma no resto das palabras das que estamos falando, esta ten tamén, como é de esperar, diferentes sinónimos ou variantes dialectais como son: treboada, torbón, trebón, tromba de auga. Incluso unha palabra como farrapada coa acepción de “Golpe de vento e chuvia”, nos pode dar idea das mil e unha variantes que esta realidade cultural-meteorolóxica dá de si na nosa terra. Algúns exemplos de uso: “Inda bruase o trebón, o frío entalase os dedos e verteran auga as nubes cal se baleiraran xerros pra afogá-la humanidade naquela tarde do inferno. . . ” Enredadas, Tettamancy Gastón, Francisco, Tipografía La Constancia, Coruña, 1901 (TILGA) “Bo é que te deches conta a tempo e antes de rompe-la treboada puxeches todo ben arranxado. ” O soño perdido de Elvira M. , Heinze, Ursula, Edicións Xerais de Galicia, 1982 (CORGA)
PALABRAS ENCHOUPADAS ARROIADA Chegamos ao punto de que a auga “cae directamente a xerros”, “a cachón” ou como queiramos dicir, pero isto xa é chover en condicións. A arroiada é unha “Chuvia forte e abundante”. Outras maneiras de dicilo serían diluvio, dioivo, decembra. Pero se ademais de chuvia, queremos vento forte, como é de esperar tamén temos outras palabras para chamarlle: cebra, cebrina, ondada, zarracina. “A chuva caía entón en arroiada turbulenta”. Bretaña Esmeraldina, Méndez Ferrín, Xosé Luís, Ed. Xerais, Vigo, 1987(TILGA) “Amañeceu un día de verdadeiro dioivo e o máis cativo dos raparigos non poido ir á escola”. Andrómenas. Contos pra o pobo, Fernández-Oxea, Xosé Ramón (Ben-Cho-Shey), Ed. Monterrey, Vigo, 1953 (TILGA)
PALABRAS ENCHOUPADAS SARABIA Agora imos conxelarnos un pouco, que vén de cheo o inverno. Comezamos pola sarabia “Chuvia conxelada que cae en forma de grans máis ou menos grandes”. Esta mesma definición témola para outros sinónimos, variedades que son as que lle dan riqueza ao noso léxico: graínzo, pedrazo, salpedrés. Ao respecto como somos un territorio moi variado, hai lugares onde se distingue sarabia dos seus sinónimos pedra e pedrazo, segundo o tamaño do gran. Normalmente, a pedra e o pedrazo refírense ao gran máis groso, mentres que a sarabia fai alusión ao máis pequeno. “E traballara, aguantando vendavais, chuvias, sarabia, nevazón e xeadas. ” Latitude austral, Alcalá, Xavier, Editorial Galaxia, 1991 (CORGA)
PALABRAS ENCHOUPADAS XISTRA Para rematarmos este Setestrelo chuvioso, entraremos xa no territorio da neve, porque aínda que non sexamos unha terra de neves perpetuas, tamén nos toca o noso. En concreto xistra, a palabra da que estamos a falar, fai referencia á “Chuvia ou neve acompañada de vento forte e xélido. ” Outras maneiras de referirse a esta realidade son: brea, cifra, ciobra, rebelaxe. “Si o sol ás veces loce, non quenta; corre tal xistra, que as maus degresa. ” Montañesas, Noriega Varela, Antonio, Ed. Mondoñedo, 1910 (TILGA) “Foi dunha destas veces que empezou a vir un vento de cifra que deixaba a un callado(. . . )” Loita e morte, Laxe Freire, Manuel Anxo, Editorial Xerais, Vigo, 1986 (TILGA)
PALABRAS GALEGAS PARA A CHUVIA Chuvia miúda e fina 1. babuña 2. babuxa 3. barbaña 4. barbuña 5. barbuza 6. barrallo 7. barrufa 8. barrufo 9. barruñeira 10. barruzada 11. barruzo 12. bátega 13. borralla 14. borrallada 15. Breca 16. chuviñada 17. chuviñeira 18. chuvisca 19. chuviscada 20. froallo 21. lapiñeira 22. marmaña 23. mera 24. morriña 25. morriñada 26. orballada 27. orballeira 28. orballiscad a 29. orballo 30. patiñeira 31. patumeira 32. poalla 33. poallada 34. poallo 35. poalleira 36. salseiro 37. zarapallada 38. zarzallo
PALABRAS GALEGAS PARA A CHUVIA 1. arroiada 2. ballón 3. balloada 4. basto 5. bátega 6. bategada 7. brea 8. calistro 9. cebra 10. cebrina 11. cebrisca Chuvia forte 12. chaparrada 13. chaparrazo 14. chuvascada 15. chuvasco 16. chuvieira 17. chuviñeira 18. cifra 19. ciobra 20. coriscada 21. corisco 22. decembra 23. diluvio 24. dioiva 25. dioivo 26. torba 27. torbada 28. torboada 29. torbón 30. treboada 31. trebón 32. xistra 33. zarracina
PALABRAS GALEGAS PARA A CHUVIA Chuvia con moito aire 1. brea 2. cebrina 3. cebrisca 4. chuvascad a 5. chuvasco 6. cifra 7. ciobra 8. coriscada 9. corisco 10. zarracina Chuvia con néboa 1. 2. barruzo breca Chuvia con neve 1. calistro 2. cebrina 3. cebrisca 3. mera 4. salseiro 4. coriscad a 5. corisco 6. torba
SUSTANTIVOS EN GALEGO PARA A CHUVIA 1. arroiada: choiva forte e intensa 2. babuña: chuvia miúda e pouco intensa 3. babuxa: chuvia miúda e pouco intensa 4. ballón: tromba de auga forte e intensa 5. balloada: chuvia intensa que se prolonga varios días seguidos, : chuvia repentina, intensa e curta 6. barbaña: chuvia miúda e pouco intensa 7. barbuña: chuvia miúda e pouco intensa 8. barbuza: chuvia miúda e pouco intensa 9. barrallo: chuvia miúda e pouco intensa 10. barrufa: chuvia miúda e pouco intensa 11. barrufo: chuvia miúda e pouco intensa 12. barruñeira: chuvia miúda e pouco intensa 13. barruzada: chuvia fina e persistente 14. barruzo: chuvia miúda e pouco intensa, mesturada con néboa
SUSTANTIVOS EN GALEGO PARA A CHUVIA 16. bátega: chuvia repentina, intensa e curta 17. bategada: tromba de auga forte e intensa, : chuvia repentina, intensa e curta 18. borralla: chuvia miúda e pouco intensa 19. borrallada: chuvia miúda e pouco intensa 20. boubizo: chuvia miúda e pouco intensa 21. brea: chuvia forte e con vento 22. breca: chuvia miúda e pouco intensa, mesturada con néboa 23. cairo: chuvia forte e, normalmente, de duracion breve 24. calistro: trebón de auga fría con vento ou neve miúda 25. cebra: chuvia repentina, intensa e curta . . acompañada de vento 26. cebrina: temporal de chuvia e neve con vento forte 27. cebrisca: temporal de chuvia e neve con vento forte. Sarabiada forte 28. chaparrada: choiva forte e intensa, tromba de auga forte e intensa, chuvia repentina, intensa e curta 29. chaparrazo: choiva forte e intensa, tromba de auga forte e intensa, chuvia repentina, intensa e curta 30. choiva: precipitación en forma de pingas, chuvia
SUSTANTIVOS EN GALEGO PARA A CHUVIA 31. chuiva: variante dialectal de chuvia 32. chuva: variante dialectal de chuvia 33. chuvascada: precipitación intensa e abundante, acompañada case sempre de vento forte 34. chuvasco: precipitación intensa e abundante, acompañada case sempre de vento forte 35. chuvia: precipitación en forma de pingas, choiva 36. chuvieira: chuvia forte e intensa, tromba de auga forte e intensa 37. chuviñada: chuvia miúda e pouco intensa 38. chuviñeira: chuvia repentina, intensa e curta 39. chuvisca: chuvia miúda e pouco intensa 40. chuviscada: chuvia miúda e pouco intensa 31. cifra: chuvia forte e con vento 42. ciobra: chuvia forte e con vento 43. coriscada: trebón de auga fría con vento ou neve miúda 44. corisco: trebón de auga fría con vento ou neve miúda 45. decembra: chuvia forte e prolongada habitual en decembro
SUSTANTIVOS EN GALEGO PARA A CHUVIA 46. diluvio: chuvia moi abundante e intensa 47. dioiva: chuvia moi abundante e intensa 48. dioivo: chuvia moi abundante e intensa 49. escarabana: auga moi fría con sarabia 50. froallo: chuvia miúda e pouco intensa 51. lapiñeira: chuvia miúda e pouco intensa 52. marceada: tempo con claros e chuvias propio de marzo 53. marmaña: chuvia miúda e pouco intensa 54. mera: chuvia moi fina que se desprende da néboa mesta 55. morriña: chuvia miúda e persistente 56. morriñada: chuvia miúda e persistente 57. orballada: chuvia miúda e de pouca duración 58. orballeira: chuvia miúda e de pouca duración 59. orballiscada: orballo moi fino, que case non chove nada
SUSTANTIVOS EN GALEGO PARA A CHUVIA 61. patiñeira: chuvia fina e persistente 62. patumeira: chuvia fina e persistente 63. poalla: chuvia miúda e pouco intensa, 64. poallada: chuvia miúda e pouco intensa 65. poallo: chuvia miúda e pouco intensa 66. poalleira: chuvia miúda e pouco intensa 67. salseiro: pingas de auga que producen unha néboa mesta provocada polo vento na superficie do mar 68. seca-fría: un pequeno torbón que cae moi raras veces co aire norte ou sarandón e que non chega case nin a mollar a terra pero, iso si, é moi frío 69. torba: auga de chuvia mesturada con neve fina 70. torbada: tromba de auga forte e intensa, tormenta 71. torboada: tromba de auga forte e intensa, tormenta 72. torbón: tromba de auga forte e intensa, tormenta 73. treboada: tromba de auga forte e intensa, tormenta 74. trebón: tromba de auga forte e intensa, tormenta 75. xistra: chuvia e neve con vento moi frío 76. zarapallada: chuvia miúda e pouco intensa 77. zarracina: chuvia abundante con moito vento
VERBOS GALEGOS PARA A CHUVIA 1. arroiar: chover forte e intenso 2. baballar: caer chuvia miúda, fina 3. babuñar: caer chuvia miúda, fina 4. babuxar: caer chuvia miúda, fina 5. barbañar: caer chuvia miúda, fina 6. barbuñar: caer chuvia miúda, fina 7. barbuzar: caer chuvia miúda, fina 8. barrallar: caer chuvia miúda, fina 9. barrufar: caer chuvia miúda, fina 10. barruñar: caer chuvia miúda, fina e persistente 11. barruzar: caer chuvia miúda, fina 12. bategar: chover de xeito repentino e intenso por pouco tempo 13. brecar: caer chuvia miúda, fina 14. cebriscar: caer neve miúda con moito vento 15. Chorrear: chover forte e intenso 16. Chover: caer auga das nubes en forma de pingas 17. Chuviñar: caer chuvia miúda, fina
VERBOS GALEGOS PARA A CHUVIA 17. Chuviñar: caer chuvia miúda, fina 18. Chuviscar: caer chuvia miúda, fina 19. Cifrar: soar o vento e chover forte 20. Coriscar: chover con frío ou caer neve miúda 21. Decembrar: chover forte e seguido, típico de decembro 22. Diluviar: chover moito e seguido 23. Froallar: caer chuvia miúda, fina 24. Lapiñar: caer chuvia miúda, fina 25. Marcear: facer un tempo de marzo con claros e chuvias 26. Marmañar: caer chuvia miúda, fina 27. Merar: desprenderse unha chuvia moi fina da néboa mesta 28. Orballar: caer chuvia miúda, fina 29. Orballiscar: orballar moi suave 30. Patiñar: caer chuvia miúda, fina 31. Poallar: caer chuvia miúda, fina 32. Xistrar: caer auga moi fría con neve 33. zarzallar: caer chuvia miúda, fina
ADXECTIVOS GALEGOS SOBRE A CHUVIA 1. babuxado: terreo humedecido pola chuvia fina 2. babuxento: tempo húmido no que chove moito 3. barrucento: tempo húmido no que chove moito 4. barralloso: dise do tempo en que cae chuvia miúda 5. barrucento: tempo húmido no que chove moito 6. chuviñento: dise do tempo en que chove moito ou ameaza chuvia 7. chuviñoso: dise do tempo en que chove moito ou ameaza chuvia 8. chuvioso: dise do tempo en que chove moito ou ameaza chuvia 9. corisqueiro: dise do tempo no que chove con frío ou cae neve miúda 10. corisquento: dise do tempo no que chove con frío ou cae neve miúda 11. froalleiro: dise do tempo non que cae chuvia miúda seguido 12. froallento: dise do tempo non que cae chuvia miúda seguido 13. morriñenta: dise da chuvia miúda e persistente 14. orballento: dese do tempo no que cae unha chuvia fina e
Frases que din que chove moito 1. chover a arroiar 2. chover a ballón 3. chover a cachón 4. chover a caldeiradas 5. chover a canados 6. chover a ceo aberto 7. chover a chapuzos 8. chover coma quen a envorca 10. chover a Deus dala 11. chover a Deus dar 12. chover a manta 13. chover a mares 14. chover a varrer 15. chover a xerros 16. chover o mar chovido 17. chove que arrepía 18. chove que mete medo
Ditos sobre o chover 1. Chover sobre mollado: sucede algo malo despois de outra cousa mala xa acontecida 2. chova que neve!: pase o que pase 3. chóvelle na cabeza: está tolo 4. coma quen ve chover: non facer caso, deixalo pasar 5. nunca choveu que non escampase: todo ten remedio 6. por min que chova!: tanto me ten 7. xa choveu!: hai moito tempo 8. chóvelle no fallado: ten problemas mentais 9. unhas pingan e outras mollan: todo é o mesmo
Refráns sobre a chuvia � � � � � Abril para ser abril ten que vir con augas mil Abril augas mil, se non é no comezo ó medio ou á fin: sempre ha chover moito en abril Auga de mediodía, auga de todo o día: choverá todo o día Auga de trebón nunha parte dá e noutra non: como vén forte nuns sitios estraga e noutros é beneficiosa Auga de xaneiro, cada pinga vale diñeiro: en xaneiro pouca auga vale moito Auga en febreiro mellor ca en xaneiro Auga miúda, vendaval que dura: moitas veces a chuvia fina acabará en forte vendaval. Auga/chuvia mañanceira non é duradeira: cando chove moi cedo non dura Cando chove e fai vento, pecha a porta e estate dentro
- Slides: 22