COMUNICACIN NON VERBAL Introduccin A comunicacin non verbal
COMUNICACIÓN NON VERBAL
Introducción A comunicación non verbal baséase na expresión do corpo. É a mais importante, xa que con ela podemos contradicir o que dicimos, dependendo da expresión da cara, do ceño, de como miremos ou ata como movemos as mans. Tamén é importante a expresión do corpo en certas ocasións, por exemplo a forma de sentarnos en clase, na mesa, cando estamos de pé e á hora de saudar. Hai varios puntos de expresión corporal que son: a postura corporal, os xestos, a expresión facial (que é a mais rica de todas) e dentro desta a mirada, o sorriso, así como a distancia.
Características xerais da Comunicación non verbal (NV) 1. 2. 3. 4. 5. 6. A comunicación non verbal, xeralmente, mantén unha relación de interdependencia coa interacción verbal. Segundo algúns autores as mensaxes non verbais con frecuencia teñen mais significación que o mensaxes verbais. En calquera comunicación é inevitable a expresión non verbal. Nas mensaxes non verbais resáltanse as emocións por encima da información transmitida conceptualmente. Nas diversas culturas existen sistemas non verbais diferentes. Hai unha especialización de certos comportamentos para a comunicación.
Ramas do estudo da Comunicación NV • KINESIA • PROXÉMICA
A mirada … • Pode causarnos moitas sensacións. Por exemplo: cando che dás conta de que un mozo estache mirando fixamente pode significar que lle gustas. • É moi persoal xa que con ela podemos chegar a intimidar a alguén. • Ás veces ten unha función regulativa, xa que con ela podemos transmitir información ao acabar ou empezar a falar.
As mans Coas mans expresamos moitos xestos. Por exemplo, cando unha comida está rica adoitamos facer simulacro de que nos chupamos os dedos.
A distancia varía segundo a relación que teñamos cos demais. . .
Elementos da comunicación NV A comunicación non verbal pode estudarse subdividíndoa en canles, destacando a natureza da comunicación como interrelación entre os participantes: EMISOR RECEPTOR
EMISOR E RECEPTOR EMISOR CARA: ceño, sorriso, mueca. OLLOS: dirección da mirada, alteracións da pupila. CORPO: postura, posición de brazos e pernas, distanciamento. VOZ: ton e ritmo. RECEPTOR VISTA: Percibimos a forma, cor, tamaño das cousas. OÍDO: Captamos os sons e distinguimos se son fortes, débiles, agudos ou graves. OLFATO: Apreciamos os cheiros e distinguímolos uns doutros. SABOR: Saboreamos os alimentos. TACTO: Notamos o frío, calor, suavidade ou aspereza das cousas.
É POSIBLE FINXIR NA LINGUAXE DO CORPO ? A mente humana parece posuír un mecanismo infalible que rexistra a desviación cando recibe unha serie de mensaxes non verbais incongruentes. Pero existen algúns casos en que se simula unha linguaxe do corpo expresamente para gañar certas vantaxes.
Microxestos Poden contraerse as pupilas ou levantarse unha cella, ou unha comisura pode tremer, e eses sinais contradín o xesto de exhibir as palmas das mans e o sorriso «sinceiro» . O resultado é que o oínte tende a non crer no que o farsante está dicindo.
OPINIÓNS DE COMPAÑEIROS. . . • Existe na clase unha forma de comunicación máis aló das palabras? -Sí, xa que os nosos xestos, movementos e expresións, poden transmitir pensamentos, preocupacións. . . sen que nos decatemos. • Pode o meu corpo contradicir o que afirmo? -Sí, porque sen que nos demos de conta a nosa cara, mans e corpo actúa dunha forma distinta á queremos expresar e así podermos contradicirnos. • Pódense transmitir mensaxes a través do corpo? -Sí, do mesmo modo que o noso corpo reacciona inconscentemente a reaccións exteriores, tamén actúa dunha forma natural a estimulacións ou actuacións. • A miña actitude corporal pode incidir nos meus logros na clase? -Sí, o/a mestre/a sempre vai a valorar máis un/a alumno/a que aparente estar atento e preocupado nas clases a outro que mostra unha postura de desinterese e insatisfacción. • Que visión de min creo que teñen os meus profesores, tendo en conta a postura que adopto no aula? -Dun/ha alumna/o interesado/a pero bastante despistado/a.
• Cales son os elementos non verbais que se utilizan na comunicación? -As mans, a cara, o corpo e os xestos. Que porcentaxe na interrelación achega a comunicación non verbal? -Un 60% dos enquisados afirma que un 70% e un 40% un 30% (aproximadamente). Cal sería a correcta actitude corporal nunha clase? -Ombros erguidos, as costas ben rectas, brazos enriba da mesa e actitude positiva e atenta na clase. Como deberías colocar os brazos na aula? -Enriba do pupitre. Cal sería a mellor postura para as túas mans? -A dereita suxeitando o bolígrafo (se es destro) e a esquerda suxeitando a folla na que se escribe ou enriba da mesa. Como terías que ter as túas pernas situadas? -Debaixo da mesa como prolongación da cadeira. Cara a onde debes dirixir a mirada? -Cara diante en dirección ó/á mestre/a ou o taboleiro.
CRÉDITOS: Mar Castro Rial Cynthia Leirós Rodríguez- Cadarso Arantxa Pérez Acuña Candelaria Rodríguez Barsce Andrés Rodríguez Paredes Uxía Vázquez Dios Alba Vera Gallego Coordinación: Mª de los Ángeles Costa Giráldez
Fontes: Comunicación no verbal en el aula Psicología de la comunicación no verbal Página de la Universidad Complutense de Madrid. Artículo sobre la comunicación no verbal (Dolores Soler-Espiauba)
- Slides: 15