col verdura Brassica oleracea col cabbage chou couve
col, verdura (Brassica oleracea) col cabbage chou couve
coliflor CLASE Anxiospermas ORDE Brasicales FAMILIA Brasicáceas repolo
Plantas herbáceas bianuais ás que se lle aproveitan as follas. Cultívanse desde o Neolítico. Existen moitas variedades: coas follas lisas ou rizadas e de distintas cores, cos follas agrupadas formando cabezas (repolos), coas follas soltas (verzas), con grandes masas florais (coliflor, brécol). . . que se poden cultivar en distintas épocas ou todo o ano.
TALO herbáceo, moi reducido o primeiro ano e ata 1, 50 de altura o segundo ano.
FOLLAS: o primeiro ano agrúpanse na base en roseta apretada (repolo), son simples, redondas ou ovaladas, carnosas, grandes, coa beira ondulada e os nervos grosos, moi marcados e de cor máis crara. O segundo ano nacen ao longo dun talo vertical, teñen forma oval e o rabo máis longo.
FLORES Completas, con catro pétalos de cor amarela crara, seis estames e un pistilo.
FROITOS Silicuas, froitos secos que se abren por catro cortes e deixan as sementes sobre un eixo central.
Durante o primeiro ano desenvóvenselle moito as follas formando o típico repolo e no segundo ano emiten un talo ergueito coas follas máis pequenas e as flores no extremo. Pódense cultivar case todo o ano, preferentemente no inverno. O ciclo dura de 5 a 6 meses. CICLO ANUAL-VERDURA Folla Flor Froito xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembr o outubro novemb ro decemb ro
brécol romanesco col lombarda coliflor
verza coles de Bruxelas brécol chinés
brécol
USOS Alimentación das persoas e animais. Algunhas variedades como plantas ornamentais chucrut: col fermentada
TRADICIÓN ORAL. REFRÁNS -A verdura de outono cómea o seu dono. -A verdura de San Simón da para o amo e máis para o ladrón. -En xaneiro, a berza é carneiro. Montaxe: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet DEBUXOS: Mon Daporta
- Slides: 13