CELSO EMILIO FERREIRO Biografa Celanova 1912 Familia acomodada
CELSO EMILIO FERREIRO
Biografía Celanova, 1912 Familia acomodada Estudou nos Escolapios e fixo Dereito. Xuventude: poesía e política (esquerda nacionalista). Funda as Mocidades Galeguistas. Guerra civil: recrutado forzoso no bando nacional. Encarcerado: Longa noite de pedra.
1966: marcha a Venezuela. Visión idealizada da Galicia emigrante. Realidade distinta: dirixentes das sociedades de emigrantes desideoloxizados e enriquecidos. Viaxe ao país dos ananos (sátira contra os dirixentes da colectividade emigrante) Volve a Madrid para traballar como xornalista. Morre en Vigo no 1979. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1989.
A obra de Celso Emilio Continúa a poesía cívica de Curros e Cabanillas. Politízase o discurso poético (mensaxe comprometida). Temas: desarraigo existencial, nostalxia, recuperación da infancia a terra, a denuncia a muller e o amor
Destaca, sobre todo, a poesía belixerante (o poeta debe reflectir a época que lle tocou vivir) Denuncia o sistema social Compromiso contra a guerra, os asasinos e opresores Defensa dos oprimidos.
Lingua Predomina o ton coloquial (en relación co contido directo e claro). Non se preocupou pola depuración da lingua. Hai castelanismos e vulgarismos. Métrica Moi variada Predomina o verso libre Con frecuencia non se axusta á tradicional
3 grandes núcleos temáticos 1. LIÑA SOCIAL: Solidaria cos oprimidos do mundo. Denunciadora dos males sociais (fascismos, deshumanización, emigración, belicismo…) Revolucionaria: pretende conseguir a transformación da sociedade.
“O reino” No tempo aquil cando os animales falaban, decir libertá non era triste, decir verdá era coma un río, decir amor, decir amigo, era igoal que nomear a primavera. Ninguén sabía dos aldraxes. Cando os animales falaban os homes cantaban nos solpores pombas de luz e xílgaros de soños. Decir teu e meu non se entendía, decir espada estaba prohibido, decir prisión somente era unha verba sin senso, un aire que mancaba o corazón da xente. ¿Cándo, cándo se perdeu iste gran Reino? Longa noite de pedra
2. LIÑA INTIMISTA Inconformismo e desacougo existencial Identificación coa terra Fugacidade da vida Evocación da infancia Amor Evoca un tempo pasado e feliz (paraíso perdido)
3. LIÑA IRÓNICA Corrosiva e crítica Cantiga de escarnio e maldicir e Antipoemas Denuncia a mesquindade humana con humor sarcástico Poesía universal (canta as traxedias do ser humano en xeral, por enriba de razas, fronteiras, linguas…)
O hincha A felicidá, en resume, era pra il berrar gol nos partidos de fútbol entre a mesta moitedume. Mais deulle tal torozón cando quedóu campeón o odiado equipo contrario, que por dous goles a un xace na foxa común iste badoco gregario.
- Slides: 11