carba carba mours carballo albario rebola Quercus petraea
carba
carba, mourés carballo albariño rebola (Quercus petraea) roble albar durmast oak chêne rouvre carvalho alvo
CLASE Anxiospermas ORDE Fagales FAMILIA Fagáceas
Árbore de folla caediza que pode acadar ata 30 m de altura, coa copa oval, bastante regular. Orixinaria do sur de Europa e de Asia Menor. Carba na Devesa de Rogueira. O Courel.
TORO Dereito, coa tona gris, máis parda e con gretas ao facerse vella.
FOLLAS Simples, alternas, ovaladas, lobuladas e cun peciolo de arredor de 2 cm de lonxitude. Son de cor verde intensa pola cara e pálidas polo envés.
FLORES Son unisexuais. As masculinas en amentos delgados e as femininas, sentadas e en pequenos grupos. Florece de abril a maio. Polinízase polo vento. ♂ ♀
FROITOS Landras pequenas, de 1, 5 a 2 cm de longo e entre 1 a 1, 5 cm de ancho. Maduran en setembro-outubro.
CICLO ANUAL-CARBA Folla Flor Froito xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembr o outubro novemb ro decemb ro
USOS A madeira dura e de boa calidade, resistente á putrefacción (mesmo na auga) e aos ataques dos insectos úsase para a construción naval, recipientes para auga, viño e outros produtos, travesas de ferrocarril, ferramentas, móbeis e construción. As ponlas novas fendidas en tiras úsanse para facer cestas. A cortiza para taninos de curtir. As landras utilízanse como alimento para os porcos. A súa madeira foi moi valorada para construír barcos e no século XVII estivo a piques de extinguirse en Galiza.
A explotación da madeira, moi valorada para construír barcos, fixo que no século XVII a carba estivese a piques de extinguirse en Galiza. Consérvanse algúns exemplares de gran porte e pequenos bosques illados nas serras orientais.
As carballeiras formadas por carbas son escasas en Galiza. Adoitan estar acompañadas por híbridos co carballo común (Quercus x rosacea), ou co rebolo, teixos, bidueiros, abeleiras, acivros, pradairos, capudres. . . Carba nos Ancares.
Carba no monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes). -10, 30 m de perímetro.
Carba no monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes). -8, 50 m de perímetro.
Carba no monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes). -5, 20 m de perímetro
Carba no monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes). -7, 50 m de perímetro.
Carba no monte dos Acebais (Os Ancares). -5, 50 m de perímetro.
Carba no monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes). 8, 10 m de perímetro.
Carba no monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes).
Carba no monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes).
Carba no monte dos Acebais (Os Ancares).
Carba no Avesedo de Donís (Cervantes) – 6, 40 m de perímetro.
Carba no Avesedo de Donís (Cervantes) – 6 m de perímetro.
Carbas no Avesedo de Donís (Cervantes) - 4, 30 m de perímetro.
Carba no Avesedo de Donís (Cervantes)
Carba no Avesedo de Donís (Cervantes)
Carba no val das Freitas (Os Ancares). 7, 10 m de perímetro.
Carba no val das Freitas (Os Ancares). - 4, 30 m de perímetro. Carba no val das Freitas (Os Ancares). - 5 m de perímetro.
Carba no Teso das Valiñas. (Piornedo, Cervantes). - 3, 15 m de perímetro
Carba (Quercus x rosacea) da Praza do Campo. Quindous. (Cervantes). -20, 4 m de altura e 6, 37 m de perímetro. INCLUÍDA NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.
Carba (Quercus x rosacea) da Praza do Campo. Quindous. (Cervantes). -4, 84 m de perímetro.
MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet Agosto 2015
- Slides: 32