Batns Un batn chamado tamn foln cutin ou
Batáns
Un batán (chamado tamén, folón, cutián ou pisón) é unha máquina que funciona coa enerxía hidráulica e que se usaba para mazar os tecidos de la.
Está formado por unha roda hidráulica en posición vertical que activa os mazos que baten os tecidos ata compactalos.
Os panos de la, despois de tecidos, colocábanse en pías con auga onde se golpeaban para estreitar e enlear as febras e darlles corpo e suavidade. O proceso podía durar unhas 30 horas e a manta diminuía as súas dimensión ata máis de metade, ao compactarse a la.
O eíxo leva uns espigóns que actúan de leva e moven os mazos alternativamente
A orixe dos batáns é descoñecida. Aparellos semellantes utilizábanse en Oriente desde tempos antigos. As referencias máis antigas en Europa aparecen no século XII. En España hai referencias a muíños trapeiros en Girona (1166) Cuenca (1190 -1191) e Teruel. Antigo batán de panos. Padua (século XVII)
Muíño chinés para arroz
Muíño de Juanelo Muíño para pólvora representado no libro de Juanelo Turriano (século XVI)
“Monjolos” brasileiros
Antigo batán toledano
Batáns para papel
Batán para mazar febras para facer papel. Alemania
Foron moi empregadas en Galicia, e a maior parte estiveron en funcionamento ata finais do século XIX. Lucas Labrada fai referencia á existencia en Galicia de 166 batáns no século XVIII, concentrados sobre todo na zona costeira. Debuxo de Xaquín Lourenzo
Batáns do Mosquetín, en Vimianzo Por toda a xeografía galega consérvanse moitos topónimos que fan referencia aos batáns.
Batán de Trazo
Batán de Trazo
Batán de Trazo
Batáns do Mosquetín. Unha instalación con tres batáns e varios muíños na parroquia de Salto Vimianzo)
Batáns do Mosquetín
Batáns do Mosquetín
Batáns do Mosquetín
Batán (arriba) no rego de Folgoso ou do Casal (Folgoso, Lousada, Xermade)
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro Lois, Mon Daporta Padín BIBLIOGRAFÍA: Caro Baroja, Julio, “Tecnología popular española”. Círculo de Lectores.
- Slides: 24