Agradecemos a amable colaboracin da Ponderosa e presentamos
Agradecemos a amable colaboración da Ponderosa e presentamos o mural elaborado polo ciclo de infantil… Que artistas!
O ciclo de infantil tivo como tema de traballo o lugar da Ponderosa onde celebramos a nosa convivencia; Se queredes seguir disfrutando clicade nas seguintes actividades… Un xigantesco conto! (Clica para pasar a páxina) Colorea e decora a túa propia Ponderosa… Volver á páxina principal
En Santa María de Trives había unha casa grande chamada “A Ponderosa”, e, durante uns anos, nela, viviu… un xigante! Os nenos pasaban xunto ao xardín do xigante todas as tardes cando saían do cole. A herba do chan parecía unha alfombra de verde e as flores nacían entre ela. Tamén crecían árbores que daban ricos froitos e os paxariños pousábanse nas súas ramas piando con dozura. E os nenos sempre dicían: -Que felices seriamos se puidésemos xogar aí!
Un día, o Xigante fixo unha larga viaxe que durou moito tempo. Cando volveu ao seu castelo viu que os nenos xogaban no xardín, e berrou con voz de trono: -Que facedes aquí? Os nenos botaron a correr cheos de medo. - Este xardín é só meu e non permitirei que ninguén se aproveite del! Dende aquel día os pobres nenos pasaban por diante do xardín sen poder entrar e, recordaban o felices que foran alí.
De pronto, chegou de novo a primavera e todas as árbores se encheron de flores e paxaros. Só o xardín do Xigante seguía como en inverno. Os paxaros non cantaban porque non vían os seus amigos, os nenos, e ás árbores esqueceran facer xermolar os seus botóns. En cambio, o xeo e a neve estaban contentos. - Que ben estamos aquí! Á primavera esqueceuselle este xardín e imos vivir todo o ano nel. Podemos invitar ao vento frío para que pase unha tempada con nós. E o vento frío chegou ruxindo e derrubando chemineas. Tamén invitaron a sua amiga a sarabia. E todas as tardes caía con forza sobre os tellados, rompendo case todas as tellas da casa.
O Xigante, sentado detrás da ventá, miraba ao xardín e dicía: - Ai! A primavera non chegou… Nin o verán tampouco… E o outono veu repartindo os seus froitos en todos os xardíns, menos no seu! Unha mañá, o Xigante acababa de erguerse e, ao botar unha ollada ao seu xardín, viu un neno pequecho no canto máis apartado. Alí había unha árbore cuberta de neve e o vento ruxía entre as súas ramas. O neno abría os seus braciños para alcanzalas, pero non podía e choraba dando voltas arredor do seu madeiro.
O Xigante pensou ao velo: - Que egoísta fun! Nunca axudei a ninguén: todo teño querido para min! Seguro que por iso a primavera non quere vir ao meu xardín. Entón baixou as escaleiras para axudar ao neno a subir á árbore. Os nenos que o viron botaron a correr asustados. Só quedou o pequeniño que non escapou porque tiña os ollos cheos de bágoas e non podía ver. O Xigante achegouse a el e, colléndoo nos seus brazos, colocouno na árbore. Entón o xardín cubriuse de rosas e os paxaros pousáronse nas árbores piando con alegría.
O neno pequenote, moi agradecido, rodeou o pescozo do Xigante cos seus braciños e deulle un bico. Os demais nenos, ao ver que o Xigante non era tan malo, entraron no xardín… Alí reinou outra vez a primavera, e, todos os días volveron xogar con el.
Pero o Xigante estaba triste. Xa non volveu ver máis aquel neno pequecho que lle deu un bico. Pasaron os anos. O xigante fíxose velliño e non podía baixar a xogar cos nenos. Mirábaos, sentado na súa cadeira de brazos. Unha mañá de inverno viu con sorpresa que a árbore do canto máis apartado do xardín, estaba chea de flores brancas. Alí estaba tamén o neno pequecho, ao que axudou unha vez a subir ás súas ramas. Baixou cara a aquel lugar cheo de alegría. Achegouse ao neno e preguntoulle: - Quen es ti, belo neno? O neno só lle contestou: - Ti deixáchesme xogar un día no teu xardín; hoxe xogarás ti no meu xardín.
Aquela tarde, cando os nenos saíron do cole e entraron no xardín do Xigante, viron este durmido para sempre baixo a árbore do seu canto máis apartado. O Xigante tiña o sorriso nos labios e todo o seu corpo estaba cuberto de preciosas flores brancas. Anos despois, todo o cole celebrou a súa convivencia anual, comendo, falando, bailando e xogando naquel xardín… namentres, o xigante, dende a súa árbore disfrutou de novo da ledicia de volver a ter nenos no seu xardín! (Oscar Wilde. Adaptación) VOLVER AO INICIO
- Slides: 11