a vaca A vaca foi domesticada hai uns

  • Slides: 51
Download presentation
a vaca

a vaca

A vaca foi domesticada hai uns 10. 000 anos no Oriente Medio. Pintura de

A vaca foi domesticada hai uns 10. 000 anos no Oriente Medio. Pintura de hai uns 6. 000 anos que representa persoas coidando vacas no norte de África.

Esceas da vida no Antigo Exipto, de entre 3. 000 a 4. 000 anos,

Esceas da vida no Antigo Exipto, de entre 3. 000 a 4. 000 anos, nas que as vacas son protagonistas

A Vaca, femia, ou boi, macho, (Bos primigenius taurus ou Bos taurus). Mide entre

A Vaca, femia, ou boi, macho, (Bos primigenius taurus ou Bos taurus). Mide entre 120 e 150 cm de altura e acada un peso medio de 600 a 800 kg. Os machos son, xeralmente, máis grandes que as femias e, nalgunhas razas, poden pasar dos 1. 000 kg de peso. Na actualidade hai case 400 razas de gando vacún con diferentes características e utilidades. Críase como productora de carne, leite e como forza de traballo. En 2011, había máis de 1. 300 millóns de vacas no mundo.

NOMES DAS PARTES DA VACA TRONCO lombo CABEZA cruz testa cadril orella frente rabo

NOMES DAS PARTES DA VACA TRONCO lombo CABEZA cruz testa cadril orella frente rabo ollo costelar coxa fuciño ventre pescozo xeonllo ubre pé cornos tetos cóbado peito man PATAS unllas

As vacas que viven soltas aliméntanse de vexetais, sobre todo herbas; as estabuladas aliméntanse

As vacas que viven soltas aliméntanse de vexetais, sobre todo herbas; as estabuladas aliméntanse con distintos tipos de forraxes, secos ou ensilados, e pensos compostos. Nas pequenas explotacións teñen unha alimentación combinada de pasto, forraxes e pensos.

Con cornos ou sen cornos? O natural de todas as vacas e teren cornos,

Con cornos ou sen cornos? O natural de todas as vacas e teren cornos, pero ás vacas das granxas, que se crían en espazos reducidos, elimínanselle as zonas do óso da frente a partir da que medran os cornos para impedir que estes se desenvolvan co fin de evitar posibles lesións por agresións entre elas ou por accidentes.

A vaca enlea a herba coa lingua, arrancaa e envíaa. Na primeira parte do

A vaca enlea a herba coa lingua, arrancaa e envíaa. Na primeira parte do estómago, o rumen, a herba é atacada polos microorganismos que viven alí, logo, cando está tranquila, devólvea á boca para remoela As vacas adultas non teñen dentes na mandíbula superior Esquema co aparato dixestivo dun ruminante no que destaca o tamaño do Rumen e as catro partes nas que está dividido o estómago.

As vacas teñen boa Visión de cerca e un campo visual moi amplo, ata

As vacas teñen boa Visión de cerca e un campo visual moi amplo, ata 300 grados, co que pode percibir calquera movemento case todo arredor. Teñen o Gusto pouco desenvolvido, pero aprecian os sabores. . Teñen un bo Oído, e moi sensible, capta ondas de alta frecuencia e pode mover as orellas para localizar a dirección da que ven o son Olfato. Moi desenvolvido. Ten unha Pel altamente sensible ao contacto e áreas especialmente sensibles onde é máis fina: no fuciño, no arranque dos cornos…

Para desplazárense apoian as puntas dos dedos que están protexidas por unha cuberta córnea

Para desplazárense apoian as puntas dos dedos que están protexidas por unha cuberta córnea o pezuño

Vive en grupos nos que se establece unha xerarquía por medio de pelexas, nos

Vive en grupos nos que se establece unha xerarquía por medio de pelexas, nos que tamén hai un líder que dirixe os desplazamentos.

Emiten sons para comunicárense entre elas e para pedir alimento. En Galicia dise que:

Emiten sons para comunicárense entre elas e para pedir alimento. En Galicia dise que: berran, brúan, múan, bradan, iñan ou esborrecan.

Reproducción. Teñen unha cría cada ano. A xestación dura arredor de nove meses. As

Reproducción. Teñen unha cría cada ano. A xestación dura arredor de nove meses. As crías ao nacer pesan entre 30 e 40 kg. As nais lamben ás crías para limpalas e identificalas polo olor.

Ao pouco tempo de nacer os xatos, pochos, cuxos, becerros ou terneiros poden poñerse

Ao pouco tempo de nacer os xatos, pochos, cuxos, becerros ou terneiros poden poñerse de pé e aos poucos días seguen á súa nai a todas partes

Os becerros maman entre 90 e 100 días

Os becerros maman entre 90 e 100 días

As vacas críanse: en rexime extensivo ou de pastoreo, soltas en espazos abertos nos

As vacas críanse: en rexime extensivo ou de pastoreo, soltas en espazos abertos nos que buscan o seu propio alimento; intensivo ou estabuladas, en espazos pechados nos que se abastecen con pensos e forraxes; ou unha combinación dos dous que pode depender das condicións ambientais, do tipo de rendemento que se busque ou de outros factores.

Cría extensiva de productoras de carne

Cría extensiva de productoras de carne

Cría intensiva de productoras de leite

Cría intensiva de productoras de leite

Cría en libertade con reforzos de forraxe e pensos.

Cría en libertade con reforzos de forraxe e pensos.

As vacas son animais de utilidade múltiple: como forza de traballo no agro e

As vacas son animais de utilidade múltiple: como forza de traballo no agro e como productoras de leite e carne

Aínda que nos países desenvolvidos foron desplazadas polos aparellos mecánicos, quedan moitos lugares no

Aínda que nos países desenvolvidos foron desplazadas polos aparellos mecánicos, quedan moitos lugares no mundo nos que as vacas son a principal forza de traballo agrícola.

A vaca úsase como animal de traballo, tiro e labranza, desde 4. 000 anos

A vaca úsase como animal de traballo, tiro e labranza, desde 4. 000 anos ADC. na Ucraína. Imaxes de labranza e trilla do Antigo Exipto.

Cada ano prodúcense 60 millóns de tn de carne de vacún

Cada ano prodúcense 60 millóns de tn de carne de vacún

O LEITE é un líquido branco e un algo visguento formado por unha mestura

O LEITE é un líquido branco e un algo visguento formado por unha mestura de auga na que están disoltos azucres e minerais na que hai proteínas en suspensión e graxas. No ano 2011 producíronse no mundo arredor 750 millons de tn de leite.

As vacas múnxense dúas veces ao día, á mañán e á noitiña. A producción

As vacas múnxense dúas veces ao día, á mañán e á noitiña. A producción media dunha vaca está arredor de 4. 000 l ao ano, aínda que un gran número delas supera esta cifra. Para producir 1 l de leite, unha vaca consume 2 l de auga.

Nas explotacións gandeiras faise un munxido mecánico

Nas explotacións gandeiras faise un munxido mecánico

O leite despois de munxido pódese consumir directamente, pero na maioría dos casos envíase,

O leite despois de munxido pódese consumir directamente, pero na maioría dos casos envíase, ou é recollido por camións que o transportan, ás factorías para darlle os tratamentos axeitados antes de envasalo ou transformalo e distribuílo

Leite enteiro, semidesnatado e desnatado Leite homoxeneizado e pasteurizado Tona do leite

Leite enteiro, semidesnatado e desnatado Leite homoxeneizado e pasteurizado Tona do leite

Leite evaporado quítaselle ata o 60% da auga Leite condensado quítaselle auga e engádeselle

Leite evaporado quítaselle ata o 60% da auga Leite condensado quítaselle auga e engádeselle azucre como conservante. Leite en pó, quítaselle toda a auga. dura ata 6 meses sen necesidade de frío en bolsas de 25 kg.

Outros productos derivados do leite: queixos, manteiga, iogures, bebidas lacteadas…

Outros productos derivados do leite: queixos, manteiga, iogures, bebidas lacteadas…

Da vaca tamén se aproveita a pel, os cornos e ata os osos carbonizados

Da vaca tamén se aproveita a pel, os cornos e ata os osos carbonizados no blanqueo do azucre.

Usos da pel da vaca

Usos da pel da vaca

Usos dos cornos

Usos dos cornos

A vaca produce máis de 50 litros de resíduos cada día.

A vaca produce máis de 50 litros de resíduos cada día.

os excrementos das vacas mesturados con palla, toxo e outros vexetais eran o fertilizante

os excrementos das vacas mesturados con palla, toxo e outros vexetais eran o fertilizante empregado na agricultura tradicional.

Morea de esterco Esterco nunha leira

Morea de esterco Esterco nunha leira

Os excrementos das granxas, puríns, que teñen pouco material sólido, cóllense en cisternas e

Os excrementos das granxas, puríns, que teñen pouco material sólido, cóllense en cisternas e esparéxense para abonar os prados

Bosta posta a secar para ser usada como combustible. En lugares donde escasea o

Bosta posta a secar para ser usada como combustible. En lugares donde escasea o combustible sécanse as bostas das vacas, que conteñen unha gran cantidade de materia vexetal, para poder queimalas nos fornos e nas cociñas

vacas galegas En Galicia existen cinco razas autóctonas de vacas

vacas galegas En Galicia existen cinco razas autóctonas de vacas

Rubia galega ou vaca do país. Pesa entre 450 e 500 kg; e de

Rubia galega ou vaca do país. Pesa entre 450 e 500 kg; e de cor rubio máis ou menos claro. Ten as mucosas rosadas. Ata hai poucos anos era unha vaca de aproveitamento múltiple, pero hoxendía está orientada á producción de carne. É a raza autóctona máis numerosa.

Cachena. As femias miden entre 90 e 120 cn de alto e poden pesar

Cachena. As femias miden entre 90 e 120 cn de alto e poden pesar ata 350 kg. Os machos miden entre 100 e 130 cm de altura e pesar uns 500 kg. As principais características distintivas son a súa curta talla e os seus longos cornos lirados. Atópase na Baixa Limia, en Ourense.

Caldelá. Pesa entre 400 e 500 kilos. Anteriormente de uso combinado agora críase como

Caldelá. Pesa entre 400 e 500 kilos. Anteriormente de uso combinado agora críase como productora de carne. Atópase na comarca de Caldelas, en Ourense.

Frieiresa. Os machos miden arredor de 140 cm de altura na cruz e pesan

Frieiresa. Os machos miden arredor de 140 cm de altura na cruz e pesan de media 865 kg; as femias teñen 10 cm menos de alzada e pesan arredor dos 500 kg. Atópase na comarca das Frieiras no SE de Ourense. A mouta de pelo longo na testa é uha característica diferenciadora desta raza.

Limiá. Pesa arredor dos 500 kg. Localízase na Limia, en Ourense. Críase como productora

Limiá. Pesa arredor dos 500 kg. Localízase na Limia, en Ourense. Críase como productora de carne.

outras vacas curiosas

outras vacas curiosas

No mundo existen 26 razas de vacas de talla reducida, a máis pequenas son

No mundo existen 26 razas de vacas de talla reducida, a máis pequenas son unha vaca da India, a vaca Busha de Bulgaria, a vaca de Córcega… as máis coñecidas son as da raza Dexter irlandesas. vaca enana da India vaca de Córcega vaca busha de Bulgaria

vaca da raza Dexter

vaca da raza Dexter

Longhorn de Texas ou Texas longhorn. os cornos de algúns exemplares miden máis de

Longhorn de Texas ou Texas longhorn. os cornos de algúns exemplares miden máis de 2 m.

Boi africano de cornos longos ou boi watusi. Os cornos do boi da imaxe

Boi africano de cornos longos ou boi watusi. Os cornos do boi da imaxe chegaron a medir 95 cm de circunferencia.

Vaca curiosa

Vaca curiosa

Vaca feliz fin

Vaca feliz fin