A REVOLUCIN RUSA 1917 CAUSAS o A Revolucin

  • Slides: 15
Download presentation
A REVOLUCIÓN RUSA 1917

A REVOLUCIÓN RUSA 1917

CAUSAS: o A Revolución Rusa foi un dos máis importantes feitos ocorridos na época

CAUSAS: o A Revolución Rusa foi un dos máis importantes feitos ocorridos na época contemporánea. o As causas destas dúas revolucións abarcan situacións políticas, sociais e económicas de Rusia na época. o n Politicamente, o pobo ruso odiaba a dictadura do zar Nicolás II. As baixas que os rusos sufriron durante a I Guerra Mundial debilitaron aínda máis a imaxe de Nicolás. n Socialmente, o réxime despótico do zar estivera oprimindo ó campesiñado durante séculos. Isto provocou tensións dentro da clase baixa rural que desemboco en altercados. n Economicamente, a inflación e a fame por toda Rusia contribuíron así mesmo á revolución. Definitivamente, unha combinación destes tres factores, combinados co liderazgo de Lenin, conduciron irremisiblemente á Revolución Rusa.

CAUSAS POLÍTICAS o Os obreiros traballaban once horas ó día. As condicións de saúde

CAUSAS POLÍTICAS o Os obreiros traballaban once horas ó día. As condicións de saúde e seguridade no traballo eran sombrías, e os salarios baixaban. producíronse numerosas folgas e protestas co paso do tempo. Case todas foron ignoradas por Nicolás ou reprimidas, en ocasións dunha forma violenta e mortífera (Domingo Sanguento). En 1915, a situación tornouse crítica cando Nicolás decidiu tomar o control directo do exército, supervisando persoalmente o fronte de guerra e deixando a súa incapaz esposa Alexandra ó cargo do goberno. o Sobre outubro de 1916, Rusia perdera entre 1, 6 y 1, 8 millóns de soldados, ós que había que engadir dous millóns de prisioneiros de guerra e un millón de desaparecidos. Empezaron a sucederse motíns, e en 1916 empezaron a circular rumores de confraternización co inimigo. Os soldados estaban famentos e faltos de calzado, munición e incluso de armas. Culpouse a Nicolás destas calamidades, e o pequeno apoio que lle quedaba empezou a tambalearse. A medida que este descontento xeneral e odio cara a Nicolás II crecían, la Duma (cámara baixa do parlamento ruso representada por terratenentes, cidadáns, traballadores da industria e campesiños) emitiu unha advertencia ó zar en novembro de 1916 declarando que se aveciñaba o desastre sobre a nación senón se poñían en marcha reformas constitucionais. Como era de esperar, Nicolás fixo caso omiso. O resultado non se demorou, e varios meses despois o réxime colapsou durante a Revolución de Febreiro de 1917. Un ano despois, o zar e a súa familia foron executados. A xestión inepta do Estado e da guerra por parte de Nicolás custáronlle o trono e a vida.

CAUSAS SOCIAIS o As causas sociais da Revolución teñen a súa orixe en séculos

CAUSAS SOCIAIS o As causas sociais da Revolución teñen a súa orixe en séculos de opresión do réxime zarista sobre as clases baixas, ademais dos fracasos de Nicolás na I Guerra Mundial. Aproximadamente un 85% do pobo ruso formaba parte do campesiñado, oprimido polas clases superiores e o propio réxime. O vasalaxe, asociado comunmente coa Idade Media, describe con precisión a situación social da Rusia de Nicolás: Unha pequena clase de nobres terratenentes controlaba unha vasta cantidade de servos. En 1861, o zar Alexandro II de Rusia emancipou a estes campesiños non por razóns morais senón porque impedía o avance social de Rusia. Sen embargo, esta nova liberdade foi de carácter limitado, dado que no tiñan ningunha terra que cultivar. Como resultado, o goberno elaborou novas leis que lles outorgaban pequenas parcelas que traballar. Sen embargo, a cantidade de terra que se lles cedeu foi insuficiente, co que desencadeáronse enormes sublevacións. a I Guerra Mundial so aumentou o caos. o A inxente demanda de producción industrial de artículos de guerra causou moitas máis insurreccións e folgas. Ademais, como necesitábanse a moitos traballadores nas fábricas, os campesiños emigraron ás cidades, que pronto víronse superpoboadas, vivindo baixo condicións que rapidamente empeoraron. Para colmo, mentres que a cantidade de alimentos requirida polo exército era cada vez maior, o abastecemento tras o fronte empobrecíase máis. En 1917, a fame ameazaba á maioría das grandes cidades. A suma de todos os factores anteriores contribuíu a un crecente descontento entre os cidadáns rusos.

CAUSAS ECONÓMICAS o As causas económicas da Revolución Rusa atribuíronse en gran medida á

CAUSAS ECONÓMICAS o As causas económicas da Revolución Rusa atribuíronse en gran medida á mala xestión do zar, sumada á I Guerra Mundial. Máis de quince millóns de homes uníronse ó exército, que deixou un número insuficiente de traballadores nas fábricas e nas granxas. O resultado foi unha escaseza xeneralizada de alimentos e materias primas. o Os obreiros tiveron que soportar terribles condicións de traballo, incluíndo xornadas de doce a catorce horas e baixos salarios. Desencadeáronse cuantiosas revoltas e folgas reivindicando mellores condicións e maiores salarios. Houbo unha protesta ante a que Nicolás respondeu con violencia; en resposta, os traballadores da industria foron á folga e paralizaron o ferrocarril e o resto de redes de transporte. As poucas mercancías que estaban dispoñibles non podían levarse o seu lugar de destino. Os prezos disparáronse a medida que os bens esenciais eran cada vez máis escasos. o En 1917, a fame ameazaba a moitas das grandes cidades. O fracaso de Nicolás en resolver os problemas económicos do seu país e a promesa do comunismo por aplacalos compuxo o núcleo desta revolución.

ANTECEDENTES A RUSIA ZARISTA REXIMEN FEUDAL Aristocracia latifundista Campesiñado pobre Burguesía reducida Proletariado emerxente

ANTECEDENTES A RUSIA ZARISTA REXIMEN FEUDAL Aristocracia latifundista Campesiñado pobre Burguesía reducida Proletariado emerxente MONARQUÍA ABSOLUTA PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL Penuria Revueltas populares Deseo de paz

A Revolución Rusa de 1917 foi un movemento político en Rusia que culminou en

A Revolución Rusa de 1917 foi un movemento político en Rusia que culminou en 1917 ca expulsión do goberno provisional que reemplazara o sistema zarista, o que levou finalmente ó establecemento da Unión Soviética, que durou ata a súa caída en 1991. ü Na Revolución rusa poden distinguirse dúas fases: o A primeira foi a chamada Revolución de Febreiro de 1917, que desprazou a autocracia do zar Nicolás II de Rusia, o último da historia, e tiña a intención de instalar no seu lugar unha república liberal. o A segunda fase foi a Revolución de Outubro, na que os soviets, inspirados e controlados cada vez máis polo Partido Bolchevique de Lenin, tomaron o poder do goberno provisional dirixido por Kerensky.

1ª) Revolución de Febreiro o A Revolución de Febreiro sobreveu case espontaneamente cando o

1ª) Revolución de Febreiro o A Revolución de Febreiro sobreveu case espontaneamente cando o pobo de Petrogrado protestou contra o réxime zarista pola escaseza de comida na cidade. o Existía tamén un gran descontento ca involucración na Primeira Guerra Mundial. A principios de febreiro as protestas fóronse tornando violentas en canto os cidadáns subleváronse e enfrontaron á policía e os soldados. Cando o groso dos efectivos destacados na capital uníronse á sublevación, esta converteuse nunha verdadeira revolución obrigando a abdicar ó zar previo a unha transición case sen derramamento de sangue. o Constituíuse un novo goberno provisional á vez que planeouse a convocatoria de eleccións. Entre febreiro e outubro os revolucionarios intentaron fomentar cambios máis radicais. En xulio, os bolcheviques de Petrogrado, en colaboración cos anarquistas, promoveron unha rebelión civil. Esta insurrección fracasou.

REVOLUCIÓNS DE 1917 REVOLUCIÓN FEBREIRO Revolución liderada por intelectuais e burgueses Formación de poderes

REVOLUCIÓNS DE 1917 REVOLUCIÓN FEBREIRO Revolución liderada por intelectuais e burgueses Formación de poderes Soviets Controlados polos bolcheviques Goberno Provisional Controlados polos mencheviques, liberais e kerenski Enfrentamento entre ambos poderes

2ª) Revolución de Outubro o A Revolución de outubro foi liderada por Vladimir Lenin

2ª) Revolución de Outubro o A Revolución de outubro foi liderada por Vladimir Lenin e baseada nas ideas de Karl Marx. Marcou o inicio da expansión do comunismo no século XX. o O 7 de novembro de 1917, o líder bolchevique Lenin liderou ós revolucionarios de esquerda nunha revolta contra o ineficaz Goberno Provisional. o Despois de outubro de 1917, moitos membros do Partido Socialista-Revolucionario e Anarquistas opuxéronse ós Bolcheviques a través dos soviets. Cando esto fallou, provocaron varias revoltas nunha serie de sucesos chamados "a terceira revolución". Estes movementos, que esixían unha extensa variedade de demandas e carecían dunha efectiva coordinación, foron finalmente aplastados durante a Guerra civil.

REVOLUCIÓNS DE 1917 REVOLUCIÓN OUTUBRO Revolución socialista/bolchevique dirixida por intelectuais e obreiros Formación dun

REVOLUCIÓNS DE 1917 REVOLUCIÓN OUTUBRO Revolución socialista/bolchevique dirixida por intelectuais e obreiros Formación dun goberno revolucionario controlado por Lenin Paz con Alemania Guerra Civil ata 1921 Creación da URSS 1922

3ª) A Guerra Civil o A Guerra Civil Rusa, que estalou en 1918 tras

3ª) A Guerra Civil o A Guerra Civil Rusa, que estalou en 1918 tras un breve período despois da Revolución de Outubro, trouxo morte e sufrimento a millóns de persoas de ambos bandos sen importar a súa postura política. o Os contendentes eran denominados, por un lado, os "roxos", comunistas e revolucionarios, e, polo outro, os "brancos", monárquicos, conservadores, liberais e socialistas moderados que oporíanse á revolución bolchevique. Os brancos recibían o apoio doutros países tales como Francia, Estados Unidos, Xapón e o Reino Unido.

CONSECUENCIAS: o Polas súas consecuencias nacionais e mundiais, a revolución rusa de 1917 constitúe

CONSECUENCIAS: o Polas súas consecuencias nacionais e mundiais, a revolución rusa de 1917 constitúe o acontecemento político e económico-social más importante do século XX. Ó igual ca revolución francesa de 1789, a Revolución Rusa pecha unha era da historia e abre unha nova época para a humanidade. n Formación dun novo estado a URSS. Desta revolución xurdirá un enorme país cun potencial económico tremendo que, durante anos estará illado do resto das nacións europeas e mundiais dado o seu interese por difundir a doutrina comunista pero que máis adiante acaparará unha órbita de influencia tremenda á converterse nunha das dúas superpotencias que controlarán os destinos do Planeta durante a Guerra Fría. n Nacemento e expansión do sistema comunista. O comunismo tivo os seus pro e contras. Como contras podemos destacar: o aumento da infalción como consecuencia de que a produción non creceu o suficiente, a desaparición do sistema monetario internacional do rublo; as cidades seguen desabastecidas. . . Como positivo: a consolidación da revolución que fixo imposible a marcha atrás.