A PULGA A pulga viva feliz no seu

  • Slides: 15
Download presentation
A PULGA

A PULGA

A pulga vivía feliz no seu mundo de pulga entre o pelo dun can.

A pulga vivía feliz no seu mundo de pulga entre o pelo dun can. Tiña abrigo, comida e tranquilidade. Íbase ao sobrazo cando tiña frío, sobíase as orellas cando tiña calor, colgábase no rabo- que o can movía sen acougo- cando quería sentir emocións fortes, e achegábase ao fuciño cando quería ver mundo.

Vivía nunha tranquilidade case absoluta, monótona, aburrida ata de máis, cos únicos sobresaltos que

Vivía nunha tranquilidade case absoluta, monótona, aburrida ata de máis, cos únicos sobresaltos que lle daba o can ao rañarse, cada vez que a ela se lle ocurría peteiralo para comer. Levaba unha vida que envexaría calquera outra pulga, se non fora por un pequeno inconvinte. Estaba soa, e botaba de menos algunha compañeira. Pasaba os días agardando que algunha outra pulga se aventurara a vivir no seu can, pero seu desexo nunca se cumplia. Ela tampouco se decidía a abandonar aquel lugar porque non sabía a onde ir.

Pero, un deses días que estaba a mirar o mundo desde o alto do

Pero, un deses días que estaba a mirar o mundo desde o alto do fuciño, fíxolle, sen querelo, cóxegas no nariz… O can esbirrou e a pulga, sorprendida, e sen tempo para suxeitarse, caeu ao chan. Cando consigueu recuperarse, máis do susto que do golpe, atopouse fóra do seu mundo e lonxe do seu can.

Sinteuse perdida e tentou recuperalo, pero xa se atopaba lonxe do seu alcance. Resignada,

Sinteuse perdida e tentou recuperalo, pero xa se atopaba lonxe do seu alcance. Resignada, botou a andar sen saber moi ben cara a onde; e para ver máis alá subeu a unha herba, e desa saltou a outra , e a outra… Pero todo o que alcanzaba a ver cos seus ollos de pulga, era verde e máis verde. A carreira do can era máis lixeira que os seus saltos de pulga, que ademais tropezaban con todas aquelas, para ela, altísimas herbas. Xa cansa, parou, pero a fame que tiña , empurrouna a seguir buscando.

Botouse ao primeiro que pasou preto dela, pero non atopou a que agarrarse e

Botouse ao primeiro que pasou preto dela, pero non atopou a que agarrarse e despois de uns rebolos polo lombo do lagarto atopouse outra volta no chan, e de novo á busca de asento.

Tivo sorte porque ao pouco atopou, un rato. Pero a axilidade que tiña o

Tivo sorte porque ao pouco atopou, un rato. Pero a axilidade que tiña o tal rato para perseguila por todos os recunchos nos que se metía, fixéronna temer pola súa vida e fuxeu del en canto se lle presentou a ocasión.

Logo saltou enriba dun paxaro. Era fabuloso para ver mundo, pero incómodo para suxeitarse

Logo saltou enriba dun paxaro. Era fabuloso para ver mundo, pero incómodo para suxeitarse e moito máis complicado fuxir da ameaza do peteiro que, cada pouco, percorría todas as plumas para arranxalas.

Deixou o paxaro e subeuse nun ourizo Alí atopou dúas pulgas, vellas e gordas,

Deixou o paxaro e subeuse nun ourizo Alí atopou dúas pulgas, vellas e gordas, que logo o puxeron ao corrente da situación: “unha vida tranquila sen grandes aspiracións”. “O patrón ráñase pouco, sae case sempre de noite e pasa case medio ano durmindo enleado coma unha pelota”. E como nin as circunstancias, nin a compaña eran do seu gusto, agora que xa estaba afeita a mudar de asento, despideuse e foise en busca de algo de mellor xeito.

Deixou o ourizo e subeuse a unha vaca. Aquelo era enorme! Tardaba unha eternidade

Deixou o ourizo e subeuse a unha vaca. Aquelo era enorme! Tardaba unha eternidade en chegar das patas ao lombo, e outro tanto en chegar do rabo á cabeza. Colgarse do rabo xa non era unha diversión, era un perigo. E tampouco era máis doado pensar en comer. Furar naquel coiro era de todo punto imposible así que tamén tivo que abandonar a vaca e seguir buscando aloxamento.

Baixouse da vaca e subeu nunha ovella. Avanzou pola pata, e entrou na la

Baixouse da vaca e subeu nunha ovella. Avanzou pola pata, e entrou na la que, co mesta e longa que era, non lle deixaba saber cara a onde iba, e que coa calor que lle daba púxoa a piques de atafegar, polo que tamén tivo que desistir e non lle quedou outra que abandonar a ovella.

Desta volta agabeou por algo quentiño, con pouco pelo, pero ben cuberto e abrigado.

Desta volta agabeou por algo quentiño, con pouco pelo, pero ben cuberto e abrigado. Pero esta ousadía a piques estivo de converterse na súa desgracia porque, en canto sentiu a súa picadura, o home buscouna, … atopouna , pillouna, e cando estaba a piques de esmagala, aínda non sabe como… Tivo a sorte de poder fuxir.

Saiu con vida daquela situación pero despois puxo moito máis coidado á hora de

Saiu con vida daquela situación pero despois puxo moito máis coidado á hora de escoller a onde arrimarse. E non se decideu por ninguén ata que sinteu un olor que lle resultaba familiar… Deu uns cantos saltos e atopou, deitado na herba, un can. Non era o seu can, nin tiña o pelo suave, nin o rabo longo, nin as orellas de punta. Pero era un bo abrigo e tiña, dabondo, aquelo que tanto botara de menos.

¡unha morea de pulgas! coas que comparteu canto vivira e foi feliz.

¡unha morea de pulgas! coas que comparteu canto vivira e foi feliz.

fin Cousiñas feitas na casa Mon Daporta

fin Cousiñas feitas na casa Mon Daporta