A novela A novela Corazn de Chocolate Un

  • Slides: 18
Download presentation

A novela

A novela

A novela Corazón de Chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela (Edicións Xerais) é

A novela Corazón de Chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela (Edicións Xerais) é a primeira entrega dunha serie de novelas que teñen como protagonista a Tintimán. O investigador terá que solucionar casos complexos nas cidades galegas. Canda este primeiro volume apareceu A Coroa de Napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña.

A novela TINTIMÁN é un rapaz compostelán que herdou do seu pai: a paixón

A novela TINTIMÁN é un rapaz compostelán que herdou do seu pai: a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axetreado traballo de xornalista. Asemade recibiu en herdanza un gato ben peculiar e unha casa na rúa das Hortas. Tintimán era fillo dun correspondente de guerra que morreu no deserto de Iraq e o seu fillo non vai deixar morrer a súa memoria nin o seu compromiso coa verdade e a xustiza.

A novela • ANXO, o director do Diario de Galicia (o xornal onde traballaba

A novela • ANXO, o director do Diario de Galicia (o xornal onde traballaba o seu pai) de poder facelo. O seu axudante é SEÑOR GROZNI, un gato torto que lle dá consellos de xeito telepático. O traballo de periodista vaille quitar a Tintimán tempo de acudir á clase, pero a súa amiga (ela di que son mozos) MÓNICA axúdao cos apuntamentos e cos exames, e mesmo límpalle e ordéalle a casa.

A novela • Tintimán non responde como debería e faille as beiras a MAIKA,

A novela • Tintimán non responde como debería e faille as beiras a MAIKA, unha rapaciña que é fotógrafa no xornal. Ao noso heroe non lle faltan as axudas e o seu padastro, ANSELMO, que é historiador, aserorárao sobre o pasado e o patrimonio da cidade, e agochará as súas trasnadas diante da muller e nai de Tintimán, a perfectísima ciruxiá SILVIA.

A novela • Tintimán quere ser reporteiro, pero non sabe por onde empezar. Por

A novela • Tintimán quere ser reporteiro, pero non sabe por onde empezar. Por casualidade, descobre a Irmandade Xelmírez, unha seita que domina Galicia e que se move por un labirinto baixo a Praza do Obraboiro. O noso heroe debe demostrar que se trata dunha realidade e non dunha lenda urbana para informar aos lectores do Diario Galego.

A novela • A cidade de Santiago será o escenario emocionante e arriscado para

A novela • A cidade de Santiago será o escenario emocionante e arriscado para o primeiro misterio que ten que descubrir. O seguinte enredo que vive está na Coruña e despois virán Vigo, Lugo, Ourense, Ferrol e Pontevedra.

O autor • Para rapaces asinou as novelas Todo a cen, A rutina corsaria,

O autor • Para rapaces asinou as novelas Todo a cen, A rutina corsaria, Salitre, Balea morta ou lancha a pique!, A cova das vacas mortas (Premio Fundación Caixa Galicia 2006), A Feroz Batalla da Charca. (Finalista do Premio Meiga Moira 2006), Plastilina nos pulmóns (Finalista Premio Martín Sarmiento) e O contador de estrelas. Escribiu tamén a obra de teatro Estación Mir.

O autor • Asimesmo asinou Galicia, un balcón espiritual sobre o Atlántico, unha guía

O autor • Asimesmo asinou Galicia, un balcón espiritual sobre o Atlántico, unha guía sobre o país que o Xacobeo editou en xaponés, e a tradución para o galego de A porta de Mayo de Gonzalo Moure e Tina Blanco; tamén é coautor Itinerario Histórico-Musical de Lugo (Ouvirmos)

O autor • Adoita impartir obradoiros de técnicas narrativas e animación á lectura para

O autor • Adoita impartir obradoiros de técnicas narrativas e animación á lectura para todo tipo de públicos, aínda que sobre todo para profesores/as e para rapaces, así como dar conferencias e participar en congresos, tanto en Galicia como en universidades de Europa e Suramérica.

O autor • Desenvolve o seu traballo na sección de Cultura do diario El

O autor • Desenvolve o seu traballo na sección de Cultura do diario El Progreso de Lugo, onde publica tres columnas semanais, unha dela sobre literatura e outra sobre gastronomía. Como xornalista, gañou o Premio Manuel Reimóndez Portela de Periodismo 2005 e o Premio Museo Provincial 2009

O autor • Mantén o blog sobre cultura galega e internacional www. cabaretvoltaire. canalblog.

O autor • Mantén o blog sobre cultura galega e internacional www. cabaretvoltaire. canalblog. com

Información das actividades arredor do libro Departamento de Educación dptoeducación@santiagodecomposdtela. org www. santiagodecompostela. org

Información das actividades arredor do libro Departamento de Educación dptoeducación@santiagodecomposdtela. org www. santiagodecompostela. org Telf. : 981 554 400/ 401 Fax: 981 571 511