A familia romana Na cultura romana fundamental o

  • Slides: 9
Download presentation
A familia romana

A familia romana

Na cultura romana é fundamental o concepto de GENS (liñaxe, clan); unha gens está

Na cultura romana é fundamental o concepto de GENS (liñaxe, clan); unha gens está formada por todos os descendentes dun mesmo antepasado masculino. Todos os membros dunha gens levan o mesmo nomen. PUBLIUS CORNELIUS SCIPIO AFRICANUS Praenomen Nomen Cognomen

L. Cornelius Scipio Barbatus (proavus) P. Cornelius Scipio (avus) Aemilia (mater) P. Cornelius Scipio

L. Cornelius Scipio Barbatus (proavus) P. Cornelius Scipio (avus) Aemilia (mater) P. Cornelius Scipio Africanus (pater) P. Cornelius Scipio Africanus (filius) P. Cornelius Scipio Aemilianus (nepos) L. Cornelius Scipio Asiaticus (patruus) Cornelia (casou con Tiberius Sempronius Gracchus) (filia) Sempronia C. Sempronius Grachus Ti. Sempronius Grachus Os romanos sentían un profundo respeto polos seus ancestros. As súas imagines eran custodiadas no lararium.

Unha gens está formada por distintas familiae. A familia compóñena todos os individuos que

Unha gens está formada por distintas familiae. A familia compóñena todos os individuos que están baixo a autoridade do pater familias. A serpe representaba o Genius do Pater familias

Nacemento e infancia Cando un bebé nacía, púñano no chan para que o pai

Nacemento e infancia Cando un bebé nacía, púñano no chan para que o pai o recollese. Este xesto simbolizaba o recoñecemento e aceptación na familia. Unha vez recoñecido, impúñaselle o nome e a bulla, o amuleto que os nenos levaban ata os 17 anos e as nenas ata o día do seu matrimonio. Aos 17 anos os pueri convertíanse en viri. Quitaban a bulla e vestían a toga virilis. As familias nobles que non tiñan descendentes varóns soían adoptar nenos procedentes dalgunha outra gens. Ese foi o caso de Publius Cornelius Scipio Aemilianus, que procedía da gens Aemilia.

Nas excavacións arqueolóxicas teñen aparecido multitude dos xoguetes de época romana, pero non debemos

Nas excavacións arqueolóxicas teñen aparecido multitude dos xoguetes de época romana, pero non debemos esquecer que moitos nenos, sobre todo os escravos, víanse obrigados a traballar desde pequenos.

A educación obrigatoria non existía, pero moitos nenos e nenas asistían á casa dalgún

A educación obrigatoria non existía, pero moitos nenos e nenas asistían á casa dalgún mestre co que aprendían a ler, escribir e a facer cálculos elementais. As familias acomodadas soían ter un mestre na casa, normalmente un escravo. A partir dos doce anos moi poucas nenas continuaban os estudos. Algúns nenos asistían a clase do grammaticus, que impartía leccións de lingua, historia, literatura grega e latina, xeografía, astronomía… Só os rapaces das clases altas, destinados á carreira política, continuaban estudando co rhetor, co que aprendían leis, filosofía e sobre todo oratoria, a técnica de falar en público.

O matrimonio Confarreatio Cum manu (a muller pasa a estar sometida á patria potestade

O matrimonio Confarreatio Cum manu (a muller pasa a estar sometida á patria potestade do marido) Coemptio Usus Sine manu (a muller non está baixo a tutela do marido, senón baixo a do seu pai) Existía a posibilidade de disolver calquera destes matrimonios. Os homes podían repudiar á muller desde os tempos da república. A partir do imperio a muller pode tamén tomar a iniciativa do divorcio.

A morte O moribundo era depositado na terra, onde un familiar recollía o seu

A morte O moribundo era depositado na terra, onde un familiar recollía o seu último suspiro. O cadáver era exposto no atrio da casa. A pompa percorría as rúas da cidade. Escravos da familia portaban as máscaras dos antepasados do defunto. O normal entre os romanos era a incineración, pero os Cornelii tiñan a tradición de inhumarse. Os restos eran levados fora da cidade e levantábase un monumento funerario á beira dalgún camiño.