A CANTIGA DE AMOR CONCEPTO Composicins poticas de

  • Slides: 11
Download presentation
A CANTIGA DE AMOR

A CANTIGA DE AMOR

CONCEPTO Composicións poéticas de carácter amoroso nas que o trobador adopta a máscara dun

CONCEPTO Composicións poéticas de carácter amoroso nas que o trobador adopta a máscara dun amante para expresar o seu tormento a causa dun amor non correspondido. Este lamento vai dirixido en xeral á dama: SENHOR Tamén pode dirixirse á natureza, a Deus, a un público indeterminado…

CARACTERÍSTICAS 1. Nace da imitación do modelo provenzal, pero presenta diferenzas: COITA vs. JOI

CARACTERÍSTICAS 1. Nace da imitación do modelo provenzal, pero presenta diferenzas: COITA vs. JOI 2. Concepción feudo-vasalística: ESCRAVO-AMO 3. Visión platónica e idealizada da dama: AMOR CASTO 4. Descrición abstracta da namorada

A COITA DE AMOR Tormento/dor polo amor non correspondido. Síntomas: Pranto: choro, queixa amorosa

A COITA DE AMOR Tormento/dor polo amor non correspondido. Síntomas: Pranto: choro, queixa amorosa Perda do sono Loucura: perda do sentido a causa do sufrimento = SANDECER Morte por amor: TÓPICO

A LOANZA DA DAMA Panexírico que destaca as súas calidades. § A descrición física

A LOANZA DA DAMA Panexírico que destaca as súas calidades. § A descrición física é moi abstracta (“fremosa”, “de bon parecer”, “ben talhada”). § A descrición dos seus atributos morais é máis extensa: (“bon siso”, ben falar, mesura, largueza, bondade. . . ).

A FORMA DAS CANTIGAS DE AMOR As composicións constan de: - varias cobras ou

A FORMA DAS CANTIGAS DE AMOR As composicións constan de: - varias cobras ou estrofas (rara vez pasan de tres) Composta cada unha por un número variable de: versos = PALAVRAS Hai dous tipos de cantigas de amor: a) As de mestría: modelo provenzal b) As de refrán: elementos autóctonos. Ao final de cada cobra presentan un retrouso ou refrán.

A MÉTRICA O verso máis frecuente era o octosílabo e decasílabo. Cando todas as

A MÉTRICA O verso máis frecuente era o octosílabo e decasílabo. Cando todas as estrofas dunha composición seguen o mesmo esquema: COBRAS UNÍSONAS Cando o esquema varía cada dúas estrofas: COBRAS DOBRAS Se o esquema era diferente para cada unha das estrofas: COBRAS SINGULARES

BERNAL DE BONAVAL A dona que eu am' e tenho por senhor amostrádemi-a Deus,

BERNAL DE BONAVAL A dona que eu am' e tenho por senhor amostrádemi-a Deus, se vos en prazer for, se non, dádemi a morte. A que tenh'eu por lume destes olhos meus e porque choran sempr', amostrádemi-a, Deus, se non, dademi a morte. Essa que vós fezestes melhor parecer de quantas sei, ai, Deus!, fazédemi-a veer, se non dádemi a morte. Ai Deus!, que mi-a fezestes mais ca min amar, mostrádemi-a u possa con ela falar, se non dádemi a morte.

VASCO GIL Ai mia senhor! quero-vos preguntar: E os meus olhos nom podem veer

VASCO GIL Ai mia senhor! quero-vos preguntar: E os meus olhos nom podem veer pois que vos ides e eu nom poss'ir prazer em mentr'eu vivo for, per rem, vosco per rem, e sem grad'a partir pois vos nom virem, meu lum'e meu bem! m'hei eu de vós e de vosco morar, E por aquesto querria saber: ai eu cativo! por Deus, que farei? ai, eu cativ'!, e que será de mim? Ai eu cativo!, que nom poderei Ai eu cativ'!, e mal dia naci, prender conselho, pois sem vós ficar! pois hei de vós alongad'a viver! Nom sei hoj'eu tam bom conselhador que me podesse bom conselho dar na mui gram coita que hei d'endurar, u vos nom vir, fremosa mia senhor. Ai eu cativo!, de mi que será? Ai eu cativo!, que hei por vós já viver em cuita, mentr'eu vivo for!

D. DINÍS Senhor, em tam grave dia vos vi que nom poderia mais; e,

D. DINÍS Senhor, em tam grave dia vos vi que nom poderia mais; e, por Santa Maria, que vos fez tam mesurada, doede-vos algum dia de mi, senhor bem talhada. Pois sempr'há em vós mesura e todo bem e cordura, que Deus fez em vós feitura qual nom fez em molher nada, doede-vos por mesura de mim, senhor bem talhada. E por Deus, senhor, tomade mesura por gram bondade que vos El deu, e catade qual vida vivo coitada e algum doo tomade de mi, senhor bem talhada.

D. DINÍS Um tal home sei eu, ai bem talhada, que por vós ten'a

D. DINÍS Um tal home sei eu, ai bem talhada, que por vós ten'a sa morte chegada; veedes quem é, seed'en nembrada: eu, mia dona. Um tal home sei [eu] que preto sente de si [a] morte [chegada] certamente; veedes quem é, venha-vos em mente: eu, mia dona. Um tal home sei [eu], aquest'oíde, que por vós morre, vó'lo [en] partide; veedes quem é, nom xe vos obride: eu, mia dona.