A cancin moderna os grandes poetas da cancin




















- Slides: 20
A canción moderna: os grandes poetas da canción
Durante o século XX a poesía recupera a música, elemento que fora moi importante nas súas orixes. Hoxe en día a “canción” é probablemente o xénero literario con máis receptores en todo o mundo.
Dentro da canción, algúns subxéneros están asociados a determinados contextos xeográficos e socio-culturais: é o caso por exemplo do tango arxentino, do blues afroamericano ou do rebetikó grego. Carlos Gardel (1890 -1935) Markos Vamvakaris (1905 -1972)
Muddy Waters (1913 -1983) Bessie Smith (1894 -1937) John Lee Hooker (1917 -2001) Debido ao enorme peso da cultura norteamericana o blues exerceu a partir da segunda metade do século XX unha enorme influencia na música popular de todo o mundo.
O jazz foi outra aportación fundamental da cultura afroamericana. Boa parte da música do século XX non se podería entender sen el. Ella Fitzgerald (1917 -1996) Sarah Vaughan (1924 -1990)
Polas características do xénero lírico, calqueira tema que teña que ver coas emocións ten cabida na canción, pero o amor en todas as súas manifestacións é o que aparece con máis frecuencia. Serge Gainsbourg (1928 -1991) Charles Aznavour (1924) Laura Pausini (1974)
A mediados do século XX nace o que se coñece como “canción protesta”, de carácter fortemente reivindicativo e comprometido coa xustiza e a liberdade. O nome de “cantautor” facía referencia a este tipo de músicos / poetas que interpretaban os seus propios temas. Violeta Parra (1917 -1967) Pete Seeger (1919) Jose Afonso (1929 -1987)
A “canción” é un xénero extendido por todo o mundo. Hoxe en día a palabra “cantautor” vai máis alá do intérprete politicamente comprometido. Tanto a temática como os ritmos son hoxe en día enormemente variados. Letristas de todo o mundo enriquecen cada ano as literaturas das súas linguas…
En inglés… Bob Dylan (1941) Probablemente é o cantautor máis recoñecido a nivel mundial. A súa carreira musical está repleta de temas xeniais tales como Like a Rolling Stone, Forever young ou Hurricane. En moitas ocasións o seu nome ten soado como posible candidato ao Premio Nobel de literatura. As súas letras, repletas de imaxes surrealistas, van desde o compromiso coa xustiza ata o intimismo, pasando pola relixión, a sátira, o amor…
Leonard Cohen (1934) Galardoado co premio “Príncipe de Asturias” das letras no ano 2011, o músico e poeta Leonard Cohen canadiano pasará á historia pola calidade lírica das súas letras e pola calidez das súas interpretacións. Suzanne, Hallelujah ou The Partisan son algúns dos seus temas máis coñecidos.
Tracy Chapman (1964) Norah Jones (1979) O mundo da canción renóvase constantemente coa aparición de novos talentos. Nas últimas décadas destaca a irrupción de mulleres que interpretan os seus propios temas. Alicia Keys (1981)
John Lenon (1940 -1980) Amy Winehouse (1983 -2011) A moitos deles , unha morte prematura converteunos en modernos “mitos”
En francés Aristide Bruant (1851 -1925) En Francia a chanson é un xénero de gran tradición. O mundo da bohemia parisina, do cabaret, contribuiu ao seu éxito a principios do século XX.
Edith Piaf (1915 -1963) Intérprete xenial e compositora de La vie en rose, unha das cancións máis coñecidas da música francesa
Georges Brassens (1921 -1981) Premio nacional de poesía, autor de moitas cancións traducidas a varias linguas, musicou ademáis poemas de Louis Aragon e Victor Hugo. La mauvaise reputation é un o seu tema máis coñecido. Jacques Brel (1929 -1978) Naceu en Bélxica e morreu na Polinesia. En 1959 lanzou Ne me quitte pas, unha das cancións de amor máis coñecidas internacionalmente. Georges Moustaki (1934) Naceu en Alexandría e criouse nun entorno multicultural, o que o levou a cantar en varias linguas. Desde 1951 vive en París. Le meteque é a súa canción máis coñecida
En italiano Paolo Conte (1937) As súas letras teñen un carácter claramente vangardista. A canción máis popular é Azurro. Franco Battiato (1945) Cantante siciliano, autor de temas como Nomadi ou La stagione del’amore. Lucio Dalla (1943 -2012) Pasou de músico de jazz experimental a autor de cancións tan populares como Caruso
En portugués Vinicius de Moraes (1913 -1980) Adriana Calcanhotto (1965) Chico Buarque (1944) Este poeta e intérprete de Rio de Janeiro, premio nacional de poesía no Brasil, é o autor de A garota de Ipanema e de Eu sem voce Nacida en Portoalegre, é unha das voces máis destacadas da música en portugués dos últimos anos. Musicou poemas de Mario de Sá Carneiro, gran amigo de Fernando Pessoa. Novelista e dramaturgo ademáis de poeta e cantante. Entre os seus temas máis coñecidos están Construçao e sobre todo A pesar de voçe.
En euskera En catalán Mikel Laboa (1934 -2008) Lluis Llach (1948) Mª del Mar Bonet (1947) Patriarca da canción en euskera. Txoria txori, o seu tema máis coñecido, forma xa parte do folclore vasco e chegou a ser interpretada por Joan Baez. A súa canción L`estaca converteuse en himno da oposición á dictadura de Franco e da necesidade de loitar unidos en favor da liberdade. Que volent aquesta gent conta o drama da persecución política en tempos de Franco.
Tanto en España como en Latinoamérica ten habido e hai importantísimos compositores de cancións. Víctor Jara (1932 -1973) Silvio Rodríguez (1946) Joan Manuel Serrat (1943) Joaquín Sabina (1949)
En Galicia, Suso Vaamonde e Miro Casabella contribuiron coas súas cancións á loita antifranquista e á normalización da lingua galega. Suso Vaamonde (1950 -2000) Miro Casabella (1946)