a cabra A cabra foi coecida e cazada
a cabra
A cabra foi coñecida e cazada desde os primeiros tempos da humanidade, e unha das primeiras especies domesticadas, aparece representada en moitas covas e refuxios prehistóricos Cabra de Cougnac (Francia) Cabra das covas de Altamira (Cantabria) Cabra de Dordogne Périgord (Francia)releve de 19. 000 anos Cabeza de cabra. Talla en óso de cervo atopada na cova de Tito Bustillo en Asturias.
A cabra doméstica (Capra hircus aegagrus) é unha subespecie da cabra fera. O tamaño e o peso depende da raza: a altura pode estar entre case 1 m, das razas grandes, e os 40 a 50 cm, das enanas; e o peso entre os 135 kg, dos sementais de razas grandes productoras de carne, e os 2025 kg, das cabras enanas africanas. Hai máis de 300 razas distintas de cabra. É un dos animais domésticos de máis ampla distribución xeográfica, debido á súa extraordinaria capacidade de adaptación a diferentes condicións de clima, vexetación e manexo. O seu número está aumentando rápidamente, no 2008 había xa máis de millóns de cabras no mundo.
Os machos son sempre máis grandes que as femias, teñen os cornos máis desenvolvidos e as barbas e o pelo máis longos. Tres exemplares da mesma razaun macho (abaixo) e dúas femias, unha con cornos e outra sen eles.
As razas de cabras distínguense polo tamaño do pelo, pola cor, especialmente da cara, as patas e as orellas, e pola forma, o tamaño e a posición das orellas e os cornos. A maioría das cabras teñen cornos, aínda que hai razas que nacen sen eles.
A cabra aliméntase case de calquera cousa vexetal pero prefiren as puntas de arbustos e matogueiras propios de medios secos ou montañosos. Normalmente camiña mentras come polo que precisa espazos amplos nos que moverse.
Como son ruminantes, cando descansan remoen o que comeron anteriormente.
A cabra ten os sentidos ben desenvolvidos. Boa vista, coa meniña dos ollos horizontal, unha adaptación que mellora a visión periférica e a profundidade, un bo oído, bo olfato e boa memoria.
A cabra é moi áxil. Desplazase con seguridade por toda clsae de terreos, e ten especial predilección polos sitios altos. Para camiñar apoia a punta dos dous dedos medios de cada pata que están protexidos por uñas fortes e que non esbaran.
Vive en rabaños, pero non se manteñen tan agrupadas como as ovellas
As cabras crian unha vez ao ano. A xestación dura 5 meses. En cada parto adoitan nacer un ou dous cabritos, capaces de seguir ao rabaño ao pouco tempo de nacer. Cabuxos recén nacidos
Os cabritos, cabuxos ou xenas, maman de 4 a 6 semanas
Un rarísimo parto de catrillizos en Maule (Chile)
A esperanza de vida das cabras está entre 15 e 18 años, aínda que poden chegar aos 20.
A cabra críase pola producción de leite, carne, pel e pelo.
Un elemento destacado nas cabras leiteiras é o tamaño das súas ubres de dous tetos. A relación entre o peso do animal e a cantidade de leite que produce e a mellor de todos os animais domésticos. A cabra pode producir de 12 a 13 veces o seu peso en leite cada ano. A vaca somentes 5 ou 6
As cabras múnxense dúas veces ao día, manualmente ou con máquinas munxidoras, e as grandes productoras poden dar de 3 a 4 litros diarios. No mundo consúmese máis leite de cabra que de vaca. Cabra de boa aptitude leiteira
O leite de cabra consúmese fresco ou transformado en queixo, iogur… etamén se usa para a elaboración de xabóns Leite de cabra en pó Iogur de leite de cabra Queixo de leite de cabra Xabon de leite de cabra
A carne tamén é un dos productos que se obteñen das cabras. A máis apreciada é a dos cabritos: de leite, sacrificados entre os 20 e 30 días do seu nacemento, cando pesan entre 7 e 9 kg, ou recén destetados cando cumplen os dous meses. A carne dos animais adultos non é tan apreciada porque desprende o olor característico da especie, que, sobre todo, nos machos é moi forte. Cabra dunha raza productora de carne
A pel da cabra, sobre todo a dos exemplares máis novos (tafilete, gamuza) utilízase, pola súa finura, na fabricación de roupa e complementos, para parches de instrumentos de percusión…
e ata a popularización dos recipientes de plástico e metálicos para a elaboración de odres e outros recipientes para o almacenamento e transporte de líquidos.
Unhas poucas cabras orixinarias de Oriente Medio producen unha lá suave, fina e brillante que se utiliza para fiar e tecer. Son as lás de Angora e Cachemir. Novelos tinguidos e labores de punto
Outras partes como as tripas tamén se aproveitan para fabricar “catgut” e cordas de instrumentos musicais. O chamado catgut estéril (Chorda resorbilis sterilis) é un fio utilizado em suturas nos humanos. Obtense do intestino de animais mamíferos como o carneiro e a cabra, para eso lávase, córtase en tiras longas, tórcese, sécase, e púese. Tratase con sales de cromo para evitar que se contamine. As febras de catgut son ideais para uso interno, pois son reabsorvidas polo organismo humano cando a cicatrización xa está completa. A tripa foi durante moito tempo a única febra utilizada en instrumentos musicais de corda, como o violin, a arpa e a viola. Aínda hoxe muitos músicos o utilizan, polo timbre. A máis apropiada é a de animais ruminantes. Para preparar as cordas séguese o mesmos pasos que para elaborar o catgut.
cabra galega Cabra galega. É un animal rústico. Mide de 60 a 80 cm de lonxitude e pesa de 50 a 80 kg. Atópase sobre todo en áreas de montaña onde se cría en rexime de pastoreo extensivo. Algúns exemplares presentan pelos longos e abundantes nas partes altas das patas.
outras cabras, e cousas de cabras
femia macho cabritos Cabra enana africana. É uhna das razas máis pequenas, non pasa dos 45 cm de altura e pesa entre 18 e 30 kg. Machos e femias teñen cornos. Poden vivir de 10 a 15 anos.
Anglo-nubian. Esta raza creouse en Inglaterra por cruzamento de cabras inglesas con cabras orientales de orellas caídas de Exipto, a India, Abisinia… É unha raza de doble aptitude usada para producir carne e leite, con produccións entre 700 e 900 kg de leite por lactancia. É unha das cabras máis grandes e pesadas, os machos poden chegar a 140 kg. É unha cabra tranquila que se adapta ben ás condicións de clima cálido. o que máis destaca nela son as orellas longas e caídas.
Boer. Raza creada por cruzamentos de cabra europea, de angora e india. É unha cabra grande, de excelentes condicións para producir carne, Os machos poden pesar ata 135 kg e 100 kg as femias. So da leite cando ten crías.
Saanen. Orixinaria dos vales de Saanen e Simental, en Suíza. Ten un tamaño medio pode pesar ata 65 kg. Son de cor blanca ou crema co pelo curto e fino. Son excelentes productoras de leite, de 800 a 900 kg por lactación e un 3, 6 % de materia graxa. É unha raza pacífica e tranquila. sensible á calor polo que se desnvolve mellor en clima frío.
Cabra de Angora. Mide entre 55 e 65 cm de altura e pesa entre 40 e 65 kg. Os machos son os máis grandes. Mentras teñen crías producen 1 l de leite diario. Críanse para aproveitarlle o pelo, a lá de Angora, fina, brillante e de tacto moi agradable.
En todas as grandes cadeas montañosas do mundo aínda viven cabras silvestres. Nas da Península Ibérica vive a cabra fera da que hai varias subespecies. Cabra fera (Capra pyrenaica). As femias miden uns 1, 20 metros de longo con 60 cm de altura na cruz, e pesan entre 30 e 45 kg. Teñen os cornos curtos e parécense á cabra doméstica. Os machos, en cambio, poden chegar aos 148 centímetros de longo, ter unha altura na cruz de 77 centímetros e acadar un peso máximo de 110 kg. Están coroados por uns grandes cornos que poden medir máis de 1 m.
A cabra é un animal bastante independente polo que pode sobrevivir sen axuda. Hai numerosos casos de cabras asilvestradas e cimarronas que medran en lugares apartados de distintas cadeas montañosas ou en pequenas illas. Cabras asilvestradas
Cabra de Juan Fernández (Chile). É unha subespecie de cabra que se desenvolveu nese arquipélago a partir dunhas cabras que deixou alí o descubridor desas terras no século XV. Moitos descubridores tiñan por costume ceibar animais nas illas que descubrían para mantelos como fonte de provisións para outras ocasións.
Cabra equilibrista As cabras teñen boa memoria e poden aprender. Ben adestradas podense usar como animais de circo e como animais de tiro ou de carga. Cabra de carga Cabra taxi Cabras carreteiras
Cabras “arborícolas” alimentándose nunha árbore de argán en Marrocos
E despois do contado ben moi ben un descanso.
fin
- Slides: 38