10 Palabras galegas que non teen traducin Actividade
10 Palabras galegas que non teñen tradución
Actividade preliminar • • De que linguas cres que proceden estas palabras? En parellas intentade adiviñar o seu significado Coñeces algunha palabra que só exista en galego? Agora ides ler unhas palabras galegas que poden entrañar dificultade a hora de buscar un equivalente noutra lingua. Imaxinade como poderían ser en croata.
Morriña • Sentimento e estado de ánimo melancólico e depresivo, en particular o causado pola nostalxia da terra. • Tamén existe en portugués e aparece recollido no DRAE.
Ex: Nos días de chuvia éntrame a morriña.
Meiga • Muller á que se lle atribuía un pauto co demo, do que recibía poderes para realizar meigallos, adiviñar o futuro, curar… • A diferenza da bruxa, a meiga non é sempre mala.
Ex: Cre que unha meiga lle botou un mal de ollo
Carallo • Indignación: Que carallo! • Cachondeo: Bueno, carallo, bueno! • Desplante: Vai ao carallo. • • Inquisitivo: Que carallo é? Ofensa: Este carallo é parvo. Ameaza: Ven, carallo, ven. Negación: Non, carallo, non. • • Ira: Me cago no carallo, ¡Carallo! Gabanza: É un home de carallo. Animoso: Dálle, carallo, dálle. Cualitativo: Non vale un carallo. Esgotamento: Xa estou ata o carallo. Meteoroloxía: Vai un sol de carallo. Afastado: Queda no quinto carallo.
Luscofusco • Momento do día, entre o día e a noite, en que a luz desapareceu case por completo e as cousas se perciben como sombras
Luar • Claridade producida pola luz da Lúa. Ex: O luar iluminaba a praza na noite.
Carballeira • Lugar poboado de carballos (tipo de árbore). Ex: A merenda celébrase nunha carballeira.
Ría • Penetración que forma o mar na costa, debida á sumersión da parte litoral. Semellante a un fiorde noruegués.
Orballo • Chuvia miúda que molla moi lentamente. • Poalla ou chuvisca tamén son sinónimos. • Tamén designa a rosada que aparece pola mañá froito da humidade.
Enxebre • Que é característico e propio dun país ou dunha rexión e que non está falseado, deformado ou mesturado con nada alleo. Ex: A queimada e o licor café son bebidas moi enxebres.
Percebeiro • Persoa que apaña percebes (crustáceos fixados pola parte inferior ás rochas dos lugares moi batidos polo mar).
Con que están relacionadas a maioría destas palabras?
Mira estes vídeos e responde: • Verbas • Anuncio de promoción de turismo en Galicia • Cales son as túas palabras favoritas en galego? Por que? • Votade para ver cal é a palabra máis bonita • Que ideas transmite o segundo vídeo? Que pode esperar un turista de Galicia? É unha imaxe distinta do resto de España?
En croata Agora intentade pensar entre todos en palabras na vosa lingua que poidan ser difíciles de trasladar ao galego.
- Slides: 19