1 A CUESTIN HOMRICA scar Soto Fernndez Os

  • Slides: 14
Download presentation
1. A CUESTIÓN HOMÉRICA Óscar Soto Fernández

1. A CUESTIÓN HOMÉRICA Óscar Soto Fernández

Os antigos crían na existencia de Homero, no entanto, na época alexandrina houbo que

Os antigos crían na existencia de Homero, no entanto, na época alexandrina houbo que atribuíse un autor diferente a cada un dos poemas. Desde o final do século XVIII que WOLF fundamentou cientificamente as dúvidas, a cuestión continúa. E o debate entre analíticos (que distinquen varios autores) e unitarios (que aceitan un só) eé constantemente enriquecido con novos argumentos. As dificuldades son moitas. Unha está na linguaxe, onde se combinan formas de diversa épocas e elementos de dialectos diferentes, (xónico , eólico, xe, arcadio-chipriota, ático e micnico), é dicir, unha lingua artificial, que nunca ninguén falou. A arqueoloxía ven a complicar as cousas ao non haber concordancia entre os estratos lingüísticos e os arqueolóxicos. Un exemplo destacado é o do elmo de presas de xabarín, ornamento dos guerreiros micénicos, descrito no canto X da Ilíada, que lingüísticamente é dos máis recentes. A propia data de composición ofrece as maiores dificuldades, pois os poemas transcorren na época micénica, entre heroes micénicos, E ignoran a invasión dórica , mencionada unicamente en Odisea XIX, 177. Porén moitas descobertas, procedentes de diversas áreas do saber, Teñen vido a modificar, sucesivamente, as teorías acumuladas ao longo de tantos anos.

Polo lado literario, o descubrimento máis notábel derivouse dos estudos do americano MILMAN PARRY,

Polo lado literario, o descubrimento máis notábel derivouse dos estudos do americano MILMAN PARRY, publicados en 1928. Partindo da observación directa dos procesos de composición de bardos serbocroatas, chegou á conclusión de que os poemas de Homero se asentaban nunha técnica de improvisación oral que explicaría as repeticións e pequenas incongruencias da narración. De forma resumida esta doutrina consiste no seguinte: os poemas repiten frecuentemente epítetos e versos enteiros, porque eran obra da improvisación oral, que necesariamente ten que ter puntos de apoio, frases almacenadas, que desen tempo a pensar o verso seguinte, mentres se canta o anterior. ῏Ημος δ’ ἠριγένεια φάνη ῥοδοδάκτυλος ᾿Ηώς (Ι. 477) Τὸν δ’ ἀπαμειβόμενος προσέφη κρείων ᾿Αγαμέμνων (Ι. 130) Τὸν δ’ ἀπαμειβόμενος προσέφη πόδας ὠκὺς ᾿Αχιλλεύς (Ι. 84) Τὸν δ’ ἄρ’ ὑπόδρα ἰδὼν προσέφη πόδας ὠκὺς ᾿Αχιλλεύς (Ι. 148)

Os epítetos nunca son casuais ainda que estean condicionados pola métrica. Axudan a caracterizar

Os epítetos nunca son casuais ainda que estean condicionados pola métrica. Axudan a caracterizar un heroe e destacar aquela característica súa relevante nun momento especial. Os epítetos de Aquiles falan da súa superioridade física. Ulises na Odisea é calificado de home “de mil artificios” ou “que moito sofreu” conforme a situación. É frecuente que cada heroe ou pobo teña os seus epítetos distintivos, que, segundo as descubertas do profesor PAGE (History and the Homeric Iliad. 1959), proceden en gran parte de época micénica. Así, os aqueos son “de belas cnémides”, “de broncíneas túnicas” ou “de longos cabelos”; os troianos son “domadores de cabalos”; Heitor é “de casco faiscante”. Estas observacións lévannos a outros aspecto da cuestión, o que se relaciona coa historicidade da Ilíada, que segue a discutirse desde finais do século XIX.

HEINRICH SCHLIEMANN (1822 – 1890) Levado polo desexo de redescubrir os lugares homéricos, comezou

HEINRICH SCHLIEMANN (1822 – 1890) Levado polo desexo de redescubrir os lugares homéricos, comezou en 1971 a escavar na colina de Hisarlik (na actual Turquía, ao Noroeste de Asia Menor) e encontrou non unha, senón sete cidades sobrepostas, das que unha era especialmente opulenta , e que chamou Troia II e supuxo que era a homérica Sofía Schliemann coas xoais e aderezos do presunto “Tesouro de Príamo” encontrado en Troia II. A realidade é que se trata de obxectos moito mási antigos, pois Príamo, é dicir, a Troia homérica, debe de ter sido Troia VI ou VIIa.

O axudante e continuador de Schliemann, o arqueólogo W. DORPFELD, estableceu claramente as distintas

O axudante e continuador de Schliemann, o arqueólogo W. DORPFELD, estableceu claramente as distintas fases do xacemento de Hisarlik e os seus traballos, terminados en 1894, levaron a identificar a cidade de Príamo con Troia VI, que tiña restos cerámicos idénticos aos que os dois alemáns tiñan encontrado en Micenas e Tirinto, lugares onde tamén buscaran as pegadas dos heroes homéricos.

Unha nova campaña de escavacións entre 1932 e 1938, agora conducida polo arqueólogo americano

Unha nova campaña de escavacións entre 1932 e 1938, agora conducida polo arqueólogo americano C. BLEGEN, da Universidade de Cincinatti, apuntou a posibilidade de se ter fundido na memoria dos homes a riqueza de Troia VI, de fortes murallas, destruída por un incendio ao redor de 1230 a. C. , uns decenios despois da data tradicional da Guerra de Troia (1184, segundo Eratóstenes). Os traballos de BLEGEN mostraban que a civilización de Troia VI trouxera consigo a domesticación do cabalo (os troianos son os únicos calificados de “domadores de cabalos” por Homero) e parecía ter aguantado un longo cerco, segundo se deducía das precaucións tomadas para preservar alimentos.

Nas´décadas de 1950 e 1960 foronse descifrando textos de un pobo que viviu no

Nas´décadas de 1950 e 1960 foronse descifrando textos de un pobo que viviu no interior de Asia Menor, os hititas. Nos seus rexistros referíanse ao ataque dos Ahhiyawa, que foron identificados cos aqueos, a Millawanda, que se pensou ser Mileto, a Wilusa e a Tarwisa, que serían, respectivamente, Ilión e Troia. Este acontecimento situaríase no séc. XIII a. C. , precisamente na época de maoir esplendor e poder de Micenas (capital de Agamewnón, comandante supremo da expedición, na Ilíada). Todos estes feitos provocaron unha Cuestión de Troia e na súa discusión participaron os mellores especialistas pondo en dúbida todos os datos referidos anteriormente, incluíndo a localización dos Ahhiyawa.

KORFMANN en Troia Entre 1981 e 1987 o arqueólogo alemán MANFRED KORFMANN, da Univesidade

KORFMANN en Troia Entre 1981 e 1987 o arqueólogo alemán MANFRED KORFMANN, da Univesidade de Tubinga, recomezou as escavacións na zona da Tróade e os datos foron reveladores: (1) A 8 km ao Sudoeste de Hisarlik, na baía de Beșik, os navíos tiñan que esperar que amainasen os fortes ventos do Noroeste, que sopraban entre a primavera e o comezo do outono. Era, por tanto, un lugar de pasaxe de correntes chegadas do Mar Negro (onde desaguan non só o Danubios, senón tamén outros tres grandes ríos de Rusia e Ucrania, o Dniester, o Dnieper e o Don) através do Bósforo e dos Dardanelos. Logo, cando Homero califica a Troia de “ventosa” demostra que coñecía ben a rexión onde se situaba a acción. A longa espera naquel porto de abrigo poñía en contacto aos navegantes cosa cidade da colina de Hisarlik, polo que se entende que fose tantas veces atacada, destruída e reconstruída. (2) Nesa área apareceu gran cantidade de cerámica micénica, o que proba polo menos a existencia de comercio entre os dous pobos. (3) Descubriuse un cemiterio con prácticas de cremación e inhumación, costumes que xeralmente son opostos, e restos de cerámica micénica.

En 1988 KORFMANN comezou a escavar en Troia coa axuda de todos os recursos

En 1988 KORFMANN comezou a escavar en Troia coa axuda de todos os recursos da técnica e a colaboracións de varias universidades. Estes son algúns dos resultados: (1) A colina de Hisarlik estivo sempre fortificada ao longo de tres mil anos e sufriu moitas guerras entre o séc. XIV e XIII por dominar os Dardanelos. (2) Existen nove cidades superpostas cunha altura cercana aos vinte metros. (3) As murallas de Troia VI son dez veces maior do que se supuña, e polo tanto a propia Troia VI ten unha extensión moito máis grande do que ata agora se coñecía (4) A última cidade é da época helenístico-romana. (5) Coñecemento da escrita, revelada por una camapaniña de bronce (ca. 1190 -1140 a. C. ), con unhas palabras en luvio, unha lingua indoeuropea, que funcionaría tamén como lingua franca en Anatolia. (6) Non hai dúbida de que a Troia VI é a Troia homérica e que o autor da Ilíada coñecía ben os lugares que describe. Aquiles contra Héitor

As conclusións de KORFMANN non implican, porén, necesariamente, que se confunda unha epopeia cun

As conclusións de KORFMANN non implican, porén, necesariamente, que se confunda unha epopeia cun libro de historia. Nin impede que se continúe a discutir a relación entre a sociedade micénica e a homérica, ainda que falten nesta a gran burocracia e a abundancia de escravos daquela. A presenza de elementos micénicos nos poemas de Homero ten sido moi discutida, mais, xeralmente, admítese que son micénicos: (1) (2) (3) (4) (5) (6) (7) Os personaxes e os seus építetos. A riqueza de Micenas (“Micenas rica en ouro”). A escaseza do ferro. A noción de que ἄναξ é máis importante que βασιλεύς. O fasto e os funerais de Patroclo. A arquitectura dos palacios, especialmente a presenza do mégaron. Obxectos como o elmo de presas de xabarín, a copa de Néstor, a espada de Heitor, a técnica de incrustación, etc. Detalle dunha daga micénica cunha escena de caza dun león. Obsérvense os dous tipos de escudos: rectangular e en 8.

Mégaron de Micenas Reconstrución ideal do mégaron do palacio de Pilos Mégaron de Pilos

Mégaron de Micenas Reconstrución ideal do mégaron do palacio de Pilos Mégaron de Pilos

Os achados últimos decenios teñen vido a poñer en dúbida algunhas cousa comunmente aceitadas.

Os achados últimos decenios teñen vido a poñer en dúbida algunhas cousa comunmente aceitadas. O caso máis flagrante é o do Heroon de Lefkandi, na costa occidental de Eubea, un lugar próspero entre 1100 e 750 a. C. Neste heroon encontrouse un túmulo do séc. X a. C. que contiña as cinsas dun guerreiro e o esqueleto da sua consorte, o que ven demostar a coexistencia da inhumación e da cremación. A aparición conxunta de prácticas e obxectos que se supuñan de épocas diferentes (escudos en 8 e redondos, os dous descritos na Ilíada, o modo de traballar Hefesto o escudo de Aquiles: forxándoo como se fose de ferro mais con incrustacións de ouro, prat e bronce, ó xeito micénico, etc…) deben poñernos en alerta sobre a interpretación histórica dunha obra literaria. Imaxes: Reconstrución do Heroon de Lefkandi e figuriña de centauro (Quirón ? ) encontrado no mesmo.

TENDENCIAS ACTUAIS Homero (1) Non hai unanimidade entre os estudosos de Homero. (2) As

TENDENCIAS ACTUAIS Homero (1) Non hai unanimidade entre os estudosos de Homero. (2) As diferenzas entre o mundo descrito por Homero e o final da idade do bronce son demasiado grandes para poder admitir a composición dos poemas nesa época. (3) As semellanzas coa Idade do Ferro son máis numerosas ainda que é imposible establecer unha data. (4) A alusión a obxectos de bronce debe de ser un expediente para crear distancia entre a época do poeta e a do tempo dos heroes cuxos feitos evocan os poemas. (5) A transmisión oral durante xeracións preservou a memoria de feitos e obxectos pertencentes ao pasado micénico. (6) Os estudos de SCHADEWALDT, iniciados en 1938, para analizar os poemas de Homero, evidencian unha estrutura coidadosamente planeada e presupoñen a existencia dun poeta e posiblemente da escrita, ou polo menos do ditado.